Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Fianza de 3.000 euros

Deteñen un mozo coruñés acusado de agredir un militante de extrema dereita

O ultradereitista Ricardo Sáez de Ynestrillas "ofreceuse a exercer a acusación particular cando se leve a cabo o xuízo".

Redacción - 13:10 03/04/2008
Sáenz de Ynestrillas

Sáenz de Ynestrillas

A Policía detivo este martes na Coruña a R.M.M., militante independentista, acusado de "lesións" e "roubo con intimidación" a un militante de extrema dereita o pasado 9 de febreiro, informa Ceivar.

Segundo fontes citadas polo colectivo, ao mediodía desa xornada tres mozos coruñeses viron como unha persoa pegaba autocolantes de "ideoloxía fascista" nunha rúa da cidade. Ao recriminárenlle a súa actitude, este último sacou un puñal que acabou producindo o enfrontamento.

Segundo a web Infonacional, que aloxa información de diversas organizacións da dereita radical española, os feitos foron ao revés. Aseguran que a detención deste martes de R.M.M., ao que acusan de ir armado, produciuse "grazas á colaboración cidadá".

R.M.M., que foi posto a disposición xudicial, saíu en liberdade con cargos na tarde desta cuarta feira tras pagar unha fianza de 3.000 euros. O colectivo Ceivar solicitou a axuda económica da cidadanía para facer fronte a esta multa e amosou a súa solidariedade co detido.

Á espera da petición definitiva do fiscal, as dúas acusacións que pesan sobre o mozo independentista poderían supor unha condena de prisión de até 5 anos.

Ynestrillas, na acusación particular

Dende Ceivar sinalan que "a evidencia da dimensión e das implicacións que adoptou o presente proceso represivo aberto contra o antifascista galego é a presenza na citado web da ultradereita española dunha información do 28 de febreiro que recolle o ocorrido 19 dias antes como unha agresión a un mozo militar por parte de tres separatistas".

Ademais, nesta mesma web anúnciase que o líder de extrema dereita Ricardo Sáez de Ynestrillas "ofreceuse a exercer a acusación particular cando se leve a cabo o xuízo".


5/5 (14 votos)


Comentarios (17)

Venusinfurs #1 3/Abril/2008 Venusinfurs
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carallo, este tipo é todo un clásico en pendencias nocturnas onde hai armas (o tal Sáez de Ynestrillas, digho):
http://www.elmundo.es/elmundo/...
E mesmo irrompeu en xuízos para proferir ameazas:
http://www.lukor.com/not-soc/s...
Con ese historial, machiño...

Baralhoca #2 3/Abril/2008 Baralhoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todo o meu ánimo para o R.M.M.

Fascismo nunca mais!

Atlantico #3 3/Abril/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non nos podemos quedar en palabras de apoio, todos temos que colaborar coa fianza do rapaz, que non teñan que cargar todo o peso da represión uns poucos.

fouze #4 3/Abril/2008 fouze
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agora os feixistas estes querem fazer uma homengem ao Millan Astray este Sabado día 5 na Crunha (Praza Maria Pita). Semelha que viran lexionarios espanhois. Esperemos que nom lhes permita o concelho fazer isso.

Galiza livre , militares espanhois fora!!!

roixordo #5 3/Abril/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí tendes a convocatoria:
"Veteranos legionarios rendirán el próximo fin de semana un homenaje en A Coruña al general Millán Astray , fundador de la legión, para evitar que se retire su estatua. Un grupo de antiguos caballeros legionarios, unidos a otros de toda Galicia y de muchas provincias españolas, han sido llamados a participar en este acto, que se celebrará a las 12.00 horas frente al monumento.

La estatua ha sido objeto de continuos ataques y hace dos años detuvieron a dos jóvenes por serrar una de las piernas de la figura de hierro de Millán Astray.

Los organizadores han llamado "al pueblo gallego" a participar en este acto.

A Coruña es la ciudad gallega con más símbolos franquistas en sus calles, con decenas de nombres de vías dedicadas a personajes relacionados con el franquismo, como la avenida del Generalísimo o General Sanjurjo."

Breogham #6 3/Abril/2008 Breogham
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Neste enlace podedes ver a organizaçom que estam a montar lexionarios de todo o estado para acudirem à Corunha. Olho, elementos perigosos. Lembrade o caso de Madrid, o asesino de Carlos Palomino era un militar. http://www.fotosdelamili.com/D...

galeguzo #7 4/Abril/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 Vaia cousas mais raras organizam os fodecabras :D

mceleiro #8 4/Abril/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O pior é que não só fodem cabras. Lenha ao fascismo!

Gaviotero #9 4/Abril/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Qué vergüenza, ¿no? El miserable que tenemos por concejal de deportes en Vigo diría que en este caso la agresión estaba plenamente justificada, porque como le atizaron a un tío de ideas que él no comparte...

Ya sabéis, si se agrede a alguien que sea de izquierdas, incluso aunque sea un terrorista, es intolerable. Pero si se le zumba a alguien de derechas o de extrema derecha, entonces está plenamente justificado por los mismos bloqueiros que se niegan a condenar el nazismo.

Vomitivo.

BonKarallan #10 4/Abril/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ynestrillas de agresións sabe unha chea.

O vomitivo #9 podería irse pra a web Infonacional cos seus amigos, que pinta máis alí que acá.

COUTOVEN #11 4/Abril/2008 COUTOVEN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este é un conflito entre dúas persoas e serán as institucións as que decidan se existiu ou non unha agresión. Iso é o estado de dereito.

Agora, esta é a dobre moral coa cal algúns ven a política. E que pode transformar de heroe a bandido a unha persoa dependendo a tendencia política que profese. En poucas palabras, pode alcanzar a dignidade celestial ou o máis vil dos desprezos.

Cando vemos na rúa a alguén que manifesta que a ultradereita é unha alternativa e que o fascismo é algo bo. Moi internamente danos risa, xa que nos parece patética a estampa. Igual de patética é a conduta dos defensores da ultra esquerda. Cando o certo foi. Que en nome do proletariado os seus dirixentes accederon ao poder e desde o mesmo o único que fixeron foi transformarse en patróns explotadores do seu pobo, os ultra oligarcas. Pero o pobo seguiu abaixo. E por iso a unión soviética desplomouse polo peso da sua ineficiencia e corrupción.

Estamos en pleno século XXI e a información é moito máis accesible que en décadas pasadas e honestamente é triste ver á ultraderecha anhelando un pasado que ojala nunca retorne e a unha ultraizquierda. Falando de liberdade e dereitos, facendo uso das liberdades democráticas para participar no xogo político. Pero cando acceden ao poder son os primeiros inimigos do pluralismo. E reis da intolerancia sutil y non tan sutil (escuadrones da dignidade en Cuba ou Círculos Bolivarianos en Venezuela). Viven falando de terrorismo mediático. Pero resulta que son donos de gran parte dos medios de información (polo menos en Venezuela). E pretenden xustificar a sua ineficiencia e o reclamo dun pobo desengañado. Cunha verdade a medias que é o imperialismo e la CIA.

De tal xeito que se hai algo polo cal xulgar ao mozo Coruñés é por supostamente agredir a unha persoa que comparte unha ideoloxía destinada a desaparecer e ser esquecida. O problema é que posiblemente o mozo foi vítima da impaciencia e quixo acabar coas mans o que a historia desaparecerá cos anos.

rober #12 5/Abril/2008 rober
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu penso que som um pouco "frikies" estes de "Ynestrillas & Cia.", mais nom ha que lhes perder o respeito. Polo que afirmo que agreadirom ao moço corunhês por defender-se da dereita-violenta ou da violenta dereita ou ...

Xarope #13 6/Abril/2008 Xarope
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que se fodam os gavioteros e os fascistas !!

Avante a luita popular antifascista !!!

rockandroll #14 7/Abril/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pois gaviotero, eu penso que se levaras três malheiras ao dia, ainda cumprias umha funçom social. A de pushing ball popular.

UnDeTantos #15 8/Abril/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Levou unhas ostias ben dadas,paréceme a min

casacu #16 8/Abril/2008 casacu
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

estes fascistas na rua non son nada, e menos en galiza. animo a todala xente corunhesa e de toda galiza a impedir por todolos medios q estes actos saian adiante, apoiado por politicos fascistas e incompetentes.

LuaNeghra #17 9/Abril/2008 LuaNeghra
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Co historial do Ynestrillas, habería que ver quen agrediu a quen. O peor é a impunidade que teñen estes asasinos potenciais: hai pouco, tamén no campus de Elviña, uns neonazis ameazaron de morte a unha persoa por cantar en galego nun concerto. Pero claro cando son nenés de papá fascista ou María San Gil usando espazos universitarios para lanzar consginas, é liberdade de expresión; cando nos defendemos da barbarie, é terrorismo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: