Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pode provocar un descenso no emprego

A construción de vivendas caeu un 20% en 2007

Os promotores temen que esta porcentaxe se incremente en 2008 até o 30 ou 40%.

Redacción - 19:07 15/01/2008

O presidente da Asociación Provincial de Promotores da Construción de Lugo, David Vilela, fixo público o seu cálculo no que se desvelaba que o sector da construción en Galiza diminuíu nun 20 por cento durante o 2007. Segundo os seus cálculos, esta redución será maior durante 2008, podendo chegar a alcanzar un 30 ou un 40 por cento de descenso.

O promotor advertiu de que está a notarse a desaceleración no sector e que está sendo “máis violenta do que agardaba”. Asegurou que en tan só seis meses “cambiou totalmente o panorama da promoción inmobiliaria”. Entre as consecuencias derivadas deste dato, Vilela advertiu de que esta situación provocará cambios no emprego, xa que o da construción é uno dos que máis traballo crea.


0/5 (0 votos)

Comentarios (2)

lura #1 16/Xaneiro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E canto máis tarde en baixar, a crisis vai a ser peor. NON FAN FALLA MÁIS VIVENDAS. Compre rehabilitar e utilizar as que hai. E investir os cartos do ladrillo en formación e investigación. Auditorías as caixas xa.

xosse #2 16/Xaneiro/2008 xosse
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou totalmente dacordo con lura: mais rehabilitar e menos construir. Esa practica faise necesaria sobre todo no campo, onde se construen casas novas, moitas delas totalmente fora de lugar - son unha cagada- cando o lado hai unha casa boa de pedra caéndose a cachos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: