Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta unitaria

Galeuscat xuntará forzas á volta das xerais para "o recoñecemento do Estado plurinacional"

Novos azos para a coordinación de nacionalistas galegos, vascos e cataláns, que en opinión de Anxo Quintana, poderían decidir "quen é o próximo presidente do goberno español".

Redacción - 09:30 06/01/2008

"Independentemente das diferencias e intereses de cada partido, as forzas políticas de Galeuscat acudirán ás vindeiras eleccións xerais cunha proposta conxunta: a necesidade de que o Estado español recoñeza e asuma a súa realidade plurinacional". Subliñouno o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, durante a súa intervención este sábado en Rianxo, durante o acto organizado polo BNG en lembranza do 58º cabodano do pasamento de Castelao.

"A lexitimidade do novo Goberno non repousará só nunha ampla maioría parlamentaria na que Galeuscat será decisiva, senón tamén na súa capacidade para concertar as súas estratexias cos autogobernos nacionais de Cataluña, Euskadi e Galiza", dixo o líder do Bloque. De paso, e parafraseando un coñecido anuncio publicitario, afirmou Quintana que "chegou a hora de que ademais de vivir como galegos e galegas, tamén votemos como galegos".

Nese sentido, comparou a actividade dos deputados e senadores galegos de PSOE e PP, na súa opinión "entregados aos gobernos amigos de quenda na Moncloa" coa actividade dos representantes do BNG, dos que defendeu seren os que teñen "un único compromiso aquí e en Madrid: a defensa dos intereses de Galiza e a aposta polo noso autogoberno".


5/5 (5 votos)


Comentarios (6)

Erasmo #1 6/Xaneiro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será chegado o momento logo das Eleccións Xerais de RECUPERAR o Eurodiputado Perdido por andar a xogar ás Alianzas Contra-Natura?

Será cousa de volverlle a buscar un oco ó periclitado Camilo Nogueira e cambiar cromos con Ignasi Guardáns i Cambó...

Certamente sempre andivemos escasos de Alta Burguesía en Galiza !!!

Estamos fartos de ver como o Nacionalismo convertese nun pesebre onde viven a corpo de rei os que falaban de republicanismo e democracia o día antes das eleccións... e despois disque se esqueceron desas caralladas e cambian a ideoloxía polo PODER !!!

Vaites vaites... Castelao é meu...!!!


http://www.europarl.europa...
http://www.elecciones.mir.es/e...

papuxa70 #2 6/Xaneiro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia vaia outra lesma de Gabi,seica xa non che fan caso os teus colegas do Sto TOMÉ FREIXEIRO.E nós estamos fartos de que tentedes imponhe-lo castelán ti e mailos tangas,canta xenreira cara á nosa lingua.

toivonen1978 #3 6/Xaneiro/2008 toivonen1978
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Quere isto dicir que se eu voto ó BNG vai tí saber para que carallo vale o meu voto? ¿Quere dicir que, indo coa dereita, o lóxico é que pactemos coa dereita? ¿Quere dicir que si eu voto o partido nacionalista maioritario na Galiza o meu voto pode servir para poñer no goberno ó "aristócrata puentevedrés"

Eu doulle, e doulle voltas, pero non entendo un carallo. Se cadra por iso non son político porque ir ás eleccións da man dos curiñas e da burguesía catalá non me pega moito co BNG. ¿Que pensará o enriba mentado Camilo Nogueira?

ranciadas #4 6/Xaneiro/2008 ranciadas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sodes realmente inxustos e con moita falta de información. Nas eleccións europeas cando se presentou Camilo obtivéronse uns resultados moi bos, o BNG ía só pero esas eleccións coincidiron cunhas aos concellos, polo tanto era máis doado xuntar as dúas papeletas. Na segunda vez, non lembrades que Aznar coa axuda de Europa diminuiu considerabelmente os escanos correspondentes ao Estado español para botar fóra a todos os partidos nacionalistas e ficar só o PP e o PSOE. Deste xeito desapareceron varios.
Tampouco parece que recordades que a Camilo Nogueira para saír euroodeputado faltáronlle uns 200 votos e que houbo un numeroso "pucheirazo" en moitas mesas do estado onde o BNG non tiña representante (aspecto que o BNG tería que mirar que para iso ten unha agrupación na emigración) e con toda unha serie de impugnacións do PP quitoulle o escano a Camilo e ao BNG.
Nestas vindeiras eleccións europeas, a Unión Europea decidiu aumentar os escanos (creo que até 50) do estado español, co que por certo o BNG ten moitas posibilidades de volver obtelo.
Sobre as alianzas, como é? debería ir só? A min no me parece mal que vaia co PNV, CiU gústame menos, pero se miramos as alianzas do resto, son de tremer como ERC con partidos nazis asturianos ou rexionalistas rioxanos que nin existen. Se cadra sería co Partido Andalucista? Mirade un pouco á historia e con quen estaba aliado o nacionalismo galego da República.

Gaviotero #5 7/Xaneiro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Total, para que luego cada uno vaya por su lado en las reprobaciones, etc. Al final, cada uno irá a lo suyo, que es de lo que se trata. Y con la esperada caída de los nacionalismos tras las próximas generales, lógica cuando se da una mayor igualdad entre los partidos mayoritarios, los nacionalismos van a tener muy poco que decir. Probablemente nada.

PD: Que los del BNG se dejen del cuento de la lechera, no les vaya a suceder como en el Parlamento Europeo, cuando el jubilado Nogueira ya andaba contándonos lo que iba a hacer y se quedó jugando al parchís en su casa...

charino #6 7/Xaneiro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se o BNG insiste en ir con PNV e CIU, en vez de con ERC e EA que vaia. Eu por iso non os votei daquela e se repiten tampouco os volverei a votar desta. Eu, e penso que moitos coma min, non votamos a ninguén que desde Europa apoie políticas de dereitas, sexan chamados nacionalistas ou non.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: