Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
MALESTAR OFICIAL

O Vaticano non acepta ao embaixador arxentino

O Goberno da Arxentina explicou que Alberto Iribarne "é unha persoa exemplar" e considerou que non debe ser condenado" por estar divorciado. Aínda non aceptan a súa postulación como representante na Santa Sé.

Débora Campos - 20:51 29/01/2008
Alberto Iribarne

Alberto Iribarne

Aínda que a Arxentina fixo en decembro o pedido formal para que Alberto Iribarne asuma como embaixador arxentino ante o Vaticano, a sede relixiosa parece negarse a outorgarlle o permiso a un divorciado, polo menos así o confirmaron fontes diplomáticas de Roma e do Goberno do país austral. Ante o feito, o ministro de Exteriores Jorge Taiana elevou un informe onde nomea a embaixadores doutros países (México, Cuba e Suíza, entre outros) que tamén están divorciados ou separados da súa primeira esposa e, con todo, son representantes fronte ao Papa.

Esta semana, houbo na Arxentina varias versións que indicaban que o candidato (que fora ministro de Xustiza) fora directamente rexeitado polo Vaticano. O ministro de Xustiza e Seguridade, Aníbal Fernández, considerou en declaracións á prensa que Iribarne "é unha persoa exemplar" e cuestionou que "teña que ser condenado" porque "non lle foi ben no matrimonio".

Outros divorciados si

Aínda que o Vaticano se resiste a aceptar como embaixador a Iribarne pola súa condición de divorciado, a Santa Sé non tivo reparos en elevar nada menos que ao cargo de canónico honorario da catedral de San Juan de Letrán, sede do Papa bispo de Roma, ao presidente francés Nicolás Sarkozy, divorciado dúas veces e agora en todos os medios de prensa polo seu romance coa cantante e ex modelo Carla Bruni.

O presidente galo recibiu o nomeamento durante a súa recente visita a Roma, que incluíu un encontro moi cordial co Papa Benedito XVI, segundo informou o xornal arxentino Clarín. O cargo canónico que recibiu Sarkozy é unha tradición histórica reservada ao presidente de Francia, aínda que Jacques Chirac e Francois Miterrand nunca foron a Roma para recibir nomeamento.


5/5 (3 votos)


Comentarios (6)

Pedrel #1 31/Xaneiro/2008 Pedrel

O Dereito Canónigo acepta a separación. Se fose divorciado, eso non é inconvenente. Mais a igrexa conservadora e fundamentalista esixe que non conviva, máis logo, con ningunha muller.
Haberá outras pegas.
Mais é necesario que estas novas se coñezan porque o Vaticano non comenta nin difunde estes temas. Ben pola nota de Vieiros Bos Aires.

ecoe #2 6/Febreiro/2008 ecoe

Desde cando un €stado pode impór a outro a condición civil de un €mbaixador?

Gaviotero #3 6/Febreiro/2008 Gaviotero

También es que tienen un ojo estos argentinos...

lunet #4 6/Febreiro/2008 lunet

Ós administradores de Vieiros:

Comecei fai varios anos lendo as novas neste sitio web, pero dende fai ben de tempo deixei de ler as novas para, simplemente, buscar comentarios deste carismático e entrañable usuario que é Gaviotero. Os seus comentarios animanme o dia e danme forzas para vivir.

Por favor, señores administradores de Vieiros, xa vai sendo hora de que a tan distinguido usuario denlle un premio a mellor animador sociocultural da páxina, levantenlle unha estatua, dediquenlle unha placa...

Sinceiramente..., mereceo, por incombustible.

Long Live Gaviotero¡¡¡¡ Gaviotero for president¡¡¡

P.D.: Eu non quero ser feliz, quero ser Gaviotero¡¡¡

trapalleiro #5 7/Febreiro/2008 trapalleiro

pois a trepa de Letizia tamén é divorciada, a que está liando zp..

que vaian o carallo os papaconas eses, se estivesen máis atentos os reprimidos sexuais que atestan as hordas da súa secta e non a mirar os cús dos demáis menos dano lle farían a este mundo.

lunet #6 7/Febreiro/2008 lunet

NON ALIMENTEDES ÓS TROLLS¡¡¡

A tódolos que responden a Gaviotero, leede esta ligazón:

http://brenlla.blogaliza.org/n...

Ós administradores:
Esta mensaxe non é un insulto, troll é unha definición dunha conducta estudada de certos usuarios na Internet. Non estaría de máis que os administradores estudarán estas conductas para evitalas ó igual que os insultos, xa que ambas prácticas perxudicannos a tod@s.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: