Preto de 40 mil rapaces de 13 comarcas percorrerán a nosa xeografía a través desta actividade que fomenta o uso da lingua galega.
Cartaz do Correlingua
Baixo o nome de Correlinguas, arredor de 40 mil rapaces e rapazas de toda Galiza participan até o vindeiro 16 de maio nunhas carreiras a prol do idioma que pasarán por 13 comarcas. Esta proposta de carácter lúdico-educativo nace no ano 2000 coa intención de convidar a mocidade e os centros de ensino a reivindicar o dereito a medrar en galego, e a usalo idioma para garantir o seu futuro.
A través do lema "En galego cabe todo", como referencia á capacidade das memorias dos mp3 e I-pods, trasládase á vida diaria a necesidade de que o idioma forme parte de todo o que nos rodea. O programa dos Correlinguas comeza o día 6 na Coruña, para continuar por outras once comarcas e rematar o 16 do mesmo mes en Ourense.
Este ano entregáronse os premios dos concursos de Manifesto do Correlingua 2008 e de Banda Deseñada, que recaeron respectivamente no grupo de 3º ESO do CPI Vicente Otero Valcárcel, de Carral, e no grupo de 5º de Primaria do CP Pepe de Xan Baña, de Santa Comba. Ante a calidade dos proxectos, o xurado decidiu outorgar dúas mencións especiais na categoría do manifesto, que foron para o IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives e o IES Río Miño de Rábade, e outras dúas máis en Banda Deseñada, para o grupo de infantil 4 anos do CPI Afonso VII de Caldas de Reis, e o grupo de 5º de Primaria do CEIP A Cristina de Carballo.
A Polo Ghit do Correlingua
Unha das novidades desta oitava edición é a incorporación do A Polo Ghit do Correlingua, en colaboración con Radio Galega e Vieiros. De entre os 51 grupos que presentaron cancións a este concurso, os alumnos votaron como gañadora a canción Noitebus, do grupo boirense Sinefres, que actuará en 8 das festas finais do Correlinguas, nas que tamén participarán o Xabarín Club, ou diferentes grupos teatrais.
Calendario Correlingua
A Coruña: 6 de maio (A Coruña)
Barbanza: 7 de maio (Ribeira)
Ferrolterra: 7 de maio (Ferrol)
A Mariña: 8 de maio (Foz)
Salnés: 8 de maio (Vilagarcía)
Lugo: 9 de maio (Lugo)
Compostela: 12 de maio (Compostela)
Pontevedra: 13 de maio (Pontevedra)
Vigo: 14 de maio (Vigo)
Baixo Miño: 15 de maio (Salceda de Caselas)
Ribeira Sacra: 15 de maio (Monforte de Lemos)
Monterrei: 16 de maio (Verín)
Ourense: 16 de maio (Ourense)
en galego colle todo e moito mais
http://www.blogoteca.com/en_ga...
Cambia o mapa do blogue, que é iso de "gallego de Asturias", unha nova lingua? Iso é GALEGO sen máis, como no Bierzo e As Portelas.
Coido q a Mesa deberia comezar a perguntarse por q non funcionan estas manifas: miles de nenos correndo pero falando en castellano.
Q é o q falla no q lle compete á Mesa?
o mellor o q faia, e un pouco de orixinalidade. por q as iniciativas q se fan pola lingua, como por moitas outras cousas, estan copiadas d euskadi e catalunha.
En el occidente Asturiano,lo unico gallego que hay es la pulperia de la esquina!!!!!!!! Y punto.
Fuches algunha vez por alí, que se fala parviño, acaso bable? Como podes ser tan IGNORANTE.
En Asturias, o único asturiano que hai é España, o demais até a sidra é de mazá GALEGA e polaca e checa. E punto (como un bo fascista). Ao final non coñeces a propia vosa terra e sodes uns auténticos baballos.
Mira queridiño ranciadas,hace igual un año que nos conocemos por este vieiros,y ya se me estan hinchando los cojones de tanto insulto por tu parte,yo jamas te insulte ni a ti ni a nadie,y pido que por lo menos tu hagas lo mismo(si tu cultura te lo permite),Yo seguire opinando lo que apetezca,porque creo que estamos en una sociedad democratica,aunque algunos no esten muy a gusto con ello.Respondiendo a tus ataques,te dire que si voy por alí y por alá,y repito que lo unico gallego que hay en Asturies es las pulperias que montais aqui.Si en Asturies lo unico que hay es españa,en galicia estais igual,ya que el 90% de los votantes gallegos votan partidos españoles,y algunos como tu, estan orgullosos de que los gobernase un fascista como fraga durante muchos años,eso si es ser BABAYOS