Os autores galegos recibiron tres dos premios do público, mais apenas un dos outorgados polo xurado: 'Fanzine Enfermo' como mellor fanzine do 2007.
Galiza será a comunidade convidada de honra do Saló del Cómic de Barcelona no ano vindeiro, feito que será anunciado esta tardiña polo director desta feira, Carles Santamaría, no acto de peche da edición deste ano.
"Será unha gran ocasión para difundir iniciativas, obras e autores e para conseguir un maior recoñecemento internacional", explicou este domingo o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, ao tempo que avanzaba a intención da famosa feira catalá de estabelecer que en 2009 Galiza sexa "convidada de honra".
Segundo opinou Bará, a decisión implica un "recoñecemento do bo momento" que está a atravesar a banda deseñada galega, "tanto a nivel de autores coma de colectivos e de eventos" relacionados con ela. "Somos unha potencia no Estado en materia de banda deseñada", proclamou Bará.
O responsábel de Cultura salientou ademais que Galiza contase nesta edición 2008, e por segundo ano consecutivo, dun espazo institucional e sinalou que o listón "queda moi alto" para o ano que vén, tanto polo nivel dos stands coma pola cantidade de autores presentes, un total de trinta.
O público do Saló recoñece a banda deseñada galega
O Fanzine Enfermo fíxose co premio ao mellor fanzine do 2007. A publicación deixou de editarse, despois de publicar oito números, e estaba dirixido por Alberto Vázquez, que precesamente optaba nesta ocasión aos premios máis importantes do Saló do Cómic por El Evangelio de Judas, e que ficou sen recoñecemento do xurado. Mellor lles foi aos creadores e medios galegos nos premios outorgados polo público, uns galardóns de carácter simbólico.
A Retranca de Kiko da Silva recibiu o premio á mellor revista de 2007. Tamén foi recoñecido como 'mellor guión' Antonio Seijas co seu álbum Un home feliz, co que xa gañara o Premio Castelao. E o propio Alberto Vázquez, aínda que quedou sen nada nas categorías oficiais, levou o recoñeceñemento do público ao mellor debuxo.
Importante! Artigo no Pais que afirma que en Galicia non se pode escolarizar a un alumno en castelán. Indignante, necesitamos encher de comentarios esta nova, non podemos permitir máis mentiras!!!
Aquí o link:
http://www.elpais.com/articulo...
A banda desenhada que nom se fai na nossa língua é banda desenhada galega?
#2: claro que si! Senom nem Miguelanxo Prado seria um autor "galego", já que publica a maioria da sua obra em castelhano...
De todos jeitos umha das obras premiadas é "Retranca", que segundo di a notícia foi eligida melhor revista... e é 100% em galego!
A BD galega está dando moi boas colheitas e, a diferença doutros ámbitos de criaçom cultural, é reconhecida fóra (às vezes mesmo mais fóra que dentro). Assi que nom hai outra que alegrar-se, e desfrutar dos comics.
Sabedes como se está a comportar retranca en canto á vendas? Eu que vivo fóra da Galiza dei orde na casa de que me collan todos os números pero non podo comprobar se está en moitos kioskos e se se esgota. Lin os dous primeiros números e a min encántame.
O que podes facer é suscribirte. Eu recíboa en casa todos os meses e vivo en Barcelona. Tiven ocasión de coñecer a Kiko da Silva en Barcelona e está moi satisfeito de como van as cousas. É dicir, a banda deseñada galega goza de boa saúde. Os meus parabéns.
Dumiense, no hai que terxivesar a noticia. El País di que en Galiza non é posible escolarizar a un neno completamente en castelán, cousa que é certa. Ben é certo que ese total e produto dunha pírrica proporción en galego. Aínda sí hai moitos centros que si imparten a meirande parte das materias en galego. Eu estudei nun centro público que si tiña máis do 60% das materias en galego. Nin todo é branco nin negro.