 
O último número da publicación, que inicia unha nova xeira, afonda nas transformacións do rural e na súa situación actual.
O sétimo número de Arraianos, promovida pola Asociación Arraianos, dirixida polo xornalista Aser Álvarez e editada por Alvarellos, publica un monográfico sobre A vida nas aldeas e as fondas transformacións -o abandono do rural- que presidiron o último cuarto de século. Neste número Arraianos conta coa colaboración de Pedro de Llano, Agusto Pérez Alberti, Marcial Gondar, Francisco Sineiro, Plácido Lizancos, Xosé Manuel Pereiro ou Anxo Angueira.
A revista fala dos caciques, das aldeas abandonadas, da Raia Seca, das perspectivas da economía rural, e mesmo dos escornabois ou dos lobos.  Conta ademais con seccións fixas de crítica literaria (Andel de libros), fotografía (Manuel Sendón, Ramón Godás) e creación (Fernández Naval, Niebro, Olga Novo, Chus Pato, Rábade Paredes, Daniel Salgado, Elvira Riveiro...).
Finalmente, inclúe un editorial, titulado Quen anda aí? que afirma "No tocante ao rural, seguimos entre a ideoloxía da maquinaria pesada e o quilovatio, a barbarie progresista, e a procura romántica do ser nacional embaixo da boina dos paisanos, do Santo Grial no rabo dunha vaca. Miseira mental e política (ou prepolítica). Populismo, clientelismo, anarco-capitalismo, simple desleixo, delincuencia pura e dura... Non hai trapallada que non atope aquí a súa patria".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto