As empresas emitiron cinco millóns de toneladas máis da cantidade permitida, chegando a soltar á atmosfera 17 millóns e medio de toneladas de CO2.
Segundo o Informe de Emisións e gases de efecto invernadoiro, durante o pasado ano superouse a contaminación por CO2 nun 40 por cento. O sector industrial emitiu un total de 17.672.106 toneladas, cando a asignación gratuíta era de 12.605.952, o que supón un excedente de máis de 5 millóns de toneladas.
A porcentaxe de emisións tamén se incrementou con respecto a 2006, nun 6,8 por cento, cunha cifra total de 16 millóns e medio de toneladas durante o ano anterior. Sen embargo, segundo indicou o director xeral de Desenvolvemento Sostíbel, Emilio Fernández, as cifras de 2007 non son totais, xa que até 2009 non se terán os datos completos verificados polas empresas. Fernández puntualizou que a cota fixada no I Plan Nacional de Asignación vixente até 2008 sufriu tamén un descenso.
Os sectores que máis CO2 emitiron á atmosfera durante 2007 foron os de produción de enerxía eléctrica, que supoñen o 80,56 por cento do total, seguidos das refinerías co 8,83 por cento, as coxeneraciones cun 5,77 e sectores de fabricación de vidro, aceiro, cerámica, cal e cemento, papel e instalacións de combustión cun 4,84 por cento.
Meirama, a principal causa
O aumento no sector eléctrico provén principalmente da central térmica de Meirama, que dende 2006 incrementou as súas emisións en máis dun millón de toneladas, o 33,39 por cento. Segundo explicou Emilio Fernández, esta situación débese a que 2007 foi o último ano no que a empresa explotou "masivamente" a mina de lignito, e que a seca padecida durante o pasado ano tamén impediu producir enerxía a través da explotación hidráulica.
A pesar dos resultados, o responsábel de Desenvolvemento Sostíbel afirmou que en Galiza existe suficiente asignación para cubrir a demanda do país, "excepto no sector eléctrico", e que para facer frente a estes excedentes as compañías poden mercar máis cota ou investir en enerxías renovábeis en países en vías de desenvolvemento. Así a redución dese país compensa o gasto da empresa.
Segundo o informe, as emisións entre 1990 e 2006 aumentaron en Galiza un 22,6 por cento, un dos menores aumentos comparándoo coa media estatal (53%). En 2006 as emisións reducíronse nun 3,1 por cento con respecto a 2005, rexistrándose un maior incremento no sector do transporte e nos procesos industriais de combustión, aínda que se constata un descenso noutros sectores como o de xeración de enerxía ou no da agricultura.
Estes datos xa foron presentados por Verdegaia o 21 de abril
http://www.verdegaia.org/conte...
Bueno, pero mientras sea bajo un gobierno progresista y nacionalista no hay problema...lo malo sería que fuera con un gobierno del PP!!! Entonces, todos a la calle a manifestarse, a llamarles asesinos y a poner a todas horas en la tele la gaviota cubierta de fuel que no puede echar a volar...¡pobre gaviotita!
...
Farsantes.
Bravo polo sr Conselleiro do Medio-medio-medio ambiente: q é o q fai? a parte de comprar monte en poxa pública para o seu chalesito a prezo de risa no Carballiño e logo cercalos con muros de fina mamposteria tradicional...
#3 E logo, Inovaçom e Indústria nom tem nada a ver? E Política Territorial, Obras Públicas e Transportes tampouco?
Non hai moito tempo que o BN Gas e a CIG das Pontes con Vitolo á cabeza foron a manifestarse á Coruña en autobuses pagados polo Concello das Pontes para que a Endesa se lle permitise seguir sendo a empresa máis contaminante de Europa ¡ Manda Carallo !
E a quem lhe importa? Entanto o nosso "amigo" Bush não faça nada sobre as suas emissões, tanto têm as dos demais.
Moi ben, pois deixemos que os chineses, e o resto do Terceiro Mundo -que teñen o SEU DEREITO- tamén queiran cada un un carro e... a durmir...para sempre!
Cada quén terá que axeitar a sua parcela (que NON COLABOREN CON QUEN DIS, etc), o seu entorno. A do Bush xa as axustarán os USAmericanos, ou?
Dende cando galicia ten cuota de fumes?
a min pareceme vergoñento que en Madrid contaminese preto do doble, e non se diga nada.... ahhhhhhhhhh e que eles non e que teñan menos cuota, se non que as empresas que teñen eles a causa de que non chegan aos niveis onde o gobeno español di que se ten que contar contaminan menos he he he a idiosicrasia de quen quere parecer verde...
Aqui na Galicia sabemos que moustruos como as pontes e meirama deberian desaparecer, pero de ahi a que se diga como di no titular "GALICIA SUPEROU...." tenche un bo percorrido, a mais cando a contaminación percapita de galicia e preto da cuarta parte dun madrileño (xa sabemos que unha meirama non a plantan xunto a cibeles, pero iso non quere decir que non contaminen).
Eu procuraría quitar estes titulares, xa que entreoutras cousas parece que nos poñen unha couta lactea nova pero para a contaminación, e soio para o que non contaminemos os galegos, o empocallen os de outros lugares.
MEIRAMA NON, PERO OS GALEGOS NON SOMOS PORCOS......