O ministro canadense de Asuntos Exteriores afirma que os incluíron "por erro".
Presos na base estadounidense de Guantánamo
O goberno de Canadá retirou a Estados Unidos e a Israel dunha lista de países onde os prisioneiros corren o risco de seren torturados, logo de recibir presións de funcionarios estadounidenses e israelís.
Porén, o ministro canadense de Asuntos Exteriores afirmou que EUA e Israel foran incluídos na lista "por erro". A lista tamén incluía a Siria, China, Irán e Afganistán.
O documento orixinal mencionaba a prisión estadounidense na baía de Guantánamo (Cuba), e incluía unha lista de técnicas de interrogatorio como "obrigarlles aos prisioneiros a se espiren, illalos e privalos do sono".
Amnistía Internacional Canadá amosou a súa "decepción" ante a acción do goberno canadense. A súa secretaria xeral, Alex Neve, dixo afirmou que "cando se trata dun tema como a tortura, a principal preocupación do goberno non debería ser se avergoña os seus aliados".
Lóxico. Canadá elimínaos porque se une a eles. Non hai máis que ver o vídeo dos policías canadenses cargándose a un polaco no aeroporto de Vancouver cunha pistola eléctrica taser.
Qué dis, ho! Si son paises cerne da Democrazia Radikal.
USA non tortura (fáino en Cuba, na parte mangada) e U$$ra€l tampouco (faino en Palestina) dentro do seu territorio oficial.
Nin siquiera. Ata teñen máis de 250 xovenes MENORES condeas a cadeia perpetua, só en California (o centro dos ianquis guais), sin contar a totalidade!