O PNV, en Bilbo; EA, en Gernika; e o Foro Nacional de Debate (con Aralar, Abertzaleen Batasuna e a esquerda abertzale ilegalizada), cunha marcha entre Irun e Hendaia.
Cada domingo de Pascua, dende 1931, Euskal Herria celebra o Aberri Eguna, o Día da Patria. Mais como vén sendo habitual, este ano tampouco haberá un acto unitario, informa EiTB.
O Foro Nacional de Debate organiza unha marcha dende as 11.30 horas entre Irun e Hendaia, onde haberá un acto político. A esta convocatoria adheríronse Aralar, Abertzaleen Batasuna, a esquerda abertzale ilegalizada e tamén Eusko Alkartasuna.
EA tamén fará un outro acto diferenciado en Gernika. O acto principal comezará ás 12:00 e os protagonistas serán o presidente e o secretario xeral do partido, Unai Ziarreta e Joseba Azkarraga, respectivamente.
O PNV, pola súa banda, celebrará o Aberri Eguna en Bilbo. No acto político, que iniciará ás 12.00 horas, tomarán a palabra o lehendakari, Juan José Ibarretxe, e o presidente do Euskadi Buru Batzar (órgano executivo do partido), Iñigo Urkullu.
Xa están estes separatistas (diría Gaviotero)
Con tódolos meus respetos,BonKarallan,case me caes ti máis pesado ca Gaviotero..
Non ten importancia, ti es un de tantos.
Separatistas??...pordoa Bonkarallan, o de Ibarretxe é poder político
ganhado nas eleizons, por isso pode negociar diretamente com espanha e esixir o que lhe pete, sempre e quando cheguem à acordo Euskadi e o estado Espanhol.
É unha verdadeira mágoa, aínda que sexan partidos moi diferentes, pero todos nacionalistas, que non se unan, polo menos neste momento para celebrar o Aberri Eguna.
É que vai dar marcha atrás Ibarretxe co referendum sobre o futuro de Euskadi?
Precisamente coa unión e a firmeza nos obxectivos de autonomía e ata independencia se así o desexa o pobo vasco, acollóase bastante máis ao goberno español que con cen atentados de ETA.
ETA poderá estar debilitada pero o nacionalismo vasco debe estar máis unido que nunca, senón a cagaron.
bonkarallan, ti non coñeces moito da situacion do pais basco verdade?
os nacionalistas unidos por unha sola causa!! q bonito
a esquerda abertzale, agora ten q seguir a sua loita. para min perderia toda acredibilidade q lle queda pactando con politicos de dereitas ultracatolicos.
como fixeron os vendidos do bloque. king, mais duran i lleida. q vergonha