Segundo o informe presentado por Fernández Antonio, o crecemento da economía do país, do 4%, contribuíu ao aumento dos ingresos por riba do previsto.
Fernández Antonio, á dereita, con Touriño e Méndez Romeu á entrada do Consello / Ana Varela
A Xunta fixo público este xoves o balance económico do exercicio 2007, onde se incrementou o investimento produtivo nun 11,8%, os ingresos non financeiros no 8,8% e se cumpriu o orzamento nun 92,7%. O superávit o exercicio acadou os 92 millóns de euros. O informe presentouno no Consello da Xunta o conselleiro de Economía e Facenda ao Consello da Xunta, Xosé Ramón Fernández Antonio.
En cifras concretas, os ingresos non financeiros superaron por primeira vez os dez millóns de euros, até os 10.638, o que supón un incremento de 404 millóns sobre a cifra inicialmente prevista. Segundo o informe, o bo comportamento dos ingresos debeuse ao crecemento do 4% da economía galega, dúas décimas por riba da media estatal.
Vivan as contas ben feitas e millor empregadas: ONTE UN ENFERMO ANCIANO NO HOSPITAL DO SALNÉS, ESTIVO ESPERANDO DESDE AS 15:00 HORAS POR UNHA AMBULANCIA (eso sí, para voltar para a casa en camilla)- ATA AS 22:30 HORAS!!
Que sigan aforrando presuposto: ASÍ PODEN GASTAR MÁIS EN GASTOS MILITARES (AFEGANISTÁN, IRAQUE, pronto IRÁN...)-o maior presuposto incrementado de tódalas partidas ministeriais- OU ENTREGARLLELOS A QUENES MÁIS TEÑEN: MULTINACIONAIS (Citroen, Carrefour...), DESPENSAS ÁS FORTUNAS, etc. etc. etc....
É umha vergonha. Esta é a esquerda deste (im)País? Magníficos gestores; despois de pagarem ao ensino e a sanidade concertados cos plutocratas e o Vaticano ainda lhes sobram cartos!
Ignora esta gentinha a situaçom do Sergas e do ensino público ou é que tenhem todo calculado para aniquilar o raquítico sector público galego?
Todo calculado, paseniño e todo ó seu tempo!
Sr redactor desta noticia:
OBTER -> OBTERON
DETER -> DETERON
ANDAR -> ANDARON...