Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O BNG gobernaba co apoio do PPdeG

O PSdeG recupera a alcaldía de Corcubión despois dun polémico pleno

Os socialistas aproveitan a renuncia do rexedor nacionalista por unha enfermidade, para coller o bastón de mando.

Redacción - 23:45 16/04/2008

O Concello de Corcubión continúa a súa particular evolución política cun pleno extraordinario onde cada unha das tres formacións políticas con representación votou o seu propio candidato. Deste xeito, o PSdeG fixo valer a ducia de papeletas que o convertiran no grupo máis votado en 2007, por riba do Bloque, e volve conseguir así a alcaldía.

Os socialistas xa gobernaran entre 2003 e 2007 grazas ao apoio dunha formación independente cuxos integrantes acudiron aos últimos comicios locais dentro das listas do PSdeG. Anteriormente, a política local estivera protagonizada por Rafael Mouzo Lago, quen foi alcalde da vila desde a chegada da democracia, integrado no BNG desde a súa creación.

Despois das eleccións de 2007, Mouzo conseguiu recuncar no cargo co apoio da única concelleira do PP, e logo de saír das urnas con empate cos socialistas, catro concelleiros para cada formación. Malia que todo apuntaba en principio a que o concelleiro nacionalista Óscar Ínsua se convertería en novo rexedor de Corcubión, despois de que Mouzo tivese que deixar o asento no Concello por problemas de saúde, paradoxalmente o proceso resólvese agora con cambio no poder apenas dez meses despois das eleccións. Así, o socialista Francisco Xavier Lema é desde a noite deste mércores o novo alcalde de Corcubión.


2,56/5 (9 votos)


Comentarios (17)

mceleiro #1 17/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sem comentários.

Xabi1 #2 17/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con comentarios. Corcubión, tras ser gobernado por Mouzo (bon, gobernado, pasaba moitos meses en Cuba e poucos traballando no Concello), mostra un abandono notable ademáis dun destrozo notable na Praia de Quenxe. Ademáis o estimado Mouzo trampeou todo o que puido e máis cos caciques locais, nomeadamente con dono do asteleiro que hai/había en Cee, Señor Castrorial. En candto abandonas as rúas do centro, a alameda, e subes levas unha grande decepción: as rúas rotas, sucias, destrozadas.
Un modelo de urbanismo sostibles, sen dúbida, e nacional. Mouzo era bastante pior alcalde co alcalde de Poio, que xa é decir.
Parabéns a Corcubión pola saída de Mouzo do Concello. Veremos a ver que fan os sociatas. Ou se o BNG volve aliarse co PP. Todo é posible cunha forza política que declara que iría da man do PP se as circunstancias mudan e que quere trincar votos nos caladoiros rurais do PP onde, como todo quisque sabe, están as bases revolucionarias e nacionais do pobo galego.

Sabrexo #3 17/Abril/2008 Sabrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que fixeron os sociatas en Corcubión xa se viu, que estiveron os últimos catro anos e despois diso o BNG volveu subir.

GALICIEN #4 17/Abril/2008 GALICIEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xabi1, Mouzo fixo un bo traballo, nótase que non es de Corcubión. Ten moito mérito que na costa da morte ganhe o BNG, onde os nacionalistas non esràn moi ben vistos e o que concerne, os ataques ao ALCADE DE POIO, gostaria que foses màis claro, dame ia impresión que é polo tema dos xitanos , ou es un pouco racista.

Xabi1 #5 17/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tranquis. Galicien, nótase que non es de Poio. Vai e mira un pouco o modelo de urbanismo do alcalde. Sobre os ciganos, ren teño que decir agás que como metida de pata nacional popular está difícil superala.
E, mira, en serio, se Mouzo fixo un bo traballo na Praia de Quenxe (falamos da familia de narcos que instalou alí un complexo de hostelería, narcos de Muros, que conste?) entón o alcalde de Poio é un fenómeno pese a crear un porto deportivo en Combarro que é todo un atentado contra a costa e a paisaxe.
Non, está claro, ver, vemos o que nos peta e a estreliña vermella en ocasións non deixa ver nada de nada.
Parabéns.
E terá moito mérito gañar onde non os queren (razóns?)

