Acepta que unha empresa polaca teña traballadores en Alemaña pagándolle salarios polacos no canto de salarios alemáns.
O caso xorde na Baixa Saxonia, onde unha empresa do sector da construción con sede en Polonia realizaba diversos servizos para o propio estado federado. A administración decidiu rescindirlle o contrato ao detectar que a empresa desprazaba traballadores polacos aos que lles pagaba salarios medios do país de orixe, apenas o 47% do convenio colectivo aplicábel en Alemaña.
O preito seguinte remata agora coa decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de fallar en favor da empresa, indicando ademais que non se podería obrigarlle a unha empresa doutro Estado membro a fixar salarios acordes co país onde ofreza os seus servizos. Segundo o tribunal, trataríase dunha "restrición indebida" da libre circulación de servizos.
A ameaza da directiva Bolkestein faise real
A teima en derrubar os marcos lexislativos que obstaculizarían este tipo de prácticas foi levada hai pouco tempo ao Europarlamento, onde o Partido Popular Europeo turrou duro para tratar de aprobar unha iniciativa lexislativa que estabelecese a libre circulación de servizos en toda a UE. A forte mobilización cidadá e a presión sindical conseguiron daquela frear unha ameaza que atacaba directamente os dereitos dos traballadores en beneficio dos baixos salarios.
A sentenza agora coñecida implica que, malia o fracaso da bautizada directiva Bolkestein, na práctica o Tribunal Europeo ofrécelle a súa beizón a este tipo de procederes empresariais. Deste xeito, unha empresa coa súa sede social nun Estado con salarios reducidos poderá competir en vantaxe noutros países a costa dos baixos soldos aplicados aos traballadores desprazados desde o lugar de orixe.
A este passo acabarám contratando aqui trabalhadores do terceiro mundo por 1 €/dia. Inqualificável. E os nossos governos que dizem ao respeito?
Já agora, senhores redactores de Vieiros. Que raio é «coar de matute»?
Deixem de inventar e castrapizar barbaramente a língua e escrevam EM GALEGO. Fagam-nos esse favor.
Esta era unha das moitas barbaridades da Constitución Europea, que cada quen asumar a súa posición no referendo.
O BNG pedíu o NON.
Os do SI que din..?
Nesto a constitución europea non ten nada que ver posto que non foi aprobada.
A sentenza, ainda que creo que non e xusta, e acorde co que se fai nunha Europa sen fronteiras, exemplos aquí temos empresas galegas que traballan noutros lugares do Estado cobrando o convenio da Provincia da que son orixinais as empresas, salvo que teñán centro de traballo propio no lugar, que non o fan salvo que sexa máis barato contratar alí.
Tamén xente de Galicia vai traballar a Portugal con salarios máis ventaxosos cos que cobran alí e non por iso se lles ten que pagar menos, porque isto se se aproba é e en ambas direccións, os que cobran máis cobrarían menos, e os que cobran menos cobrarían maís.
E outro exemplo o vemos na gran cantidade de portugueses que temos traballando na construcción na nosa comunidade cobrando sobre os convenios de orixe.
O Tribunal Europeo non aprobou nada que xa existise, o que debería haber é un consenso entre todos os sindicatos para lograr un gran acordo nesta europa unida, pero non o haberá entre outras cousas polo xa dito de si es alemán non vas desprazarte a Polonia cobrando menos salario para que te apliquen o convenio do lugar de destino.
€uropa ten FRONTEIRAS E BEN ALTÍSIMAS, ou seméllanche cativos os muros de cadáveres do estreito, ou? E acaso non as ten no Éste con outros países, TAMÉN europeus coma calquera?
O único que hai unido na U€ que denominas "europa", é o capital, e o seu dominio e preponderancia sobre a lei e sobre os estados que conforman a "unión"! Para qué precisarán dos votos si mandan EN CALQUERA CASO?
Agoa na Universidade: nada de becas, CRÉDITOS!! Cando pretendas cambiar un mal profesor ou unha inxustiza, nada, hai que ir igual a clase, nada de folgas nin movidas...QUE HAI QUE PAGAR!!
Un grande adianto máis DO CAPITAL CONTRA A POBLACIÓN!
Anxo estas engañado nunha cousa e é que o problema non é ir a un pais e cobrar por riba do convenio senon cobrar menos xa que isto empeora as condicións de traballo no pais que recebe a man de obra.
Non sei se estas moi enterado de como está a situación na construcción pero hai unha situación bastante complicada porque cobran menos que traballadores de aquí e traballan máis horas e con condicións de seguridade de hixiene lamentabeis.
Isto como dicia ao inicio perxudica as nosas propias condicións laborais. Isto ten facil solución a igual traballo igual salario. Que se cobre mais que o indicado polo convenio non perxudica as condicións do colectivo.
Unha decisión lamentable, unha vez máis a xustiza esta do lado do poder económico.
Ecoe, la Unión Europea coma calquer outro país ten fronteiras, que nos gosten ou non é outra cousa, ben distinta.
Mare, o ideal é que en toda a Unión Europea se cobrase o mesmo, pero a día de hoxe é imposible. Xa sei en que condición traballan os portugueses e máis os españois, pois traballo no sector de construcción. Pero che digo que non fai falla ninguna lei para regular os salarios cos do país receptor, somentes faria falla obrigar ás empresas a que abran centro de traballo no lugar da obra, para que aos traballadores se lles aplique o convenio do lugar da traballo. É ben fácil. Non fai falla ir a ningún tribunal de xustiza, con cumplir as leis vixentes sería suficiente.