Porque outro deporte é posíbel, a billarda esténdese por Galiza a altas velocidades.
O escudo dos Palanganas
Na quinta feira confirmabamos a histórica noticia do nacemento da Conferencia Sur da LNB, mais agora podemos dicir que xa está a funcionar o seu blog para coordinar os movementos de todos os palanadores e palanadoras famentos de billarda do Sur da Galiza. Podedes entrar: http://lnb-sur.blogspot.com/.
Ademais, de paso, vai o logo do primeiro equipo de LNB de Vigo, os históricos Palanganas, formados hai catro anos en Vigo, que se desprazaban até a Mariña para disputar o, naquela altura, circuíto de torneos LNB, xermolo da actual Superliga Galega de Billarda.
A día de hoxe, segundo contan dende O Varal, "os Palanganas permanecen aletargados por mor dos compromisos laborais dos seus compoñentes pero ogallá se poidan incorporar á acabada de nacer alumada Conferencia Sur da LNB para apoiar, como sempre fixeron, a revolución billardeira que invade Galiza enteira".
Porque outro deporte é posíbel... Adiante Conferencia Sur da LNB!!!
Aínda non comezemos os adestramentos, pero agardamos poder participar na Conferencia Sur para darlle emoción á Liga Nacional de Billarda.
Desexamos que algún dos nosos palanadores ou palanadoras poida vestir algún día a camisola da nosa Selección Nacional (a Auténtica).
Saúde e Billarda!
De seguro que a forza indomábel dos palandores e palandoras dos Palanganas e da Confererencia Sur quedará reflexada nas futuras embestidas internacionais da Auténtica!!
Forza Conferencia Sur, forza LNB!!
VIVAN AS/OS PALANGANAS!!! Son @s mellores!! Eu quero unha camisola desas xa!!
E viva o auténtico deporte nacional! Non ao fútbol! Oxalá algún día haxa un partido do Celta contra o Depor e atopen o estadio baleiro porque a xente estea a ver unha final de billarda!! Oxalá...
Biquiños para tod@s @s seguidores/as da LNB!!!