Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

Sada retiraralle o 'bastón de mando' a Franco 63 anos despois de concederllo

En abril de 1944 o consistorio homenaxeou ao ditador coas distincións de Fillo Adoptivo e de Alcalde Honorario.

Redacción - 13:45 14/11/2007

O rexedor de Sada, o nacionalista Abel López Soto, afirma que nos vindeiros meses o executivo local vaille retirar a Francisco Franco os títulos de Fillo Adoptivo e Alcalde Honorario do municipio. Segundo lle explicou a Vieiros, no consistorio están a agardar os pormenores da Lei da Memoria Histórica para retirar as placas alusivas á ditadura que aínda quedan no concello e de paso revogar os devanditos títulos honoríficos. Cuestión que terá que ser aprobada polo pleno.

O Concello de Sada aprobou os títulos de homenaxe a Franco en abril de 1944. En 2003, o goberno daquela presidido tamén por López Soto decidiu mudar os nomes das rúas que facían referencia á ditadura. Agora o alcalde subliña que a revogación dos títulos que o ditador completará aqueles cambios.

Mais o caso de Sada non é nin moito menos o único na comarca da Coruña. Esta semana, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica solicitoulle ao Concello da Coruña que retirara simboloxía da ditadura das rúas e que revogara diferentes títulos honoríficos que a cidade lle concedeu a Franco.


5/5 (5 votos)


Comentarios (7)

galeguzo #1 14/Novembro/2007 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em 'galilgo' deve dizer-se "revogar" e "revogación".

ulo #2 14/Novembro/2007 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben polo concello de Sada. Tello e o BNG da A Coruña poderían aprender un pouco. Mais gobernan cos franquistas coruñeses, os vazquistas, que se negaron ano e ano tamen, en alianzo co PP, a facer o mesmo.
O concello de Sada podería, xa que se pon, apoiar a Marcha ao Pazo de Meirás do domingo que ven.

BonKarallan #3 14/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡Desagradecidos!!

Que vos fixo o pobre cadáver agora? Non será polo pazo de Meirás?

BonKarallan #4 14/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, xa postos na retirada da simboloxía da ditadura das rúas por que non aproveitamos para retirar a Monarquía, posta por Franquinstein?

Pareceume oir un "¡¡Por qué no te callas!!"

eugalego #5 14/Novembro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que boa Boncaralhan.

O rei espanhol esta a amosar o seu carater autoritario e posfascista.

NOM Á MONARQUIA ESPANHOLA NA GALIZA.

VIVA GALIZA CEIVE.

carlosroca #6 14/Novembro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben polo BNG, e non dubido que na Coruña tentarán facer o mesmo.

E non dubidemos que se no canto de criticaren e cuestionaren ao nacionalismo galego se lle apoiase teria máis forza para facelo.

trapalleiro #7 15/Novembro/2007 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa era hora, carallo

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: