Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Visita de Bieito XVI a EUA

Bush: "Cómpre a mensaxe do Papa 'Deus é amor' ante o crecente fanatismo"

O presidente estadounidense recibiu esta cuarta feira ao líder da igrexa católica. Este alertou os bispos do perigo das "correntes seculares".

Redacción - 11:18 17/04/2008

O presidente estadounidense, George W. Bush, deu esta cuarta feira unha cálida acollida na Casa Branca ao líder da igrexa católica, o Papa Bieito XVI -Joseph Ratzinger-, e gabou a mensaxe que este representa.

"Nun mundo no que algúns evocan o nome de Deus para xustificar actos de terrorismo, asasinato e odio, necesitamos a súa mensaxe de que Deus é amor; e abrazar este amor é o camiño máis seguro para salvar o home de ser presa dos ensinos do fanatismo e do terrorismo", afirmou Bush.

Ademais, o presidente fixo especial fincapé no feito de que Estados Unidos é "unha nación de oración" e por iso atopará neste país "unha nación que lle dá a benvida ao papel da fe na escena pública" e que "cre na liberdade relixiosa".

Abusos sexuais a menores
Pola súa banda, Ratzinger, nun discurso ante case 400 bispos, cuestionou esta tolerancia relixiosa e revelou o seu temor a que diminúa a fe católica entre a sociedade estadounidense, derivando no relativismo, porque esta "é moito máis importante na vida pública de Estados Unidos que na "secularizada Europa", e alertou do perigo destas "correntes seculares".

Por outra banda, o papa reiterou a súa "profunda vergonza" polos casos de abuso sexual de menores por parte de sacerdotes católicos. Ademais, citando as palabras do presidente da conferencia episcopal de EUA, Francis George, dixo que a resposta aos escándalos "non foi sinxela" e estivo "pésimamente xestionada".


0/5 (0 votos)


Comentarios (4)

Sabrexo #1 17/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Amor", si, os nenos violados por curas non creo que lle chamen precisamente iso...

Sabrexo #2 17/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, falan de fanatismo estes, que din que falan con Deus e bombardean países.

Barcelos #3 17/Abril/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vexan como practica Bush o amor co seu próximo:

A mor...atons e a mor...discos cos presos
A mor...terazos cos iraqies

Ou sexa o seu amor é a mor...te

Barcelos #4 17/Abril/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É tan ambicioso que tamén quere asegurar o poder na outra vida. Pensa que o Papa ten poderes.

E o Papa sempre cos pobres, ou será cos pecadores?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: