"Aínda que o acordo de goberno entre PSdeG e BNG recolle acordos en áreas relativas a este tema, o Goberno non elaborou aínda un programa que os artelle", afirman.
Representantes de Amnistía Internacional (AI) reúnense este luns en Compostela co Vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, e co secretario xeral da Presidencia, Gumersindo Guinarte, para lles pedir que a Xunta elabore un Programa de Dereitos Humanos.
AI elaborou un informe con propostas para a Xunta. No documento Galicia: Un compromiso eficaz. Recomendacións de AI para un Programa de Acción de Dereitos Humanos, onde propón que este debería ser "público, estábel, concreto e eficaz".
Ademais, tería que incluír medidas sobre racismo, inmigración e trata de persoas; violencia contra as mulleres; educación en Dereitos Humanos; formación das Forzas de Seguridade; e acción exterior.
Acordo de Goberno, sen concretar
"A Xunta ten competencias en numerosas áreas que teñen un gran impacto no respecto e na promoción dos dereitos humanos en Galiza", declarou Iolanda Román, responsábel de Relacións Institucionais de AI no noso país.
"Aínda que o acordo de goberno entre o PSdeG-PSOE e o BNG para a presente lexislatura recolle acordos en áreas relativas aos dereitos humanos, o Goberno non elaborou un programa que artelle esas propostas de xeito conxunto e coherente, asegurando o seu cumprimento eficaz", explicou Román.
AI tamén lle esixirá á Xunta unha resposta clara á petición realizada en outubro para que non se adquiran nin se usen pistolas tipo Taser até que non se leve a cabo unha investigación independente sobre os seus efectos.
Derechos humanos: ¡Sí!
Declaración Universal de los Derechos humanos
2. 1. Toda persona tiene todos los derechos y libertades proclamados en esta Declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, IDIOMA, religión, OPINIÓN POLÍTICA O DE CUALQUIER OTRA ÍNDOLE, ORIGEN NACIONAL O SOCIAL, posición económica, nacimiento o cualquier otra condición.
26.3. Los padres tendrán DERECHO PREFERENTE a escoger el tipo de educación que habrá de darse a sus hijos.
30. Nada en esta Declaración podrá interpretarse en el sentido de que confiere derecho alguno al Estado, A UN GRUPO O A UNA PERSONA, para emprender y desarrollar actividades o realizar actos tendientes a la supresión de cualquiera de los derechos y libertades proclamados en esta Declaración.
É importantíssimo para a dignidade humana no mundo o trabalho que fai Amnistia Internacional;
Sem embargo, somos moitos que nom nos sentimos representados pola sua representaçóm em Espanha, particularmente porque ignoram os idiomas co-oficiais como o galego, o catalám e o basco. Para umha ONG como AI estes aspectos nom deveriam ser secundários.
Eu, em particular, estou á espera de que em AI tenham umha representaçóm galega para afiliar-me.
Espero, de coraçóm, que AI nom tarde moito em achegar-se á nossa realidade;
Cordialmente.
Completamente dacordo, lute.
Meus queridos compañeiros ou compañeiras lute e semprecelta. Se vos parece mais importante o idioma no que se traballa, estámoche bos!!. Ademais de que hai representaçóm galega de AI hai máis de 25 anos (concretamente en Lugo, Vigo, Ferrol, A Coruña e Santiago), hai unhas 2.000 persoas en Galicia que son membros da organización. Se só en Galicia houbese 50.000, AI podería dedicar máis cartos a elaborar máis materiais en galego. Por certo, que desde hai ben anos AI publica cousas en galego: materiais de campaña (carteis, folletos, etc.) e comunicados e mesmo algúns informes. O presentado á Xunta, por exemplo, está en galego...faltaría máis!!. Entra nas webs de AI ourense e lugo e verás "falar" a AI en galego. Ou visita o blog de AI Vigo http://vigoamnesty.blogspot.co...
Compañeiros lute e semprecelta: lo del idioma no deja de ser una excusa para no hacer nada. No me vengáis con hipocresías, porque si la labor de AI os importase de verdad comprenderíais que cuando alguien está siendo torturado, o a punto de ser ejecutado, o es un preso político o está a punto de desaparecer a manos de las fuerzas de un gobierno, lo que menos le importa es qué idioma hablan quienes podrían ayudarle. Y si a vosotros os importa tanto como para ponerlo por encima de la posibilidad de prestar esa ayuda, es que, además de mal informados, estáis muy alejados de la realidad.