Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Ex edil en Arrasate

Un ex concelleiro do PSOE morre tiroteado en Euskadi

Isaías Carrasco Miguel, de 42 anos de idade, finou no hospital unha hora despois de recibir varios disparos á porta da súa casa.

                  Redacción - 13:49 07/03/2008
                  Tags:

                  Fontes socialistas identificárono como Isaías Carrasco Miguel, de 42 anos de idade, quen fora un dos dous concelleiros do PSOE en Arrasate na anterior lexislatura. Fora na lista do PSOE no sexto lugar nos últimos comicios municipais. Na actualidade estaba retirado da primeira liña da actividade política e renunciara a levar escolta. Traballaba en Bidelan, a empresa que xestiona a autoestrada A8 en Euskadi.

                  Segundo as primeiras informacións recibiu catro tiros na caluga á porta da súa casa en Arrasate. Un testemuño recollido pola canle CNN+ no lugar asegura que Isaías Carrasco estaba nese momento en compañía da súa muller e da súa filla. Algunhas testemuñas presentes afirman que un individuo con barba postiza, presumibelmente membro de ETA, foi o autor material do asasinato. Unha segunda persoa agardaba por el no interior dun coche en marcha.

                  Malia que nun primeiro momento se comunicara que faleceu camiño do hospital, posteriormente o departamento vasco de Interior informou de que chegara vivo ao centro hospitalario, aínda que os médicos nada puideron facer para salvar a súa vida. Pouco despois das 15h certificouse oficialmente a morte do ex concelleiro.



                  5/5 (15 votos)


                  Comentarios (91)

                  maltus #1 7/Marzo/2008 maltus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  A violencia só trae sufrimento estéril

                  outrolector #2 7/Marzo/2008 outrolector
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Nova lamentable, sufrimento inutil para unha familia, maior dificultade para entenderse e buscar unha solución. ETA cobarde, aborrecibel e completamente inutil!!

                  Albert #3 7/Marzo/2008 Albert
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  A miña solidariedade coa familia do cidadán vasco.

                  lourentia #4 7/Marzo/2008 lourentia
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  A miña solidariedade coa familia. Ata cando esta loucura? Unha nación libérase con moita loita pero non con sangue.

                  Chardella #5 7/Marzo/2008 Chardella
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Pobre familia. Isto non ten xustificación

                  Atlantico #6 7/Marzo/2008 Atlantico
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Outra montaxe electoral.

                  arale #7 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Está claro que a política no noso país e no Estado español é bastante vergoñenta, pero tamén está claro que estamos nun estado democrático no que sería impensable facer algo así como montaxe electoral, eu téñoo clarísimo, e "sorte" que temos, que noutros sitios "democráticos" pasa iso e moito máis, así que un pouco de sentidiño á hora de facer afirmacións coma esa. Coma sempre, os pijitos de ETA a dar a nota, putos covardes, o ex concelleiro en cuestión negárase a levar escolta, matárono diante da muller e filla e non tiña un peso político relevante... o de asasinos sobra porque xa o sabemos todos, pero é que estes son inda por riba medio parvos (o de violencia intelixente non lles soa de nada). PERO DE QUE CARALLO IDES??? Estes acábanlle de dar o goberno ao PP (GRAZAS, "COMPAÑEIROS") porque estaban aburridiños no seu caserío. Isto de cobrar un quilo ao mes e non ter que facer é o que ten. ASASINOS, COVARDES (a ver se hai collóns de atentar contra quen habería que atentar, monas), CORTOS MENTAIS, PIJOS E NIÑATOS DE PAPÁ. Deixádevos de lerias e poñédevos a traballar dunha puta vez, menudo exemplo para acadar a autodeterminación dun pobo, si señor, así todos os independentistas carrexamos a fama. VEÑA, AGORA 4 ANIÑOS DE PP POR ASASINAR UN INOCENTE (si, pensaba distinto, é que? na vosa familia seguro que máis dun pensa distinto ca vós e non o matades, ehh!!!!). SODES UNHA MOREA DE MERDA, PARA TODOS, INCLUÍDAS A ESQUERDA E O INDEPENDENTISMO.

                  ca_tu_xa #8 7/Marzo/2008 ca_tu_xa
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Arale pq non vas a farmacia por Ibuprofeno...

                  Majorinus #9 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Adivinha-se que alguém nos «think tanks» da ETA se deu conta que matar gente do PP o beneficiava eleitoralmente, mas que só podem negociar com o PSOE. Assim que disseram: «pois matamos um do PSOE, e assim já ganham». Típico raciocínio psicopata, equivalente ao que vemos nos filmes sobre chunguismo mental à la Norman Bates: «Maria não me faz caso; deve ser porque tem moço: vou-no matar, e assim depois posso convencê-la de que comigo estará muito melhor».

                  O que estaria bem seria sabermos que têm que dizer sobre isto os aprendizes de jarraitxos e mais os «plumas finas» que os parabenizam. São estas «outras formas de luta» que devemos «entender» e «respeitar» desde a distância? Ou são as mesmas, só que ainda somos o bastante mocosos como para não atrevermo-nos a pô-las em prática? Ou será que temos a sensibilidade a flor de pele, como tinha Himmler, que mandava matar gente desde uma oficina mas que a vez que foi vez uma execução em pessoa quase desmaiou? Será que os nossos jarraitxos de salão e as nossas plumas finas revolucionárias de meia-pataca são do mesmo género?

                  Perguntas que ficam no ar, mas que conviria irmos fazendo de cara ao futuro...

                  Atlantico #10 7/Marzo/2008 Atlantico
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Eu o que penso, é que o principal argumento electoral do PP eran os tratos PSOE-ETA. Agora xa non teñen ese argumento.

                  Infiltrados da policia española (PSOE) en ETA?

                  arale #11 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Catuxiña, non sei se o dis de vacile ou porque non estás de acordo co que digo. Se non estás de acordo con algunha cousa, dío e debátoche se podo (que ao mellor tes razón e non podo rebater), pero exprésate, muller, que en Vieiros é de balde.

                  condedecotobade #12 7/Marzo/2008 condedecotobade
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Atlántico, esa teoría da conspiración permanente xa comeza a estar un pouco vella. Uns terroristas mataron a un tipo porque queren ter presenza mediática antes dunha xornada eleitoral. Non penso que sexa o momento para desbarrar con opcións alternativas nas que os verdadeiros malos son os poderosos (para iso mellor Prison Break)

                  Atlantico #13 7/Marzo/2008 Atlantico
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Condedecotobade:

                  "...os verdadeiros malos son os poderosos...",

                  Con eso xa o dixeches todo.

                  Anxo #14 7/Marzo/2008 Anxo
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Quen pense que un atentado terrorista pode favorecer a un ou a outro partido, debería mirarse ben, porque algo lle falla.

                  Mi máis sincero pesar á familia, amigos e echegados e en definitiva a todos os demócratas.

                  ca_tu_xa #15 7/Marzo/2008 ca_tu_xa
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Digoo pq semella q estas alatera , e tb pq non concordo contigo... parece moita casualidade q todolos partidos q se autodenominan democráticos pidan , como solución , ir votar ... non será q lle teñen moito medo a abstención crítica co seu "traballo"

                  Anxo #16 7/Marzo/2008 Anxo
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Texto sacado de elplural.com

                  "Macabro vaticinio
                  O presidente da AVT, nos derradeiros actos nos que participou, algúns de eles con clara intención política, veu vaticinando que ETA irrumpiría na campaña para axudar a Zapatero a gañar as eleccións. Segundo Alcaraz, tiña intención de facer unha entrega ficticia de armas para favorecer o voto aos socialistas. Unhas declaracións que resultan macabras agora que se constata que, efectivamente, os terroristas reapareceron pero con fins ben diferentes aos que pronosticaba Alcaraz, a quen se le parece haber esquecido que o falecido é un membro do PSOE."

                  Esto ben a conto porque declarou a COPE o seguinte:
                  "O que temos é unha vítima maltratada e perseguida por o Goberno"

                  Este é o patetísmo da xente que utiliza o terrorismo con fins electoralistas e pensan que se lle pode sacar rédito, é unha pena que teñamos que aturar xente como esta aparte dos terroristas asasinos, porque con elo se estan a poñer á sua altura.

                  Barcelos #17 7/Marzo/2008 Barcelos
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  En primeiro lugar a miña condena polo atentado.

                  Nos países civilizados debemos de manifestarnos en contra da pena de morte, execútea quen a execute. E moito máis unha pena de morte contra unha persoa, sen haberlle realizado un xuízo no que puidese defenderse e que cometeu o crime de pertencer a un partido político non abertzale.

                  En segundo lugar ETA tamén fai campaña electoral.

                  O goberno fixo a súa campaña ilegalizando partidos e detendo etarras e ETA responde como pode. Como hai demasiada vixilancia pois vai ao fácil.

                  Barcelos #18 7/Marzo/2008 Barcelos
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  E finalmente este atentado beneficia a ETA e prexudica á familia do morto e a todo humano que estea contra a violencia.

                  Ao PSOE particularmente non o prexudica, porque o feito de que maten a un dos seus pode facer que lles vote xente que estivese pensando en votar ao PP, pero sería un suicidio político intentar sacar partido deste asasinato.

                  BonKarallan #19 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Coincido: ¡¡NON A PENA DE MORTE!! ¡¡NON AS EXECUCIONS!!

                  arale #20 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Catuxa, claro que estou alterado (alatera?), non é para menos. De todos os xeitos, nos meus comentarios diso non dixen nada do que ti comentas, nin falei de ningún partido (só dixen que isto vai beneficiar o PP) nin de ir ou non votar, que cada un é moi libre de facer o que lle pete. Así que non che podo rebater porque co que non estás de acordo non o dixen eu :)

                  Gaviotero #21 7/Marzo/2008 Gaviotero
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Todos utilizan el terrorismo con fines electoralistas.

                  Y los primeros de todos, los nacionalistas vascos, siempre comprensivos con los terroristas, que si no fuera por el terrorismo no gobernarían en el País Vasco.

                  arale #22 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  E para estados de ansiedade e excitación, coido que o Ibuprofeno non é o máis axeitado... case lles vou pedir Valium, ou algo así.

                  arale #23 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Gaviotero, o punto negro na bandeira española é o aguilucho de marras?
                  Porque vir criticar o terrorismo con esa insignia é algo surrealista.

                  arale #24 7/Marzo/2008 arale
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Ah, non, perdón, que non o criticaches.

                  boutequele #25 7/Marzo/2008 boutequele
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Como nacionalista galego quero expresarlle a miña solidariedade á familia da vítima. Como persoa non podo aceptar que o terror e a morte se poida impoñer sobre as ideas.

                  BUNE #26 7/Marzo/2008 BUNE
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  AS SOCIEDADES MODERNAS,DEMCRATICAS,E LAMENTABLE QUE INDA FASCISTAS APRETEN O GATILLLO DAS "PIPITAS", CLARO QUE TAMEN HAY FALSOS DEMOCRATAS QUE LEVAN O CACIQUISMO E FASCISMO,SUERTE QUE NON UTILIZAN AS PIPITAS, PERO ASESINAN VALORES DEMOCRATICOS

                  BonKarallan #27 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Parece que habláis de un tal Gaviotero.

                  Yo afortunadamente no lo veo en mi ordenador desde el 1 de marzo y no tengo que aguantar sus comentarios provocativos y sus insultos.

                  Esta es la primera vez que ETA asesina en el gobierno de ZP y la quinta vez que mata. Evidentemente la tregua ha terminado.

                  BonKarallan #28 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  O comentario anterior estaba dirixido no seu idioma, por se me estaba lendo.

                  Non me gustan as mortes, pero prefiro condenar abertamente os asasinatos.

                  luisfoz #29 7/Marzo/2008 luisfoz
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Nom justifico em absoluto este acto de ETA mas tampouco justifico que à alcaidesa de Arrasate e aos seu companheiros do grupo de governo municipal nom se lhes permitisse a entrada ao hospital quando se fôrom interessar polo militante socialista que ainda nom morrera. Som membros de ANV, logo exigirá-se-lhes, suponho, que condenem este atentado injustificado. Ai, as varas de medir!

                  Anxo #30 7/Marzo/2008 Anxo
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Luisfoz, para interesarse por alguén que acaba de levar un tiro na caluga, non fai falla ir a hospital, salvo que queiras que te vexan, se queren condear o atentado poden facelo de moitas formas posibles, non xustifiquemos o inxustificable. Ademáis nas circunstancias nas que chegou en morte cerebral, o hospital so deixa pasar á familia máis directa. Non esquezas e un hospital non un salón de actos.

                  sozinho #31 7/Marzo/2008 sozinho
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Non hai palabras.
                  Podería opinar sobre a quen beneficia e a quen prexudica, pero declaro interrompida a campaña. Só quero facer campaña para que se vote, dende o PP ata o Partido Humanista ou o voto en branco. Primeiro a recoñecerlle aos políticos o seu carácter heroico por espoñerse desta maneira. Segundo, a criticalos para que melloren ou incluso substituílos. Asumamos responsabilidades. Desfagámonos de traxes puritas e demostremos vontade de construír, unir ou separar, xuntos, de acordo e baseados no respecto. Se destruímos, calquera camiño será cortado e teremos que voltar comezar... dende a barbarie dunha dereita intransixente e cunha resposta tan exacerbada coma ineficaz da esquerda ou do nacionalismo. Que cada un atope a súa media, sen caer na medianía. Saúdos aos comprometidos e a miña condena aos extremados que viven na burbulla do anonimato e que só ven a palla no ollo alleo. Prefiro non pensar que pasará pola cabeza do miserento asasino...
                  Con respecto aos militantes de ANV, prefiro pensar que non son máis culpables que de inmadurez, pero non me estraña nada que non lle permitan a entrada.

                  Majorinus #32 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Digo o mesmo que Anxo... Por favor, Luis, para a pensar um momento o que significa esse momento para a família. Que não tudo é teoria abstraída e despersonalizada. A propósito, suponho que alguns terão capacidade de observar a cara de «currito» que tinha o morto. E é que era currito a trabalhar numa peagem. Ah, estes que van de rojeras... de liberadores, de patriotas en favor de los trabajadores... Qué valentía, qué honestidad.

                  lenin #33 7/Marzo/2008 lenin
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  ¡País de hipócritas! A min tamén paréceme unha forma covarde de actuar de ETA, paréceme que así non van a ningures e creo que a persoa que mataron é inocente.
                  Pero novas como esta: "Morren 54 persoas nun dobre atentado nunha zona comercial do centro de Bagdad" ocorren tódolos días, por culpa (en parte) do noso exgoberno (elexido democráticamente) que apoiou a invasión dun país para permitirlle ó imperio yanki explotar ás materias primas dese país. E non pasa nada. Tan covardes, inxustos, amorais, etc. son os etarras como as persoas que permitiron invadir un país por motivos imperialistas e seguen explotándoo como se non sucedera nada, como se fora o normal. Para min ten a mesma consideración de persoa o exconcellal do psoe que as 54 persoas que morren tódolos días en Irak. Pero xa se sabe como dicía que hai persoas que valen moito, hainas que valen pouco, hainas que valen nada e hainas que valen menos que nada...

                  Majorinus #34 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Bla bla bla bla bla... Señorita, yo no empecé, fue ese.

                  Por outra parte, a ver que tem de inimigo o tipo este. Ao melhor é mais «povo trabalhador» que tu. E que os plumas finas. Provavelmente.

                  Anxo #35 7/Marzo/2008 Anxo
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Espero que hoxe todos os nosos políticos vexan a realidade a traves dos ollos de unha rapaza, da rapaza que viu como mataban ao seu pai. Creo que non hai máis que engadir.

                  baltar69 #36 7/Marzo/2008 baltar69
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  veo al presidente desencajado.

                  no es para menos; cada muerto de eta tiene que pesarle, pues ha sido su incapacidad una de las causas que nos ha traído hasta aquí, hasta esta gris tarde de finales de invierno.

                  hace cuatro años, cuando me informaron de los sucesos de madrid, pensé enseguida " estos cabrones lo han conseguido, han tensado tanto la cuerda que eta, en su deriva hacia el abismo del fanatismo, se ha echado al monte definitivamente". lo pensé cuando la persona que me informó me dijo que había más de diez muertos en las explosiones de los trenes.

                  luego, cuando conocí mejor lo que estaba pasando, me dí cuenta que eso no era obra de la organización vasca; no por que no los crea operativamente capaces de hacerlo, si no por que esa carnicería sería su traca final, su inmolación definitiva, y su conciencia de vanguardia de un pueblo impide que puedan pensar en desaparecer algún día ante la indignación general. cinco, díez víctimas son un peso ligero con que cargarse, pero las doscientas que entonces ya anunciaban los medios sólo está al alcance de unos pocos: usamérica, que aniquiló de dos bombazos dos ciudades japonesas con sus mujeres, ancianos y niños; israel, que en una semana de ocupación puede liquidar a ciento cincuenta o ciento sesenta habitantes de la franja... pero no eta.

                  pero esta vez sí creo que han sido ellos los ejecutores, los asesinos de este hombre, de este ciudadano de arrasate. de este miembro de su pueblo.

                  pero otros también tienen responsabilidades en el suceso, por que han utilizado el problema del independentismo vasco a su antojo y para su interés electoral. no han medido bien las consecuencias: el atentado de la t4 no fue dirigido contra nadie y los trabajadores ecuatorianos que descansaban en los coches fueron, lo que eufemisticamente llaman en otros casos los campeones de la libertad, daños colaterales.
                  la muerte de la pareja de guardia civiles en el sur de francia fue cualquier cosa menos un atentado planificado y mucho tendría el estado que explicar esos hechos si mis conciudadanos no estuviesen amodorrados por sabe dios que droga. pero esto, esto sí lo es. esto es la palabra y el gesto de eta como resultado de estos años de hipotética negociación, de impás, de engaños y medias verdades. es la respuesta a la política de la zanahoria y el palo. y es también un mensaje para consumo interno de la propia organización, de sus bases y sus presos.

                  pero, por encima de todo, es un mensaje a los poderes del estado, a los partidos y para toda la ciudadanía. la manifestación palpable de la inoperancia de nuestra clase política, de su incapacidad de anticiparse al dolor de sus electores y contribuyentes, de su autismo mientras se empecinan en negar las evidencias y someterse a la política lacaya y rastrera de los equipos que conforman el arco parlamentario.

                  los muertos, querido presidente zapatero, son siempre nuestros. las estrategias son suyas, pero es la sociedad civil la que pone el sufrimiento. y es cierto que no ha sido usted quien ha apretado el gatillo, pero mirando su cara sé que una gran responsabilidad en ese luctuoso acto le remuerde. espero que le dure mucho ese sentimiento y que no lo olvide y que esta víctima mortuoria de esta sin razón sea la última, por que la última víctima metafórica, a pesar de ese alegato donde promete cargar contra todo lo que se mueva en lo que semeja su propia deriva de impotencia, será usted mismo, señor zapatero.

                  baltar69 #37 7/Marzo/2008 baltar69
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  gustoume eso que puxeches, anxo.

                  maltus #38 7/Marzo/2008 maltus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Pensar en beneficios electorais cando hai un morto enriba da mesa produce calofríos. A liberdade só é posible dende o respeto á vida.

                  Majorinus #39 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Quando a imprensa deu em usar e abusar deste conceito da «autoria intelectual» dos crimes, não estava a fazer nada novo. O recurso retórico e lógico (pseudo-lógico) é tão velho como a inquisição ou o nacional-socialismo. Um clássico:

                  - Se um comunista queimava um banco, por exemplo, as leis do estado autoritário podiam, formalmente, condendá-lo. O problema é que o estado autoritário gostaria também de meter em chirona outros comunistas, mas sendo estes pacíficos, não tinha possibilidade de «meter baza». A ideia da «autoria intelectual» era um eficaz auxílio para isso, apresentando duas cousas obviamente diferentes (cometer violência em nome dumas ideias e defender pacificamente essas ideias) como equivalentes, fazer um «totum revolutum» com tírios e troianos e justificar a ditadura.

                  Isto será suficientemente conhecido por todos os progre-revolucionários aqui presentes, que o viveram visivelmente durante a época de Aznar: «el que mata, el que es amigo del que mata, el que concuerda con el amigo del que mata; todos son los mismo: ¡a la cárcel!».

                  A retórica e distorção lógica disto é clara: trata-se de dizer que A e B, por coicindicência de fundo ou de contexto, são pessoas indistinguíveis quanto à sua responsabilidade moral ainda (como se fizessem tríada com o Espírito Santo), e daí que os actos de A são responsabilidade de B, ainda que não os comparta nem tenha conhecimento deles. Ou seja, em desviar responsabilidades para quem nos convenha desviá-las.

                  Claro, ¡así cualquiera!

                  Mas, «hete aquí», que depois alguns progre-revolucionários que observam isto muito bem, e que o denunciam a boca cheia quando se trata de atacar o estado espanhol, o «imperalismo» ou tudo isso, practicam-no sem o menor rubor quando se trata de «echar balones fuera» e não assumir responsabilidade nem coerência pelas próprias ideias. Aqui o vemos no texto que nos coloca Baltar69: resulta que agora, como Zapatero fez o que não devia fazer, ou deixou de fazer o que (supostamente) devia fazer, a responsabilidade moral de carregar uma pistola e abrir o crânio quatro vezes a um ser humano já não é do tipo que tomou a pistola na mão, mas de Zapatero. Ou dos dous a partes iguais.

                  Igualzinho, igualzinho, que quando Aznar dizia que eram o mesmo os que matavam, que os que se manifestavam em favor dos que matavam, que os que escreviam de acordo com as ideias dos que matavam. A = B = C, «y a por ellos». Claro que Aznar o fazia porque era um facha com ganas «de marcha». Os progre-revolucionários que escrevem em Vieiros fazem-no, mais, porque são incapazes de assumir as consequências reais da sua radicalite pseudo-esquerdista de boquilla, e quando se vêem de cara com o que significa, na realidade, o rollito revolucionário, querem pensar que tão culpados são uns como outros para poderem seguir, com tranquilidade de consciência, com a sua verborreia chachi-revolucionária de salão.

                  Têm a mesma capacidade de assunção das cousas que os nenos pequenos. Quando um neno pequeno, no descanso das aulas, recebe um golpe de giz dum companheiro, entrega-se com deleite à batalha de gizes. Depois sucede o imprevisto, o que não pode assumir (que aparece a professora), e incapaz de assumi-lo conta-lhe (e conta-se a si mesmo) uma trola pseudo-justificativa: «señorita, es que empezó él».

                  A diferença, claro, é que aqui não estamos a falar de batalhinhas de gizes, mas de cousas bem sérias. E quando estamos a falar de acção política, e vemos justificar a violência, e até a morte, com base nos raciocínios exculpatórios da criança, e quando vemos que as premissa lógicas se baseiam em que a própria superioridade moral nos permite actuar cometendo violência e extorsão que é legítima se a fazemos nós (é «defensiva», dizque: também Hitler invadiu Polónia para «defender-se», segundo ele) e fazendo cousas que nunca admitiríamos que fizessem com nós, deveríamos ser capazes de entender a quem nos estamos parecendo.

                  norberto #40 7/Marzo/2008 norberto
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Unha aperta á familia e achegados.

                  Celso #41 7/Marzo/2008 Celso
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Surfeando, acabo de topar com um artigo do "liberal" Joan Valls de Janeiro de 2008 onde apresenta exactamente o cenário que acaba de dar-se: Um assassinato dum membro do PSOE sem protecção, prévio às eleições, subiria os votos para o PSOE, o qual conviria à ETA, que quer que continue a governar o PSOE. Mas o cenário tem a outra cara: Um assassinato da ETA subiria os votos para o PP, que teimou na inoperatividade do PSOE contra o terrorismo. De maneira que, quem é o "autor intelectual" deste assassinato? A quem beneficia?

                  São perguntas nocivas, como se comenta neste fio. O único autor "intelectual" (???; por acaso têm cérebro humano em bom estado os da ETA?) parece ser a ETA (embora ainda não foi reivindicado, ou sim?). E o autor material, parece que também (mesma salvedade).

                  A ETA está em guerra contra o Estado Español (de qualquer signo), e este contra a ETA. Infelizmente, assassinar uma pessoa (acaba de comprovar-se) é muito fácil. E a dinâmica da acção-reacção tem duas direcções, não esqueçamos, e a sua origem é muito, muito remota, complexa e obscura. Não é "equidistância": é que me nego a justificar qualquer morte.

                  Esta é a segunda vez que a ETA nega com os factos o discurso do governo español: depois de certas palavras de Zapatero, foi a bomba na T-4; depois das palavras de Zapatero e Rubalcaba nos últimos dias sobre a enorme "debilidade" da ETA, este assassinato. É uma lógica macabra: com um acto muito fácil de executar procura-se um enorme efeito de debilitamento do governo. Porque a ETA pode estar "débil" em termos de pessoas e infraestrutura (sei lá), mas uma pistola é barata e a consciência humana às vezes é um poço fedorento.

                  Na última fase do governo de Felipe González, lembro que quando havia atentados apenas havia palavras grandiloquentes de condena. Por que? Porque são inúteis. A "unanimidade democrática" de repulsa é totalmente inútil para a ETA, porque não atende a isso. Leva décadas sem atender à "vontade democrática", nem ao "povo", nem a Euskal Herria.

                  Por isso, se Euskal Herria fosse independente, unificada e democrática, é muito possível que a ETA continuasse activa enquanto os seus membros julgassem que havia qualquer afrenta que redimir (presos na cadeia, sentenças, agravos...). Há GERAÇÕES de soldados da ETA, com uma longa história de sangue cometido e de sangue deitado. Há uma épica e uma (anti-)ética da ETA, modelada na vesânia da guerra e dos exércitos, nomeadamente o español. E penso que só são os bascos, ou os que se adscrevessem no futuro a ser bascos, isto é cidadãos de Euskal Herria (mais um patético estadinho, pateticamente semelhante aos seus estados vizinhos), os que poderão ou poderiam situar a violência da ETA onde corresponde, reduzindo-a, tentando eliminá-la de todo, e, se voltar a acontecer, tratando-ao como a execrável anomalia que um Estado Forte ;-) deve sobrelevar.

                  O objectivo da ETA como estrutura social é perpetuar-se a si própria: nenhum exército se auto-disolve sem receber garantias (garantias hipócritas, sim, mas também hipocritamente aceitadas) de que salva a sua "imagem", isto é, de que, no fundo, não estava totalmente errado: de que "aconteceu o que aconteceu". O governo español de Zapatero tentou caminhar nessa direcção, penso. Mas, como explicaria pedestremente um materialista dialéctico, não se deram as "condições objectivas" para, entre todos os "agentes", culminarem a peça teatral. Se as elites políticas soubessem de história e não só de eleições, saberiam que esta é lenta; e o PSOE não teria recuado no seu discurso da paz, apesar do fracasso da sua tentativa de comédia mútua.

                  O resto (sem ânimo de ofender ninguém), as declarações de unanimidade democrática e liberdade, as contagens de vítimas de "um e outro lado", etc. etc., é pura retórica grandiloquente.

                  Mas, o quê se pode esperar dum Estado que nem sequer fechou a ferida da Guerra Civil entre "vencedores" e "vencidos" na famosa "Transición"? Só quando acabem simultaneamente a ETA e a repressão do Estado acabará essa longa guerra.

                  Roquinho #42 7/Marzo/2008 Roquinho
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Condea sen paliativos.
                  Os asasinatos a sangue frio, sexan quén sexan os que os cometan son sempre condeables. Non intentemos xustificar de ningún xeito a estes individuos xa que son simplesmente unha panda de asasinos que so perseguen vivir do xeito que saben que é atemorizando o pobo, non perseguen nada mais que eso, non teñen ideoloxía ningunha, nin causa, son repugnantes, do mesmo xeito tamén o son quén os utiliza para o seu beneficio.

                  vicus #43 7/Marzo/2008 vicus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Pois eu nom vou condenar, mas por desgraça nom poderei defender a minha postura. Cousas da vossa liberdade de expressom. Só podo dizer que nem fico triste, nem nada polo estilo. E que parecedes borregos atrás do pastor. Pensades o que querem, e quando querem ficades tristes. Mortes, violência, fome, repressom, ditaduras em todo o mundo... mas que importam, se o que temos é que ser bons cidadaos, alegres consumidores? Mas si importa quando os nossos amos nos mandam. Chorade! E choramos. Enfadai-vos! E sai-nos a bile pola boca. Chorade vós, hipócritas, enfadai-vos vós, monicreques, que calades ou olhades para outro lado quando o que hai que condenar nom sai na TV!
                  A quem lhe soa esta letra?
                  Hace unos días caía muerto un policía
                  Tres iban a ser los disparos que acabaron con su vida
                  Hace unos días mataron a un policía
                  ejemplar trabajador, esposo y padre de familia
                  Al día siguiente nadie hablaba de otra cosa
                  al día siguiente no existía otra noticia
                  al día siguiente asistimos a su entierro
                  y lloramos cuando dijeron llorad, obedientes lloramos

                  Dolidos por la pérdida de ese gran hombre
                  hicimos nuestro el dolor de aquella familia
                  calificamos de inútil aquella última muerte
                  y exigimos y rogamos, suplicamos que así fuese
                  Sentimos nuestro cada pésame enviado
                  Con él, dijeron, nos han matado a todos
                  Guardamos luto y un minuto de silencio
                  junto a las autoridades de cualquier color y signo

                  Fuimos testigos de todo ese gran teatro
                  de los comunicados de condena y de repulsa
                  de las banderas con la vara a media asta
                  de esa inmensa mayoría, de los gritos de "ya basta"
                  BASTA!

                  Asistimos a todas las concentraciones
                  Fuimos a las mil y una manifestaciones
                  Vestimos lazos de todos los colores
                  Sus palabras permitieron que no dijésemos nada
                  Aquellos días vestimos de tolerancia
                  cerramos filas en torno a la democracia
                  Ciudadanos bien, ciudadanos de pie,
                  acusando no se qué, acusando no se quién

                  El mismo día hubo una muerte sin noticia
                  una de tantas que no se rentabilizan
                  una de tantas en las que es algún obrero
                  el que al igual que al vacío cae también en el olvido
                  ¿Qué valor tiene la muerte de un desgraciado?
                  El mismo valor que tuvo su nacimiento
                  ¿Dónde están sus viudas? ¿Dónde?
                  ¿Dónde están sus hijos? ¿Dónde
                  las condolencias, dónde tanto y tanto grito?

                  Fuimos testigos de todo ese gran teatro
                  de los comunicados de condena y de repulsa
                  de las banderas con la vara a media asta
                  de esa inmensa mayoría, de los gritos de "ya basta"

                  BASTA YA! BASTA YA!

                  Ni sus manos son tan blancas
                  ni son blancas sus palomas
                  ni es tan blanca su bandera
                  ni tampoco sus entrañas

                  Su cal sí que es blanca!

                  Fuimos testigos de todo ese gran teatro
                  de los comunicados de condena y de repulsa
                  de las banderas con la vara a media asta
                  de esa inmensa mayoría, de los gritos de "ya basta"

                  summertime #44 7/Marzo/2008 summertime
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Celso, non concordo en absoluto coa equiparación que ti fas ao final do teu comentario entre o terrorismo de ETA e maila represión do Estado, porque inmediatamente equiparas a un co outro e as lexitimidades son totalmente distintas (o estado ten unha base democrática detrás -con todas as súas imperfeccións- e a ETA son para min unha banda de "piraos" con estructura mafiosa e sen ningún tipo de xustificación).

                  BonKarallan #45 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Parabéns Celso pola túa opinión obxectiva sobre o tema de ETA.

                  Estou de acordo practicamente con todo o que expós, pero creo que as condenas e as unións non son para demostrar nada a ETA, xa que é un resultado esperado e probablemente alégralles esta repulsa unánime.

                  Quizais lles guste menos as chamadas de atención dos grupos nacionalistas abertzales. E por suposto non se que pasaría se HB e ANV condenasen estes atentados e opuxésense abertamente.

                  A verdade, non sei con quen ten que negociar ZP. Coido que primeiro cos partidos nacionalistas.

                  BonKarallan #46 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Condenar un asasinato non significa subscribir todas as bobadas que din na tele os políticos. Nin simpatizar con eles.

                  Óense moitas burradas:
                  "Temos que votar o domingo para demostrar a ETA que non lle facemos caso" (Un do PNV)
                  "O que ten que facer Zapatero é xurar que nunca negociará con ETA" (Rajoy)
                  "Xuro que os deteremos e porémolos (eu cría que ía dicir en liberdade, pero non, dixo) ante a xustiza" (Zapatero)

                  E así cheas de burradas. Aos cidadáns da pe dóenos máis a vida dese home, a súa familia, os seus amigos e diso, pouco se fala. Sobran os políticos e as suas declaracións. ¡Pero que carallo teñen de dicir! E ir a Mondragón... A qué? A rematar a campaña?

                  Outra noticia sobrecolledora foi eclipsada por esta noticia. A aparición do cadáver da nena xitana de Huelva, Mari Luz. Probablemente asasinada por un tolo.

                  As dúas noticias son iguais de condenables, pero unha é utilizada politicamente e a outra, por sorte, non.

                  Majorinus #47 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Vicus,

                  Que poema tão emocionante. Para carregar-te mais de razão, que se vê que não estás ainda plenamente convencido de tê-la, coloco-che aqui uns extractos de uma página web e do que opina alguma gente que, não sei por que, me recorda os teus parâmetros. Repara em que também se queixam do que se diz e do que não se diz:


                  COMENTARISTA 1:

                  "Los negros violan más"
                  En Norteamérica, las violaciones de mujeres blancas por los negros son frecuentes, y las de mujeres negras por blancos, rarísimas.
                  En los 111.590 casos en los que la víctima de la violación o asalto sexual fue blanca, el 44,5% de los delincuentes eran blancos, y el 33,6% eran negros. En los 36.620 casos en los que la víctima de violación o asalto sexual era negra, el 100% de los delincuentes era negro, y el 0,0% era blanco. La tabla explica que 0,0% significa que hubo menos de 10 incidentes en toda la nación.


                  COMENTARISTA 2:

                  Cuando hay algún caso de blancos que violan a alguna negra, las izquierdas le dan mucha publicidad, mientras, en la America real, semana tras semana, los diarios informan de las violaciones de mujeres blancas por hombres negros aunque, por supuesto, sin usar las palabras "una mujer blanca fue violada por un hombre negro". En las informaciones de los medios no se hace ninguna referencia explícita al aspecto racial del caso.
                  Nunca hay la menor mención del hecho que las mujeres blancas de ese país son el objetivo de violadores negros. En el mundo al revés del izquierdismo el fenómeno no existe.



                  Pois isso: outro mais que, como tu, se queixa do que os meios não dizem. Conclusão: «a por los negros».

                  sozinho #48 7/Marzo/2008 sozinho
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Vaia ovos que lle bota o vicus! Agardo os exhiba ben diante dunha fémina ávida de machiños loitadores. Pero por favor, parvadas dese calibre no sitio onde lles corresponde e preferentemente baixo os efectos dalgún narcótico (alcol, p.ex.) que as fan máis soportables. A xuventude é un licor que non a todo o mundo lle cae ben.

                  Fer #49 7/Marzo/2008 Fer
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Colo um comentário que já fixem em Chuza:
                  s terroristas (de ETA) matam por razons políticas.
                  A policia mata por razons políticas.
                  Os funcionários de prisons matam por razons políticas.

                  Mas destas três o demócrata considerá que umha dessas opçons justifiquem umha "union", umha "condena", umha "manifestación" ou umha actuaçom da "justicia". Essa é a mentira da democracia espanhola-

                  Porém, eu rejeito toda violência por sistema. Mas nom emprego essa afirmaçom como um ritual sistemático após cada atentado, que se nom practicas entom és suspeitoso de pouca ortodoxia democrática. Rejeito este assassinato, mas nom mais que as dezenas de mortes patrocinadas polo Estado, nem as mortes ainda mais afastadas das cámaras em lugares do mundo que ninguem mira (se nom morrem de 50 em 50).

                  Pensade antes de "condenar" ou "repudiar" no sobejo e redundante desse rito. A empatia dumha pessoa polo assassinato doutra é umha peça base da moral social mais básica, que se supom em todo ser humano moderno. O feito de ter que verbalizarmos umha afirmaçom supérflua desse tipo só em circunstáncias "políticas" como parte umha expiaçom massiva e social é peorcupante. Ante um atentado é já umha obriga social realizar um acto que marca esta morte violenta de todas as demais. O acto da condena ou o "repudio más absoluto" divide a sociedade num quadro em branco e preto dum jeito tam ritual e irracional que, por exemplo, todas as minhas afirmaçons anteriores entram no campo do pecado, aliás do crime.

                  E nom podo evitar analisar um acto tam desnecessário que só muda em obrigatório e excludente quando as circunstáncias som as marcadas polo poder. Esse sobejo "Expreso mi condena más absoluta" é a profissom de ortodoxia intelectual mais clara da nossa sociedade. Obrigados estamos a dizer algo que sabemos certo, mas que também o é em todas as mortes violentas "nom políticas", ou melhor "nom reconhecidas como políticas", e nesse caso nom é parte da rotina do bom cidadao. A proclamaçom de algo tam singelo, tam rotundo e sincrético que nom fica espaço para mas ou porém é o credo do regime político espanhol. E é um credo baseado numha verdade tam evidente: Que toda pessoa sensível tem que empatizar e rejeitar a morte violenta doutra em qualquer circunstáncia; e modificado de jeito tam sutil: Que a empatia só é socialmente obrigatória quando o regime considerar assim (Os casos de"terrorismo etarra"); que é a ferramenta perfeita para força o resorte emocional das massas.

                  BonKarallan #50 7/Marzo/2008 BonKarallan
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Eu entendo o que di Vicus.

                  Condena si, pero ten coidado con quen che xuntas para condenar, que non che confundan. Non condenamos o mesmo, ou polo menos do mesmo xeito e polos mesmos motivos. Non coincidimos nas mesmas solucións.

                  Pódese condenar independentemente. Non fai falta dicir: "eu do mesmo xeito que todos os partidos políticos condeno o atentado"

                  Non. Podes dicir: "Eu a diferenza dos partidos políticos, condeno o asasinato dun home indefenso"

                  E logo hai que ter coidado coas respostas, xa que cando a mente altérase cométense moitas bestadas e inxustizas peores ata que as que provocaron tal resposta.

                  Un pequeno exemplo para refrescar a memoria dunha resposta desproporcionada a un acto criminal: Que culpa teñen os pobres habitantes de Iraq de que uns fanáticos islámicos estrelasen os avións contra as torres xemelgas en USA.

                  Como dixo Ghandi, ollo por ollo e en pouco tempo, todos cegos.

                  Majorinus #51 7/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Creio que Vicus não diz isso, BonKarallan. Eu vejo-o menos elaborado, francamente.

                  pampeiro #52 8/Marzo/2008 pampeiro
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Onde ficaron os collóns daquela ETA (lexítima daquela cun governo ilexítimo no poder que lexitimaba todo o que lle facía fronte)que matóu a Carrero Blanco?.Esta ETA,agora ilexítima,é un conxunto de asesinos cobardes que matan co tiro na caluga ou con bombas a cidadáns de a pé que non pensan como eles ou a traballadores inmigrantes ecuatorianos.
                  ETA,es historia como grupo da resistencia vasca !!! Agora estorbas ó pobo vasco e ós seus lexítimos anhelos de autodeterminación.
                  Desaparece Xa !!!

                  Majorinus #53 8/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Este também é da classe de gente que por aqui entende e justifica a ETA. Também fala da hipocrisia da sociedade, e todas essas cousas tão esclarecidas:

                  http://minhanoticia.ig.com.br/...

                  Pelos vistos, a hipocrisia social é uma boa escusa para sacar a passear a tua personalidade psicopata, sádica ou neo-nazista.

                  Celso #54 8/Marzo/2008 Celso
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Summertime #45: Em Euskadi a espiral acção-reacção entre o Estado Español e a ETA começou há muito tempo. De facto, em Euskadi nunca acabou a guerra civil, e portanto para o estado unitário español tampouco.

                  Eu não devo decidir sobre o grau de legitimidade que o Estado Español tem no País Basco. Que decidam os cidadãos bascos. Quanto à legitimidade da ETA, penso que no País Basco tem pouquíssima, cada vez menos. Mas a ETA NUNCA vai ser desmontada policialmente.

                  A diferença é que a legitimidade dum estado (dizem as Regras do Jogo ;-) ) deve decidir-se democraticamente (que é o que España não permite), e a duma banda armada não.

                  Mas aos partidos españóis dominantes não lhes interessa nada disto, só querem ocupar quanto mais Estado melhor.

                  Maximilien #55 8/Marzo/2008 Maximilien
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  ¡Ay, Majorinus! ¡Qué gusto da leerte! Qué gusto leer a un señor que escribe en galego-portugués y que sabe ir a poner el dedo en la llaga: los "plumas finas" o "gallináceos" a que te refieres no son sólo unos cobardes, son además unos pseudointelectuales a los que no los lee ni la madre que los parió. Pero saben vender libros... no a la ciudadanía, claro, sino a la Xunta y a las empresas de reciclaje de papel. Un abrazo.

                  sozinho #56 8/Marzo/2008 sozinho
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  EB-IU rompeu o pacto de goberno. Como non era xa un escándalo que apoiasen así á lista máis votada, cando todos saben os motivos de se-la lista máis votada? Iso é peor que apoiar ao PP en Galicia. Do outro lado estaba un pluralismo demócrata, con PNV, Aralar, PSE, PP... que foi marxinado. Non quero dicir que EB-IU non sexa demócrata, pero agora terá que demostralo censurando este pacto e esixindo demisións se fai falta, que a responsabilidade non só corresponde aos maioritarios.

                  sozinho #57 8/Marzo/2008 sozinho
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Celso, ningún país decide a súa segregación democraticamente. É unha petición, por definición, anticonstitucional, polo que precisa a maioría de 2/3 da cámara, o que suporía que só se pode separar a parte máis grande do Estado, o cal non se corresponde a Euskadi, co tamaño de Ourense e unha poboación coma a galega. Ademais, as fronteiras non impiden fuxir das propias miserias nin das transnacionais. Conclusión: federación.

                  Fer #58 8/Marzo/2008 Fer
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Sozinho, essa afirmaçom pro-federal tem tanto senso como afirmares que um governo só pode governar sobre umha percentagem do território em funçom direita dos votos que levou. Assim os governos espanhois, que normalmente tenhem entre um 35% e um 40% só poderiam governar sobre esse tanto percento do território.
                  Obrigado Majorinus (em #53) por ratificares o que digo num ponto de #49: Só reflexionar sobre a superficialidade da "condena" é nesta sociedade um síntoma de enfermidade mental, pecado, aliás crime. Nom?

                  Celso #59 8/Marzo/2008 Celso
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Sozinho #56: Se o direito à segregação está reconhecido, esta é democrática, claro. Olha para o Quebeque. Claro que no Reino a autodeterminação é anticonstitucional, mas é que a falta de reconhecimento do direito à autodeterminação é antidemocrática.

                  E agora o Tamanho é o que importa? Como se se querem autodeterminar a província de Málaga ou a comarca do Salnês.

                  Cada povo decide o seu destino, isto é: cada conjunto de cidadãos que convive num território deve pseudo-decidir as formas da sua miséria. Se se querem federar também, é questão e problema deles, não decisão da tua ou da minha opinião. E para federar-se há que ser soberanos antes.

                  Maximilien #60 8/Marzo/2008 Maximilien
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Celso: no en el Reino, sino en el REINO DE ESTE MUNDO, que se llama Planeta Tierra. La autodeterminación se inventó para descolonizar a los pueblos africanos, no para otra cosa.
                  Vamos a lo que importa: el atentado. Es francamente maquiavélico, porque el PSOE ya iba a ganar por gran diferencia. Ahora, lo que ETA ha conseguido es que la extrema derecha pueda volver a decir lo mismo que hace cuatro años: que la victoria de ZP depende de un atentado.
                  El resto, es para marginales, básicamente, que hacen política en los pubs: por cierto, los pueden disfrazar como les salga de los cataplines, pero son de estética y tradición inglesa, nada que ver con las tabernas de aquí.
                  Para que reflexionéis: los "obreros" a los que os empeñáis en "defender" votan Psoe. Psoe.Psoe. Y no están la mitad de alienados que vosotros, que no representáis a nadie.

                  vaites #61 8/Marzo/2008 vaites
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Ay Majorinus! estaba eu pensando como dicirche... e non daba atopado a maneira e mira ti por onde que veu Maximilien na minha ajuda.
                  Volvendo ao teu colexio acórdate daquelo de, mira con quién te ajuntas y te diré quién eres. Triste realidade que nos persegue dende o berce por moito que digas: yo no fui.
                  É mágoa que a CIDADANÍA non guste dos plumas finas e si das salsas rosas e outros púlpitos máis sisudos e máis morados, mais iso non fala mal dos plumas senón da educación da cidadanía.
                  Así nos vai: teu pau, minha vareada.

                  Majorinus #62 8/Marzo/2008 Majorinus
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Vamos ver, por partes...

                  Fer: reflexionar sobre a superficialidade da condena não é pecado. Isso também o faço eu. Quem estou criticando aqui é esse independentismo e pseudo-radicalismo galego que, no fundo, gosta (sim, gosta, desfruta, goza) com a violência e tem a ETA num pedestal, mas que como não tem coragem para dizer publicamente o que dizem nos seus cenáculos («sim, a mim parece-me muito bem o que fez a ETA, porque o tipo era um fascista que merecia dous tiros na cabeça»), então fazem o exercício hipócrita de dizerem que «Zapatero tem a sua parte de responsabilidade», «o Estado também contribuiu a isto»... Não são as mesmas frases que dizem em público os que em privado se descojonan quando a ETA mata um «fascista»?

                  Pois isso é o que estou comparando em #53. E olho, que ao melhor reflicto sobre as «unanimidades» dos «demócratas incluyentes» como qualquer um dos presentes. ;) Mas estar num grupo para dizermo-nos que maus são os outros, não me parece de utilidade. Aliás, as melhores escusas são as verdadeiras, e talvez suceda que gente como Rosa Díez (por exemplo) dê escusas a alguns que, no fundo, o que desejavam era que alguém lhes desse uma escusa. Não che parece?


                  Vaites:

                  A mim que me apoie Maximilien, pois dá-che-me igual. Ele tem as suas ideias, e eu tenho as minhas, e não tenho medo a que se confundam. Se o que queres, como me parece, é desqualificar-me dando a entender que a minha postura me converte num Jiménez Losantos, adiante. No problem. No fundo estarias a fazer de maneira semelhante a como Aznar reduzia o PNV e a ETA à mesma cousa: dicen lo mismo sobre la autodeterminación; luego son lo mismo. E se fosse assim, eu poderia dizer-che: mira con la lógica de quién se ajunta la tuya, y te diré qué lógica tienes. Realidade (triste ou não) que talvez nos persiga por muito que digamos «yo no fui».

                  Mas como vejo que ofende o dos plumas finas, aclaro, não vaia ser que se me enfade o pessoal, que por «pluma fina» estou a falar de determinados oradores do marxismo de manual que logo depois de cousas como estas explicarão (mais claramente nos seus cenáculos tarasquiles e avanteriles, mais dissimuladamente para fora), com calma escolástica e episcopal, que por causa da existência objectiva dos universais e outras histórias de grande abstracção incorpórea, o autêntico responsável da morte de Isaías Carrasco são Zapatero e o capital, e não os dos etarras que o esperaram na sua casa, que são na realidade executores involuntários de uma acção infelizmente necessária, e dos quais portanto devemos ter lástima mais que outra cousa (pobrinhos, verem-se obrigados a ter que matar um homem porque o estado repressor não lhes deixa outra saída que expressarem assim a sua raiva, bla bla bla, ai que pobrinhos, que pena me vão dar quando os detenham). É por detrás destes raciocínios que estão boa parte dessas frases tipo «o que condeno é a hipocrisia da sociedade e do estado espanhol» ou «lamentamo-lo mas de nada serve condenar», e bla bla bla... E é por detrás desses raciocínios também que estão muitos anómicos emocionais (ou dito mais claramente, muito filho da mãe), que são depois o «quadros políticos» idóneos para levarem a cabo ou justificarem um programa fascista. E filosofia escolástica, como a que demonstrava que num lugar podes estar mas não estar, que a essência dum gato é idêntica à duma rã mas distinta à doutro gato em função de não sei que... Entretenimentos discursivos de plumas finas, enfim, que denotam a confusão da vida com uma atalaia ou um púlpito.

                  O Maximilien deve falar doutra cousa; deve entender que os «plumas finas» são todos aqueles que escrevem em galego. Nisso temos pontos de vista diferentes, ainda que talvez fosse interessante reparar nalgumas das cousas que diria se quisesse desenvolver os seus pontos de vista, quem sabe.

                  Quanto à cidadania, lamento que tenhas uma ideia tão uniforme dela. A quota de «share» de Salsa Rosa não deve alcançar nem a metade da população, e tanto entre aqueles que que vêem este programa como entre os que não, existe diversidade mais que suficiente como para que andem a paus, e inclusive difiram em temas nacionais. E até entre os espectadores de Salsa Rosa há quem é capaz de distinguir mais cousas das que pensamos (e não estou a pretender ser populista-democrático-incluyente).

                  micsha #63 8/Marzo/2008 micsha
                  [Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

                  Vieiros todavía no ha dicho: ETA asesina a... No lo va a decir. Entre otras cosas, por eso sigue existiendo ETA. "Otras cosas" sería, por ejemplo, toda esa patulea de sesudos comentaristas que aquí me anteceden que derrochan tanta locuacidad simplemente porque s