Carbalho #6 17/Abril/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O último pleno do Concello de Carballo, ante a ausencia do alcalde, Evencio Ferrero (BNG), estivo presidido polo tenente de alcalde, José Antonio Viña (PSOE).

Alberto Sueiro, portavoz do PP e deputado no parlamento galego, espetoulle: "estas son as glorias da democracia. O candidato da forza máis votada exercendo como alcalde".

Mágoa que esta reflexión non lla fixese chegar á súa compañeira Gema, de Corcubión, que estivo exercendo como alcaldesa os últimos dous meses e, seica, pretendía seguilo sendo, pois votouse a si propia (nin sequera unha humilde abstención).

Carbalho #7 17/Abril/2008 Carbalho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perdón, na transcrición das palabras de Sueiro, onde di "da forza máis votada" ten que poñer "da forza menos votada".

FROUXEIRA #8 17/Abril/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non son de Corcubión nin de Poio, non sei que traballo fixo o BNG en ningún dos dous sitios, máis de seguro que Xabi1 non querrá que haxa un alcalde do PP ou do Psoe, ou sí?
Non coñezo ningún político que seña coherente coas suas ideas ó cen por cen, e coido que XABI1 tampouco.
Recomendariache que te meteras a político nunha lista e te deixes de comentarios de taberna, que é o que ti estás a describir, e si é ou foi como tí dices, e sendo consecuente, o que tes que facer é irte ó XULGADO máis perto.
Saúdos

casacu #9 17/Abril/2008 casacu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

faime gracia q haxa xente q ainda crea no XULGADO. ainda mais pa resolver"irregularidades"no tema urbanistico-turistico-costeiro. onde estan os piexes gordos metidos ate o pescozo.
ai...a xustiza cega...

Roquinho #10 17/Abril/2008 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que dubida cabe de que me gustaría que en Corcubión gobernase o BNG, pro o feito é que a forza mais votada, aínda que sexa por pouco é o PSOE, polo tanto quen ten a obriga de gobernar ante a falla de acordos con outras forzas, quen non debería gobernar é o PP xa que é a forza menos votada, que case non ten representación. A cidadania decide, ben ou mal.

Xabi1 #11 18/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigadísimo, Frouxeira, polos teus consellos. De imediata aplicación a ti mesmo.
Agardo que as reflexións do tipo "non coñezo ningún político que seña coherente coas suas ideas ó cen por cen" sexan de aplicación para os alcaldes que tanto queres, que son, fica claro, do BNG.
Se o meu comentario é de "taberna", e creo que te refires ao complexo hosteleiro da Praia de Quenxe, entón, caro amigo, a qué vou ir ao xulgado?. Aclara-te. E, sobre todo, informa-te. Non vale dicer que non sei nada do que falo e que tampouco quere enterar-me, mais, ao mesmo tempo, opino, valoro, corrixo e envío unha carta aos Corintios recomendando meter-se en política, candar a boca, non frecuentar a taberna e dar-se unha volta polos xulgados. Demasiado para quen afirma non saber ren do que se fala.
E, amigo, sobre alcaldes do PP ou do PSOE, qué queres que che diga.
Houbo alcaldes do PP e do PSOE colocados (no bo sentido da palabra) ppolo mesmo BNG. Aclara-te.
Moitos saúdos, Frouxeira.

txari #12 18/Abril/2008 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Conhezo o casso de Corcubiom e conhezo o casso de Poio. E tenho que dizer que é como comparar o toucinho coa velocidade, cando falas de caciques referindote a os dous alcaldes como tal debes obviar que nos dous cassos NUNCA poderías atopar uns governos tan claros e concissos, sem ren que agochar como nenstes dous. Con Mouzo sempre houbo accesso a o Concelho, que en Quenje construiran uns narcos é porque O Concelho , e menos o alcalde pode prohibir que uns particulares merquen un terreo para construir. Podes ti demostrar que son narcos denantes da venta? pois anímote a que denuncies. Sobre Castro Rial, dicir que nom houbo "ghuevos" antes de Mouzo nem a proporlhe o trueque da finca por ter um milhor passeio marítimo, nem o seno de Corcubiom, neste último Concelho confundes "que se falara con TODO O MUNDO" con prevendas e escuras operacións das que sí hai constáncia cos pseudo socilistas... De Sobral, dicer que si bem é dificil gobvernar de lado dumha urbe e de ter que sioportar un urbanismo, marcado pola rtendencia e a situación na costa, non podes demostrar nem caciquismo nem favoritismo, nem con cínganos quue tenhen tanto dereito coma eu e ti a desenvolverse. Coxeas dun pé amigo, e falas sem conhecemento pleno.

O novo governo de Corcubiom (a o que fai referencia a nova) sae de oscuras negociacións (nom á vista) entre umha concelheira do PP que antes pactara umha política progressiva co BNG, e a coissa nom ía mal até o de agora, coa dereita máis dereitona vestida de rossa socialista e do orgulho extremo de quem ao silhom lhe colheu ghusto...amigo!!! que nom é pedirlhe nem buscar o voto senom onde sempre o tivo o BNG em Corcubiom, nas várias mairías absolutas...e por certo os melhores desejos de recuperaçom de saúde para Mouzo, quen fixo muito máis pola Costa da Morte e Corcubiom do que se fará em muito tempo con governos coma o que se ve vir...

FROUXEIRA #13 19/Abril/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Meu querido XABI1 moitas grazas polo teu comentario.
Naturalmente que falo sin saber de Poio ou Corcubión, e non me veñasa con mandangas que seguen a ser de taberna.Cando escribo o que escribo tamén é unha opinión, seña esta mala ou boa.
Non entro en intimidades políticas de Corcubión ou Poio, adicome a opinar xeneralizando e dentro deso tamén entra que a política fai estranos compañeiros de cama.
Cando falo de xulgados claro que sei o que digo pois é o unico xeito de facer algo, o que pasa e que hai que ir con todas as consecuencias e sobradamente informado e preparado para defender calquera cousa, e sobre todo urbanística, pois hai centos de casos en que habería que tirar con feixes e feixes de vivendas.
O que che quixen dicir e que hai que sopesar ben as cousas.
Claro que fun ao xulgado en varias ocasións e non me quedaron gañas de voltar por un caso de mortandade de troitas e envenenamento do río e que pasou? nin alcalde nin empresa perderon ren, e un servidor pintou o indio, cando non riron de min.
Así pois falo por experiencia e o falar non ten cancelas para algúns.

Xabi1 #14 21/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Txari coñeca o caso de Corcubión e de Poio. Frouxeira non, xeraliza.
Segundo o primeiro confundo touciño e velocidade mais él non cando afirma que unha concelleira do PP pactou unha "política progresiva" co BNG. Benditos sexan, os progresistas e os retrógrados, os españolistas e os nacionalistas galegos. Vaia mextura de... touciño e velocidade por atrapar moqueta.
E, sí, home, sí, un alcalde pode impedir que un particular levante un apartahotel pegado á Praia de Quenxe, incluso Mouzo pode, si estiver en Corcubión e non a metade do ano en Cuba. Aplica o argumento para todos os concellos e verás que xustificas, ao teu xeito, a desfeita do litoral, amigo.
E de Sobral, disculpa, non sabes nada. Perdoa e mira o que se está a levantar en Poio, un novo modelo de urbanizacións trepadoras cuiña arriba. Tamén coincido en que Mouzo mellore de saúde.
Ai, miña nai, dicer que Mouzo meteu-lle man a Marcelo Castrorial!. E que fixo un bonito paseo marítimo... cando é unha pura aberración de cemento e formigón que non pasaría un exame hoxe nen se permitiría construir hoxe. Agardamos á recualificación de certos terreos en Corcubión?. Cecáis agora xa non se poida porque hai algúns e algunhas no governo galego que queren parar definitivamente desfeitas como as que Mouzo fixo en Corcubión, Prai de Quenxe e paseo marítimo último modelo.
De Poio, paso de che respostar porque, como che dixen, Sobral logrou montar un chocho notable él "solito" e cabrear ao seu compa do BNG, o alcalde de Pontevedra, camarada Lores quen, por certo, pideu o desaparecido "certificado de penales" ao Subdelegado do Governo en Pontevedra (está na prensa, non penses que son comentarios de taberna).
E obrigado porque cada vez que un levante algo sobre cómo governa o BNG receba o amable consello de ir aos xulgados, viaxe que Frouxeira, seica, aconsella non facer. E non, amigos, non. Non penso ir. Iso sí, concordo en que hai que sopesar as cousas, medilas ben, saber de qué se fala, etc.

FROUXEIRA #15 21/Abril/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xabi1 : Non home non, dame igoal que seña do BNG como do PP ou PSOE, as cousas mal feitas así son e punto.E xa postos teñen máis tendencia a desacatar as normas os alcaldes do PSOE-PP, e a manipular o son a gran maioría.
Acontece que hai eleccións cada catro anos e un servidor a cada vez máis cóstalle ir a votar e dentro do que hai, o mellor que eu vexo e que coincida comigo é o BNG.É moi probable que nas próximas non vote xa que un fartase de agardar aires refrescantes e democráticos, un empeza a pensar que o meu tempo que adico a votar vale máis do que os partidos políticos.
E non che quero quitar a razón que supoño que a tes, para defendela como a defendes, gostariame que me dixeras si non che importa que visión xeneralizada da política tes tí.Saúdos

Xabi1 #16 21/Abril/2008 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Frouxeira, votei dúas veces na miña vida. Cando Felipe González dixo aquilo de que "entramos por maioría simple na OTAN, sairemos por maioría simple da OTAN". Despois quedoume cara de...
A segunda ocasión en que fun depositar o meu voto foi para botar fóra a Manolo Fraga. Estivo ben. Está fóra. E votei BNG. Non son nacionalista. Pero votar PSOE era xa moito pra meu corpo.
Naturalmente a política é o que é, e non se pode pedir a nengún partido que amañe as desfeitas anteriores cunha variña máxica e en tan curto espazo de tempo como é unha lexislatura de catro anos.
Admitido que a xogada é así, que as cousas son como son, penso que todos temos dereito a criticar cómo se fan as cousas, os que votan e os que non votan, e se hoxe comentamos entre todos, cada quen con unha visión, a situación da alcaldía de Corcubión é porque realmente, desde meu ponto de vista, Mouzo non fixo ben as cousas, non tivo como rpimeira e primordial preocupación o seu lugar, e a Praia de Quenxe, destrozada urbanísticamente en poucos anos, é unha vitola que lle corresponde a Mouzo, para quen desexo a mellor saúde, por suposto.
Criticar será fácil pero é un dos labores que temos que facer desde a cidadanía. E cando toque loubar as decisións tomadas, cando toque dicer "isto está ben", eu serei o primeiro en sumarme á proposta.
Pido disculpas se faltei a algunha das persoas que entraron no debate. Estou moi ledo por poder debater con xentes coa vos.

FROUXEIRA #17 23/Abril/2008 FROUXEIRA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Grazas pola definición da túa posición política.Cadaquén debe saber como posicionarse ante os grupos políticos e semella que o tes claro.
Non é facil atopar xente que teña as cousas claras.
Segue adiante coas túas críticas e coas loubanzas.
Saúde e Paz.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: