A distinción a novos investigadores recaeu conxuntamente no químico Miguel Anxo Correa e no enxeñeiro en telecomunicacións Roberto López Valcarce.
Carlos Pajares
O físico e ex-reitor da Universidade de Santiago Carlos Pajares foi recoñecido co premio Antonio Casares e Rodrigo de Investigación Científico-Tećnica do Premio Galicia de Investigación. A distinción, concedida pola Consellaría de Innovación e Industria, valora os estudos de Pajares sobre a orixe e a composición do Universo.
Así mesmo, o xurado concedeulles ex aequo o premio na categoría de novos investigadores a Miguel Anxo Correa, doutor en Químicas, e a Roberto López Valcarce, doutor enxeñeiro en Telecomunicacións, os dous nados en 1971. No primeiro caso valorouse o seu traballo no desenvolvemento de novos materiais aplicábeis a sectores como a nanomedicina e a construción, mentres que o segundo investigador traballa na área do procesado do sinal para a eliminación de distorsións no proceso de transmisión das comunicacións dixitais.
Os Premios Antonio Casares e Rodrigo pretenden recoñecer o traballo de investigadores do país para incentivar a actividade e recompensar o seu traballo feito por galegos a prol de Galiza. O galardón está dotado con 38.000 euros na categoría sénior e 7.000 na de investigadores novos. O gala de entrega desenvolverase o 27 de maio en Compostela.
A USC e a señora vicerreitora de investigación deberían tomar nota. Que saiba todo o mundo que a universidade fai restriccións no número de contratos post-doc no departamento de partículas. Isto produce que xente con peor CV poda obter bolsas pq as pide noutras areas fóra da Física de Partículas, por certo, áreas e grupos de investigación en moitos casos mediocres.
Alguén sabe o motivo?
Eu condecórote e ti fala ben de min!
Eu condecórote e ti cala caladiño e non andes mangoneando, que xa sabemos que che vai a marcha.