Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisas dos axentes forestais

Medio Ambiente contabilizou 592 ataques de lobo entre 2006 e 2007

A consellaría emprega este rexistro para determinar se a poboación de cánidos aumenta ou diminúe malia que os expertos consideran que este mecanismo pouco fiábel.

Redacción - 10:40 03/02/2008
En Galiza hai arredor de medio milleiro de lobos

En Galiza hai arredor de medio milleiro de lobos

Segundo os datos publicados esta semana no DOG, a Consellaría de Medio Ambiente contabilizou 592 ataques de lobo ao gando galego, entre o 1 de outubro de 2006 e o 30 de setembro de 2007.

Lalín (Deza), con 21 sucesos; Cerceda (Ordes), con 16; A Lama (Pontevedra), con 15; e Xermade (A Terra Chá), con 14, son os catro concellos onde se certificaron máis casos.

A consellaría utiliza este rexistro, elaborado na maioría dos casos por membros da Garda Civil -que ademais son os que avalan que o ataque foi de lobo e non de can asilvestrado, entre outras cousas-, para determinar se o número de exemplares de lobo en Galiza aumenta ou diminúe.

Porén, os biólogos e demais expertos naturistas consideran que este mecanismo é pouco fiábel á hora de estabelecer un censo real.

Dende 2006 o número de avisos de ataques de lobo aumentou, coincidindo coa inclusión do gando equino dentro das axudas da Xunta. Até daquelas o número superaba lixeiramente o 50% das actuais.


1/5 (2 votos)

Comentarios (2)

Jatopardo #1 4/Febreiro/2008 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falando en cartos, ¿estes 592 ataques a ovellas, cabalos e vacas cal é o seu valor de mercado?, ¿200.000 euros? iso gástanno un par de conselleiros entre teléfono, dietas e custos de transporte.

Por se non o saben, o lobo tamén come. E xógase a vida en cada ataque, non como os nósos "valerosos" cazadores de escopeta que o fan por pracer e sen arriscar nada e enriba en moitas ocasións deixan os cartuchos tirandos no monte. Porque porcos, o que é porcos, algúns son bastante, con todo o meu respecto para os porcos.

Case non hai coellos, o corzo non existe en media Galicia, perdices hai catro o día que as repoboan os propios cazadores que ao día seguinte vannas cazar. Normal que o lobo coma o único que ten, algúns xabaríns e reses que viven no monte, e polo tanto forman parte de medio natural para o bo e para o malo.

O que me parece que hai detrás de toda esta polémica do lobo, non é un grande custo económico para as arcas públicas, porque estamos falando do chocolate do loro. Senón das ansias dos escopeteiros de engadir unha nova especie animal ao seu habano de especies cazables.

Tino #2 4/Febreiro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moitos deses "ataques,, non son provocados por lobos senón por mandas de cans asilvestrados q hai centos, e mesmo os donos do gando atacado din q foi o lobo sen ve-lo, pq así poden cobrar as axudas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: