O goberno culpa os narcos e os partidarios do ex presidente Aristide de fomentar as revoltas cidadás.
As protestas comezaron o venres, cando se produciron xa catro mortos e máis de trinta feridos na localidade de Los Cayos, en medio de saqueos de camións de alimentos e depósitos de comida. Este luns houbo un quinto falecido, nunha manifestación organizada contra un senador que criticara publicamente as mobilizacións. De acordo coas versións recollidas entre habitantes de Cayes, as balas que costaron a vida a unha persoa e causaron as feridas a outras procederon da casa do senador.
Nos últimos meses téñense producido en Haiti grandes ascensos nos prezos de produtos de primeira necesidade, coma o leite ou o arroz, que tan só nas últimas dúas semanas, aumentou o seu custe un 50%.
En Porto Príncipe tamén tiveron lugar manifestacións, segundo constatou a prensa. Centos de persoas congregáronse fronte ao Palacio Nacional, sede da presidencia haitiana, e fronte ao parlamento. Estas manifestacións sumáronse onte ao paro de condutores de vehículos do transporte colectivo na capital haitiana. As protestas comezaron o xoves pasado con disturbios en varias cidades, sobre todo no sur do país, onde as instalacións da ONU foron atacadas por manifestantes enfurecidos.
Home que raro “inflación en Haití” Manifestacións, aumento dos produtos alimenticios e 5 mortos.
E en que queda o máis do 7% de inflación en Venezuela. Non o ano pasado, senón nos últimos 3 meses. E iso que os prezos do petróleo marcan un prezo histórico de preto de 100 dólares o barril. Iso si, hai folgas de enfermeiras, médicos, traballadores de SIDOR e as cifras dantescas de mortos os fins de semana.
Non pensen vostedes que é o noso comediante en xefe Hugo Rafael o responsable disto. Non señores. É o imperio e a CIA. Coas súas prácticas terroristas. Só imaxínense. O imperio recolle os cadáveres dos iraquís mortos nunha semana e todos os domingos na madrugada repárteos polas nosas cidades para opacar a imaxe de seguridade que nos regalou nestes 9 anos de democracia protAGONICA.
O certo é que nesta Venezuela ROBOILUSIONARIA, Nada é certo, todo é broma.
O interesante é que Vieiros está máis pendente da realidade de Haití onde a comunidade galega é ínfima. E da de Venezuela? Moi ben, grazas.
Coutoven, non digo que noutros lugares non ocurra o mesmo, pero que a ti non che interese a nova, non quere dicir que aos demáis non nos interese.
Eu teño un amigo galego en Haití e aparte do que nos conta el que é pouco para non preocuparnos, poucos medios informan da situación de Haití, así que dende aquí o meu agradecemento a Vieiros por informarnos da situación en Haití.
Anxo tes o 100% de razón no teu comentario. E non poño en dúbida que os haitianos e a pequena comunidade galega neste país padece polos problemas antes sinalados. Moito menos que non sea importante.
O detalle é que Vieiros é moi diligente á hora de criticar as problemáticas que afectan a nosa comunidade nalgúns países e outros non.
Só fíxese. Sendo Venezuela o país de acollida da segunda comunidade galega en América Latina. Invítoo a que lea os últimos 30 comentarios de GZ-EXT dedicado a Venezuela e sorprenderase a nula cobertura da realidade da nosa comunidade neste país. Pola contra, só limítase a defender os intereses do goberno Chavista. E dos galegos, nada de nada.
Parece que por estes lados vivimos nun paraíso.
Menos mal que a realidade de Venezuela non a representas ti, senón a inmensa maioría da poboación, que apoia o proceso bolivariano.
Se sabrexo. O pobo venezolano apóiao tanto, xa que o goberno non perdeu ningunha elección en 9 anos de goberno. Xa que ata o día de hoxe o CNE non deu os resultados definitivos do referendo de decembro. (E iso que temos o organismo electoral MAIS MODERNO DO MUNDO).
Se, a xente esta contentísima polo máis de 20% de inflación no 2.007 e o 7% no que vai de ano. Iso é tan certo que as manifestacións de empregados públicos, mestres, enfermeiras e médicos que hai nas rúas do país son realmente manifestacións de xúbilo e apoio ao noso comediante en xefe.
Nesta notícia esta-se a falar do Haiti.
Mália que sempre hai quem pretende derivar todos os temas cara a Venezuela e o mau malissimo que é o Chávez, existe outro mundo lá fóra!
A Venezuela não é o centro do mundo coutinho.
Entón Afonso_Ch. Por que che doe tanto que falen mal do teu líder? O problema é que GZ-EXT de Vieiros dedicado a Venezuela ao único que se dedica é facer apología do sátrapa terceiromundista que goberna este país. E dos miles de galegos por estes lados. Moi ben, grazas.
É máis. É posible que o próximo titular de noso “presidente dos emigrantes retornados” sexa: “Aproban crédito para producir película de Danny Glover e terminar sede de GAN”
http://www.radiomundial.com.ve...
Como beiras, tema de profunda e transcendental importancia para a segunda comunidade galega na diáspora americana.
Tes razón en dicir que Venezuela non é o centro do mundo. Pero o é, para os mais de 180.000 galegos e os seus descendentes que vivimos aquí. E que a ese medio parece non importarlles no máis mínimo.