Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O FESTIVAL COMEZARÁ O 10 DE XULLO

Velaquí o cartel de Ortigueira

Entre os máis de 200 candidatos, o xurado escolleu a proposta dun rioxano residente en Navarra, "o máis eficaz desde o punto de vista publicitario".

Redacción - 11:13 24/04/2008

O concurso convocado para seleccionar o cartaz do Festival do Ortigueira xa ten gañador. O cartel presentado por José Ángel Ligero Martínez será finalmente o que utilice a organización do evento, que terá lugar do 10 ao 13 de xullo, nas súas campañas de publicidade exterior.

O xurado estivo integrado por Quim Farinha, de Berrogüetto; o interiorista Alejandro Gómez Álvarez; o fotógrafo e autor de varios dos carteis históricos do evento Álvaro Fernández Polo; o director do Festival Fran Rivera; o coordinador do evento Alberto Balboa; o xerente do Xacobeo Ignacio Rodríguez Eguibar, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón.

O tribunal considera que o cartel triunfador é o máis eficaz desde o punto de vista publicitario de cantos se presentaron. O gañador recibirá un premio de 6.000 euros e deberá agora presentar diferentes adaptacións do cartel, por exemplo, para a súa utilización nos imprescindibles produtos de merchandising do festival.


3,67/5 (6 votos)

Novas relacionadas


Comentarios (6)

trapalleiro #1 24/Abril/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

frouxo frouxo. e este é o meirande certame de carteis que se celebran na penisula? e esta é a representación do festival celta?
non é pior co anterior de siro lópez, pero parceme moi decepcionante.

Garrano #2 24/Abril/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O cartaz esta ben para quen xa coñeza o festival. Imaxinades este cartaz posto en Dublin ou en Edinburgo? Se o interesado vai logo a internet por ver que qería anunciar, que pon? O-TI-GUE-LA? lembra as camisetas de "si no pue´es leer bien e´to, es que has bebio muxa birra". Agora que ninguén se extrañe, a CARPA DANCE vai seguir onde estaba e este cartaz amosa ben as claras esa maneira de ver o mundo.

norberto #3 24/Abril/2008 norberto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que carallo e iso? que anuncia?,unha festa dance?
onde esta reflexado o suposto espirito celta nese cartel?
a mais ten razon Garrano,nos sabemos o que anuncia,pero entenderao un tipinho de portugal por exemplo?
E triste reconhecelo,pero hoxe por hoxe a xente atraena mais a festa dance da acampada ca o propio festival.

charino #4 24/Abril/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade é que o cartaz non é bo. Non sabemos como serían os outros. Deberian encargarllo a Xosé Díaz. Reflexa mellor o noso esprito de fillos de Breoghán

estraperlista #5 6/Maio/2008 estraperlista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que vergoña de cartaz. Lévanse anos pedindo carteis que reflexen un espírito celta e elixen un cartaz que non di absolutamente nada. Non me creo que entre máis de douscentos carteis este sexa o mellor, porque para isto...que non fagan concurso.

Reboredo #6 7/Maio/2008 Reboredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero non hai mais que coñecer a maioria dos membros do xuri para entender a escolla. O mellorciño de Ortigueira, encabezados polo seu alcalde, dos funcionarios e un aficionado. A xente de fora non sei que criterio tera. O de Ignacio sen comentarios.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: