Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XABIER DÍAZ SUBSTITÚE A GUADI GALEGO

A Berrogüetto múdalle a voz

O cantante xa colaborara co grupo en Hepta, así como nalgunha actuación en directo.

Redacción - 18:51 10/01/2008


Berrogüetto gravou con Guadi Galego os seus tres últimos álbumes: Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001) e 10.0 (2006) e agora inicia unha nova etapa con voz masculina. Xabier Díaz foi membro fundador do grupo Rumbadeira, co que editou tres traballos. Ademais, colaborou en discos de Carmen Rey (Fuera), Route (Nin canto nin tan pouco) e Berrogüetto (Hepta). Así mesmo, publicou Músicas do salitre na compaña de Guillermo Fernández.

Pola súa banda, Guadi Galego mantén neste momento dous proxectos: Nordestin@s con Ugia Pedreira e Abe Rábade e Espido xunto a Guillermo Díaz.


4,9/5 (10 votos)


Comentarios (4)

surenho #1 10/Xaneiro/2008 surenho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se bonita é a voz de Guadi Galego, tan bonita é a de xabier Díaz. Parabéns aos dous e a Berrogüeto.

kas84 #2 11/Xaneiro/2008 kas84
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pode que sexa bonita, pero o cambio de voz de muller a voz de home é un cambio drástico.

De calquera xeito, que sexa para ben e Berrogüetto nos siga deleitando ca súa música.

galeguzo #3 11/Xaneiro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xabi Díaz é um craque e tem uma voz maravilhosa. São já muitos anos e quando penso em Berrogüetto penso na voz encantadora da Guádi. Suponho que será cousa de afazer-se, o qual espero que não seja difícil, pois Díaz é garantia de qualidade. Ah, e espero que este 'peixe' não marche voando e siga fazendo o seu espaço radiofónico :)

Cachaldora #4 13/Xaneiro/2008 Cachaldora
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os grupos sempre adoitan ser míticos e inmutábeis, mais coido que no canto de Berrogüetto, o éxito, e ese aquel que non teñen moitos grupos, seguirao a manter até que decidan deixar de tocar (agarado que endexamais).
Parabéns, Berrogüetto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: