Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL

Galiza non se vende?

Máis de sesenta colectivos veciñais e ecoloxistas veñen de unirse para pedirlle ao Goberno cambios nas políticas medioambientais.

Redacción - 10:06 20/11/2007
Tags:

O último plano acuícola, a Lei da Minaría ou a xestión urbanística son algúns dos puntos de fricción entre Xunta e colectivos. Dous anos despois do cambio de Goberno, comezan a erguerse voces moi críticas. Segundo a plataforma 'Galiza non se vende', é preciso que o executivo artelle mecanismos para que a cidadanía poida ter máis voz e rematar así coas políticas “continuistas” do PPdeG. E ti que opinas de todo isto?


4/5 (8 votos)


Comentarios (4)

bernaldina #1 20/Novembro/2007 bernaldina
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Galiza non se vende ... é mellor andar co taparrabos. É broma, aínda que tampouco se hai que pasar.

Unha cousa é botar merda no mar, e outra ben distinta que non se poida construir nin a un kilometro da costa.

A ver onde andan os de Nunca Máis, que xa cheira

olaia #2 25/Novembro/2007 olaia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Que manía cos de Nunca Máis! Nin que eles tiveran responsabilidade sobre todo o que se está a facer mal en canto a medioambiente!

Claro que hai que facer políticas que nos obriguen a respetar o medioambiente, porque se por nós mesmos non somos capaces de face-lo, terannnos que obrigar.

No caso de Galicia, é moi importante xa que temos unha terra fermosa, precismaente pola súa natureza, que está a perder a súa beleza por mor dos intereses económicos duns poucos.

Tódolos cidadáns deberiamos estar nesa plataforma "Galiza non se vende", xa que o que eles defenden é o futuro da nosa terra, pero tamén de todos nós.

Tarelo #3 27/Novembro/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Comparto a opinión de Galicia Non se vende, é máis, vou máis lonxe e penso que ata onde agora non houbo unha verdadeira democrácia senón un sucedaneo, e no se día houbo que tragar o que houbo que tragar despois de tragalo todo. Eran horas de Galiza Non se Vende

botanico #4 28/Novembro/2007 botanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lembro que na última campanha eleitoral galega, o PP empregou um anúncio onde apareciam 4 mans tentando conduzir um carro, como alegoria do problema que suporia um governo bipartito.
Infelizmente, e vendo a situaçom relativa ao ambiente, podo dizer que esse anúncio era certo!
Temos umha conselharia do ambiente que segue a autoconsiderar-se umha conselharia de 2ª categoria, e temos outras conselharias (indústria, pesca, meio rural) que seguem a fazer o que fazia o PP, aínda que sempre revestido no de palavras ou expresons do tipo "sector estratégico para o país" "medidas para fazer país" e cousas demagógicas do mesmo tipo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: