Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SÁBADO 26 NA IGUANA, VIGO

The Blows inauguran o seu ano

A banda viguesa, formada por catro mozos de vinte anos, publica o seu primeiro disco, Upskirts, unha das sorpresas do ano.

Redacción - 12:45 26/01/2008

The Blows soan familiares. Nas súas cancións están The Strokes, Franz Ferdinand e mesmo Mendetz ou !!! nalgún dos cortes do seu novo álbum. Tamén parecen algo xa visto na súa estética. Pero no fondo Vigo non é tan distinta a Glasgow e Galiza ten moito que ver con Escocia. Daquela, que importa? Upskirts, o primeiro álbum de The Blows, soa fresco, alegre e potente, e aquí tamén temos dereito a bailar.

Estes catro rapaces vigueses de vinte anos (Roy Basanta, Bruno Mosquera, Alex Lago e Alex Penido) foron unha das revelacións do 2007. Actuaron no Festival do Norte de Vilagarcía, e mesmo foron convidados a Paredes de Coura. En setembro actuaron no 2º Festival Cáceres Pop-Art, onde recibiron o premio ao mellor grupo powerpop do Estado. Agora aquela maqueta que levaba meses soando convértese nun álbum producido de forma axeitada e que Pupilo records distribuirá por toda España. Con cancións como Sin City Lies, Two Minutes, Damn 80´s Hooker, Disco, 107 dB, Do You Like My Boots,HUH? ou We Want You, Upskirts pode converterse nun dos álbumes que máis peguen no 2008 en todo o Estado.

O álbum está dispoñíbel dende o martes 22 e este sábado será presentado na Iguana, en Vigo. The Blows volven a casa.


5/5 (2 votos)


Comentarios (3)

Telleiro #1 26/Xaneiro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se entendo:estes rapaces,galegos,graban un disco de cancións
en inglés,publicítano en castelán-'Upskirts'ya a la venta-,e vai Vieiros e dalles cobertura informativa,con opción de os escoitar e todo.
Ou andan vostedes medio estremuñados ou é cousa miña,mais algo non
me cadra.

macgiver #2 27/Xaneiro/2008 macgiver
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Machiño...¿Por qué los galleguistas del calibre de telleiro son los más racistas de este país? ¿Qué más da que canten en inglés, que publiciten su cartel en galego y tengan un banner en castellano? Cuanta ignorancia..

Colazo #3 28/Xaneiro/2008 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#2 referiraste aos que van de galeguistas como Feijóo? http://br.youtube.com/watch?v=...
Teño que ouvir o novo disco, até o momento cadráronme velos 2 veces de teloneiros e parécenme uns fusiladores descarados(guitarras, voz), sobor de todo de The Strokes. Igual Vieiros non tiña outro grupo do que falar.
Nadadora, Deluxe ou Triángulo de Amor Bizarro, cantan en castelán e góstanme, a pesares do meu nacionalismo radical de estrema esquerda...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: