Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDEN QUE O MINISTERIO PÚBLICO INVESTIGUE O SUCEDIDO

Os helicópteros que saíron á busca dos náufragos do 'Cordero' tiñan as cámaras térmicas avariadas

Segundo a CIG, as aeronaves teñen este sistema inoperativo dende que as mercou a Xunta en 2005.

Redacción - 19:06 16/01/2008

Os helicópteros Pesca 1 e 2 da Xunta de Galicia saíron, segundo denuncia a CIG-Mar, á busca dos náufragos do Cordero coas cámaras térmicas de última xeración inutilizadas. O sindicalista Xabier Aboi afirma ter constancia de que as aeronaves mercadas en 2005 traían estes dispositivos que por razóns técnicas, inexplicablemente, nunca chegaron a funcionar. As cámaras que traen incorporadas os helicópteros teñen un coste de 60 mil euros.

Mais a CIG-Mar tamén denuncia mentiras na versión oficial do Ministerio de Fomento. Segundo Aboi, a radiobaliza do barco saltou á 1.10 horas da madrugada, 68 minutos antes da versión oficial. Dende ese momento, e polo temor a que se tratase dunha falsa alarma, dedicouse o tempo restante a tratar de averiguar a veracidade do SOS.

Xabier Aboi lembrou que as competencias en Salvamento Marítimo son do Ministerio de Fomento e das capitanías marítimas: “desde a CIG reclamamos que se traslade aquí esta competencia para poder abordar este tema desde a nosa realidade”. A CIG-Mar tamén esixe que a fiscalía actúe de oficio e investigue todas as circunstancias que rodean o suceso.


5/5 (9 votos)


Comentarios (9)

Yoda #1 16/Xaneiro/2008 Yoda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E de isto que di Vieiros?

GALICIA.-Naufragio.-El PSOE llama "ignorante" a la CIG que acusó a Fomento de "falsear" datos por no diferenciar hora local y UTC

PONTEVEDRA, 16 Ene. (EUROPA PRESS) -


El diputado del PSdeG-PSOE Ceferino Díaz calificó de "ignorante e irresponsable" al secretario general de CIG-Mar, Xabier Aboi, después de que denunciase la existencia de "desfases horarios" y acusase al Ministerio de Fomento de "falsear datos" sobre el naufragio del 'Cordero'.

Díaz recriminó a Aboi que "desconociese" la diferencia entre hora local y de Tiempo Universal Coordinado (UTC), a la que se refiere como "la reflejada en el cronograma sobre la activación de los medios de rescate".

El diputado socialista recordó que los datos aportados por la Secretaría General de Transportes sobre la hora en la que se activó la radiobaliza del pesquero correspondían al horario oficial español, que es diferente del UTC, por el que se rigen las actividades marítimas.

Por estos motivos, Ceferino Díaz aconsejó al dirigente sindical "que se informe" antes de hacer afirmaciones que calificó de "temerarias y falsas" y consideró que "no son propias de alguien que dice representar a los trabajadores del mar".

El diputado socialista acusó a Aboi de "agitar los ánimos en vez de hacer pedagogía y promover el uso de los instrumentos que pueden mejorar la seguridad". En ese sentido, pidió al dirigente de CIG-Mar "que respete a las víctimas del accidente y a sus familiares", ante el "doloroso momento" que atraviesan.

Por último, Díaz hizo un llamamiento a la CIG para "que deje de agitar las aguas de Galicia", mientras la investigación oficial emprendida por el Ministerio de Fomento no determina las causas y responsabilidades del siniestro. También le pidió que "arrime el hombro" para trabajar por la seguridad en el mar "en vez de hace afirmaciones falsas y gratuitas".

Yoda #2 16/Xaneiro/2008 Yoda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tanto a CIG como o BNG están dando un espectáculo lamentable. Co cadáver do mariñeiro aínda quente e cos corpos doutros mariñeiros desaparecidos saen a pedir comparecencias parlamentarias, facer denuncias faltando á verdade, etc

Nestos momentos o que toca é apoiar ás familias, ter un pouco de respeto e gardar o oportuno silencio en días tan tristes. E por favor, fóra demagoxia e máis sensibilidade coas familias dos mariñeiros desaparecidos, que o queren é saber dos seus seres queridos.

Brais #3 17/Xaneiro/2008 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Yoda, as cámars térmicas funcionaban? Se é metira leva a Aboi ao xulgado

maceirax #4 17/Xaneiro/2008 maceirax
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Yoda, tanto como que faltan a verdade... cando o responsábel de zona de Salvamento Marítimo recoñeceu que o operativo de guía aérea se dificultou por mor de avarías nos aparellos (quererá iso dicir que houbo avarías?) e xustificou a tardanza (quererá iso dicir que houbo tardanza?) pois a CIG non vai mal encamiñada, digo eu.
As declaracións do PSOE contra a segunda central sindical de Galiza están saídas de ton e son inaceptábeis. O feito de que as eleccións se veñan enriba non significa que sexan intocábeis pase o que pase. A ver se van acabar como uns que sei eu.

ulo #5 17/Xaneiro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixemos a campaña electoral. O problema esta en que o armador deu a orde de sair o mar o luns de madrugada, cando anunciaran un temporal para o martes...
Este é o problema, que os armadores fan o que lles peta.
Cando unha estrada esta chea de neve a pechan, e punto. E os camions, por moi urxentes que sexa, quedan no camiño. E a empresa pode pórse como queira, Trafico non deixa pasar.
Pois aquí ten que facerse o mesmo. Se ha temporal, os portos se pechan, e os armadores que fagan o que queiran.
A Xunta ten que garantir aos mariñeiros os ingresos nestos casos.
E Touriño xa se manifestou en contra, non se lle pode pór limites a decisión dos armadores.
COMO QUE NON. POR DECRETO E PUNTO.

Anxo #6 17/Xaneiro/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Encantanme estos dos sindicatos, así que pasa unha desgracia xa sabían eles de todo, pois digo eu que se sabían que dende 2005 non funcionaban as cámaras térmicas, que o denunciasen antes e non agora cando xa hai persoas mortas, ou é que estaban a esperar a ocasión precisa para denuncialo e porse unha medalliña a costa dos mortos?
Por outra parte dicir que as estradas non se cortan por mal tempo as estradas se cortan, cando por causas meteoroloxicas estan intransitables por inundación, neve, desprendementos, a DXT non prohíbe, recomenda non circular, de feito temos visto imaxes de vehículos atrapados na neve, ao igual que no mar non se pode prohibir senón recomendar, e a decisión de sair ao mar a teñen os armadores e os patróns. O gobernos ou os organismos nunca deben prohíbir senón recomendar é os responsables nunca serán eses organismos senón os donos da embarcación.
A Xunta xa ten un seguro para que en caso de amarre da frota poidan cobrar un 75% do que gañarían, pero os armadores non o fan ao igual que non fan cumprir as normas de seguridade nas embarcacións ou carecen de elas. Cada quen que leve a sua culpa.

manual #7 17/Xaneiro/2008 manual
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que a CIG-Mar leva anos protestando pola situación do Salvamento Marítimo non o ouviu quen non o quixo ouvir. E fai moi ben en protestar agora, cando a xente prestará máis atención á súa mensaxe e hai máis posibilidades de presionar e que se tomen medidas, porque parece que hai quen se acorda só de Santa Bárbara cando trona.

Que o PSOE se envolva nos mortos para evitar o debate público sobre os erros cometidos si que me parece indigno. Neste caso, é evidente que non só a responsabilidade é do Estado, mais o Estado podía ter contribuído para minimizar o desastre e non o fixo.

O comentario #6, dicindo que non se pode "prohibir senón recomendar" paréceme fóra da realidade.

ulo #8 17/Xaneiro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o comentario 6. Como que non prohiben: cantas veces PECHAN o porto de Manzanal, ou Pajares, ou San Clodio (por dicer os que soan). Son pechados... e a Garda Civil non "recomenda", senon que para atodo dios, comezando polos camions e os mete no arcen.
Porque este é o problema... deciden os armadores/empresarios... moi ben, é os que se deixan a pel no mar, qué din?
Teño a sensacion que os indonesios mortos non teñen moita opinion no tema.
Por iso, é falaz falar de que deciden os empresarios... Para o empresario todos os días son bos, el non se xoga nada, como non sexa o barco (e para iso xa esta o seguro).
Se a Xunta e o goberno non regulan a patronal isto é a lei da selva, porque a patronal (sexa do mar, da construccion o do sexa, importalle pouco a vida dos traballadores, vai a Indonesia ou Peru e trae máis).
Pero a Xunta prefire falar en nome dos armadores que en nome dos traballadore; é a Xunta dos armadores.
Por iso, Touriño din que non se pode regular, porque os armadores non queren ser "regulados".
Así, deixemos as demagoxias e as chamadas a "fatalidade". Non hai fatalidade, hai "terrorismo patronal".

Anxo #9 18/Xaneiro/2008 Anxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con todos os meus repectos Manual, cada un fai coas suas propiedades o que quere tanto co coche ou co barco e non se prohibe se recomenda as prohibicións son doutra época que non añoramos. Por certo se CIG-MAR sabía o das cámaras térmicas e quería que lle fixesen caso o único que tiña que facer e denuncialo no xulgado, non ven a conto facelo agora para porse medallas cos mortos, que é o que estan a facer como fan sempre os sindicatos así que hai mortos xa saen correndo a dicir que xa sabían eles que se incumprian normas o faltaba tal cousa, sinxelamente é para quitarse a responsabilidade de enriba, dicindo nos lavámonos as máns, xa o dixemos pero ninguén nos fixo caso, se alguén incumpre as normas ou a ley a sua obriga e denuncialo no nos medios de comunicación senón no xulgado.
Ulo como xa dixen os portos se PECHAN cando non se pode circular ao estar atrancadas as estradas non é que as peche a Garda Civil senón que xa estan atrancadas pola neve, desprendementos ou auga e é imposible circular. A Garda Civil o único que pode facer en caso de no estar pechado é obrigarte a usar os medios axeitados como as cadeas, e os camións teñen restriccións para circular, tanto nas fins de semana, no período de vacacións, como en circunstancias meteoroloxicas adversas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: