"É moi difícil pensar que o embaixador español vai estar en palacio apoiando os golpistas sen autorización da súa Maxestade", ironizou o presidente venezolano.
Hugo Chávez xa fixera un primeiro comentario sobre o polémico cruce de declaracións co monarca e máis co presidente español, apuntando que Juan Carlos de Borbón "é tan xefe de Estado coma min, coa diferencia de que eu son electo nas urnas até tres veces e con amplas maiorías".
"A pregunta que me fago é, e será bo que responda o rei de España, señor Rei, diga: sabía vostede do golpe de Estado contra Venezuela, contra o goberno democrático, lexítimo de Venezuela en 2002? É moi difícil pensar que o embaixador español vai estar en palacio apoiando os golpistas sen autorización da súa Maxestade". A afirmación era realizada por Chávez durante unha entrevista televisiva en Chile, despois do peche do Cumio Iberoamericano, onde brincaba ás primeiras planas o cruce de palabras do presidente venezolano co presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, e co propio Juan Carlos de Borbón.
Lamentábel intento neocolonialismo español... E representación teatral digna da Zarzuela cutre que tanto gosta ao facherio mesetario...
En fin, non hai nada máis patético que os que perden poder...
El rey, del que se dice que ha ganado popularidad con ese " Que te calles" creo que se ha salido de su papel. Por otra parte, dictadores como Chavez sobran, además de que no sabe estar, parece un garrulo de taberna.
De seguro que o que traballa de rei para nos non gañou popularidade ningunha con eses malos modos, nin desta banda do oceano nin por suposto na outra. O que me sorprendeu foi a inmediata, asisada e correcta reacción de Zapatero. Respecto de Chavez (que é dunha cultura diferente, que non coñezo, e polo tanto non o calificarei de "garrulo de taberna" á primeira de cambio) manifesto o meu apoio á súa esixencia de respecto para Venezuela perante as afirmacións dun ex-presidente do estado español desquiciado. Dicir as cousas clariñas é o que ten, que ás veces calquer autista te pode calificar de túzaro sen considerar se tes ou non razón. Ben por Chavez!
Esperable defensa a Chavez. Los nacionalistas de izquierdas debeis cumplir al pie de la letra con el estereotipo social en el que os habeis convertido.
non, se queres dicimos que estamos ledos da actuacion dese pailán inculto que é o rei,e xa que o levan e chupa dos nosos soldos por non facer ren podería estar calado él e deixar os que saben falar..
sinalando co dedo e despois: cala dunha vez..(argumentos e protocolo acorde co que maman dos fondos dos nosos petos)
gustou tanto esta intervencion que están pensando en mandar as vindeiras cumbres a Belen Esteban ou a Lequio porque Sapateiro é demasiado tibio.
También me asquea el rey y toda la monarquía, pero la defensa a Chavez con eso de "es otra cultura" chirría demasiado.
Respecto a la broma de Belen Esteban y Lequio, me parece que estas haciendo gala del humor comercial más despreciable y visto.
Outra vaca no millo de Galicia monolingüe e diglósica.
Dios mío. Que no tenga el mismo punto de vista que vosotros, no quiere decir que desprecie el gallego, que vote al PP cuando no encuentre la papeleta de la falange y lleve el monedero con el toro de Osborne estampado.
Vosotros veis a la gente que no está con vosotros como Fascistas, cuando no veis que vosotros estais continuamente cayendo en esteareotipos ya demasiado asumidos. Por decirlo de una manera vulgar, me cago en España. A ver si esta es la única manera de que se os concience de que no estais hablando con Aznar.
Como renxe a españolada neocolonial diante dos que ameazan o poder dos oligopolios que roubaron durante os anos da orxia neoliberal...e todo se acaba...
A ver se na Galiza aprendemos e aplicamos o aprendido, e nos damos conta de que o que precisamos e máis nacionalismo e menos lerias seudoprogres...
"o que precisamos e máis nacionalismo". Es inútil, ante seres que desean formar parte de un estereotipo social y liquidarse como seres individuales no hay nada que hacer.
O rei podería estar caladiño, porque non viña a conto mandar calar a alguien, e máis desa forma, ainda que teña toda a razón, pero pra algo está a diplomacia e as boas maneiras. O Chávez podía ter algo de respeto polo Aznar, e por moitos outros, as veces razón non lle falta pero as súas formas achéganno máis a un paiaso que a a un Xefe de Estado. E o ZP, ainda que xa canse co seu tono doce e con talante, estivo perfeto.
Quem obrou com formas de palhaço foi o Bourbon, que demonstrou não saber estar.
E o Chávez non demostrou debido respeto por un expresidente, nen polo protocolo, nen por ZP. Porque carallo tedes que ser tan extremistas e defender o indefendible!!!!!!!?????, non poden estar os dous, tres ou catro trabucados????
Podem. Mas na reunião havia um moderador.
E isso do "devido respeito a um presidente". Olha, El pastorrrr, ninguém como Ánsar merece respeito e menos "devido".
É um fascista e um racista. E dizer isso não é faltar-lhe ao respeito, mas ser sincero e valente por afirmar diante de todos uma solene verdade.
Pois eu penso que todo o Mundo merece respeto, e o moderador era a Bachelet, que pra algo era Chile o país anfitrión e encargado de organizar o Cumio... ainda que non estou seguro si o Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias, tamén terá algunha función relacionada con isto.
El-Rey Sempre na defensa dos intereses dos seus amigos, os magnates que lle dan sobres e maletíns e cean a sua mesa. Demostrando porque unha república e a forma de estado mais natural para a humanidade, onde o xefe do estado e un fillo do pobo que sae do pobo e logo e escollido polos seus irmáns para representar a ese pobo. Non como o vixente rexinme actual onde os cidadáns do estado español temos que pasar vergoña pola falta de compostura dese ser endogámico.
Seguro que en Francia escachan ca risa.
O peor de todo (ou o mellor para os neocoloniadores capitalistas) é que non se fale do importante.
Por que dixo o que dixo Chávez?
Por que dixo o que dixo Ortega?
Como nacionalista de esquerdas que son defendo a autodeterminación dos pobos e apoio a súa loita contra o capital estranxeiro que aniquila as identidades dos pobos (e en moitos casos lles quita de comer e de medrar como Estados soberanos)
Se Unión Fenosa fai o que fai na "Europa democrática", que non fará en Latinoamérica? Estudos de impacto ambiental (e social) non creo.
Se Aznar e El País apoian e aplauden un golpe de Estado, e a que ninguén lle importa?
"Esperable defensa a Chavez. Los nacionalistas de izquierdas debeis cumplir al pie de la letra con el estereotipo social en el que os habeis convertido."
Pois si, e ben orgulloso que estou/estamos.
Poñamos as cousas en claro:
Primeiro: Hugo Chávez é un xefe de estado, elexido democráticamente, reelexido, ratificado e volto a elexir, o Borbon non.
Segundo: Hugo Chávez foi reposto no poder pola movilización do seu pobo ante un golpe de estado fascista. O Borbón foi posto no poder por un fascista que deu un golpe, fixo unha guerra contra dunha república lexitima e montou un dictadura de coarenta anos para deixarnos de herdo unha monarquia que o pobo expulsou en 1931.
Pareceme que hai certa diferencia entre a autoridade moral, dun e outro, a lexitimidade, a legalidade e todo canto vos pareza...
Chávez é producto da democracia, o Borbon herencia da dictadura fascista, logo e ben doado entender porque a palabra fascista lle escoce ao Borbon.
Esto me confirma que el Rey es igual a todo el mundo.
Simplemente ha hecho lo que millones de venezolanos dicen en sus hogares cuando a cualquier hora del día sin importar que niños y jóvenes estén presentes. El presidente Hugo Rafael Chávez Frías obliga a todos los medios de comunicación a transmitir horas de discurso llenos de insultos, palabras soeces y descalificaciones hacia todo el mundo que no comparte su gobierno. Y por supuesto, sin derecho a réplica inmediata. Y tengan por seguro que si alguna persona es aludida de forma negativa por el mismo, en cuestión de horas ya aparece un juez dictando una medida de aprensión con argumentos forjados, o el SENIAT le cierra el negocio por cualquier pretexto o cualquiera de los matones afines al gobierno (ejemplo Richard Peñalver, Joao de Goveia o Maikel Moreno). Esta dispuesto a masacrar a quien sea a cambio de la impunidad que el gobierno les ofrece.
¿Con que moral puede Chávez acusar a alguien de Golpista? El dio uno de los golpes de estado más sangrientos de la historia Venezolana el 04 de febrero de 1.992?
¿Por qué repite como una cotorra que le dieron un golpe de estado el 11 de abril de 2.002. Cuando todo el mundo vio al Jefe del Estado Mayor Conjunto Lucas Rincón indicando que el presidente renuncio? Si lo dicho por el fue mentira ¿Por qué no fue detenido? Por el contrario, fue ratificado en su cargo y posteriormente nombrado ministro del interior y actualmente es Embajador de Venezuela ante Portugal. Y para concluir, si fue un golpe de estado. ¿Por qué razón el tribunal supremo de justicia dictamino, que no existió golpe de estado ya que el presidente renuncio y por lo tanto se trato de un vacío de poder?
¿Por qué critica España y USA por reconocer el gobierno de Carmona y no critica al gobierno Cubano cuando Sánchez Otero embajador de este país en Venezuela reconoció al gobierno de Estanga?
Chávez acusa a Aznar de fascista. Pero resulta que en Venezuela al infeliz que se hubiese ocurrido firmar pidiendo el referéndum revocatorio al presidente, paso a engrosar la LISTA TASCON, que al más puro estilo fascista se utiliza para perseguir y segregar a las personas por el solo hechos de ejercer un derecho constitucionalmente establecido. ¿Quién entrego estos datos? El imparcial Consejo Nacional electoral que se ha prestado a cuanta trampa y ventajismo por parte del gobierno. Así cualquiera gana una elección.
Para nada soy monárquico, pero puedo asegurarles que no hace falta ser un rey para obstinarse con unos pocos minutos de un discurso reiterativo que fomento el odio y la división en un país sumido en la mayor bonanza petrolera de su historia.
Chávez se llena la boca que por lo que sale de ella pareciera más una cloaca. Que ha sido reelegido X cantidad de veces. Lo que parece que nadie sabe es que el Organismo Electoral Venezolano de los últimos años es tan pro gobierno. Que si Chávez se lanza a un concurso de belleza seguro que gana.
Es una vergüenza que Chávez se califique como el gobernante de un país. Cuando después de 9 años de gobierno con los mayores ingresos petroleros de la historia de la nación es incapaz de garantizarles un kilo de leche en polvo a los niños venezolanos. Por supuesto, siempre existirá la CIA, el Imperio y pare usted de contar a quien este mediocre achaque sus incompetencias y por supuesto ilusos que se las crean.
Non vale todo. Chavez gañou cas leises EXISTENTES DE ANTES DE EL CHEGAR, e gañou en 8, OITO CONSULTAS, LIMPIA E LÍMPIDAMENTE.
Ninguén pode a ún pedirlle respecto para un terceiro, cando ese terceiro apoia e apoiou un golpe de estado de tipo ULTRACONSERVADOR, non sei si fascista, fascistoide desde logo, contra o primeiro, sin que renxan os ferros do edificio ou praza onde tal se diga.
A resposta do multimillonario "Mitrofán" é antolóxica para exempro para o mundo: de Madrí par o Mundo!
Non vale todo. Chavez gañou cas leises EXISTENTES DE ANTES DE EL CHEGAR, e gañou en 8, OITO CONSULTAS, LIMPIA E LÍMPIDAMENTE.
Ninguén pode a ún pedirlle respecto para un terceiro, cando ese terceiro apoia e apoiou un golpe de estado de tipo ULTRACONSERVADOR, non sei si fascista, fascistoide desde logo, contra o primeiro, sin que renxan os ferros do edificio ou praza onde tal se diga.
A resposta do multimillonario "Mitrofán" é antolóxica para exempro para o mundo: de Madrí para o Mundo!
O Rei espanhol q se vaia ao caralho.
PUTA ESPANHA, GALIZA CEIVE.
O colonialismo liquida sociedade e individuo. O nacionalismo libera sociedade e individuo.
O individuo acaso é senon está nunha sociedade?.
A cachola non debe estar soa demasiado tempo que se escangalla :-)
1º) Que facía España nun cume Americano. Xa non pinta nada
2º) Que facían tres persoas representando a España. O Presidente electo, o Xefe de Estado imposto aínda que aceptado por omisión de oposición e o Ministro de Asuntos Exteriores. Prepotencia.
3º) Que facía a moderadora chilena, que deixaba que Chávez interrompese continuamente a Zapatero e só puxo orde cando interveu Juan Carlos. ("¿Te quieres callar? ¡Que te calles Carmele, dicho Chávez!")
4º) Chávez é un impresentable e aínda que foi elixido democraticamente é un auténtico ditador. Ao tempo, pero este personaxe será o Hitler de Sudamérica e levaraa a unha guerra continental.
5º) Non podo entender que Juan Carlos abandonase a sala cando estaba intervindo Ortega, de forma pacífica e educada. Un rei maleducado. ¡Xaque o Rei!
6º) Xa é hora de acabar coa Monarquía en España. Ou abdican ou os botamos.¡Xaque mate!
#26
"4º) Chávez é un impresentable e aínda que foi elixido democraticamente é un auténtico ditador. Ao tempo, pero este personaxe será o Hitler de Sudamérica e levaraa a unha guerra continental."
É incríbel o que é capaz de facer o grupo PRISA nalgunhas persoas.
Hai xente que non cre en Deus pero cre nos superhomes.
A min impórtame un carallo Chávez, porque non o teño que sufrir, pero esta claro que é un impresentable.
Non oio a Jiménez Losantos que é outro impresentable e un fascista e a ese se que o teño que sufrir, ainda que indirectamente a través de oir a persoas que están demasiado influenciadas polas súas palabras.
Estou de acordo coas denuncias que fai Chávez e ata se queda curto, pero de aí a crer que Chávez é o salvador da Iberoamérica é ser pero que moi iluso.
Parécenme máis persoas Evo Morales e Daniel Ortega.
A xente tenlle medo. E iso non pode ser bo.
Dixen Hitler, pero podería dicir Stalin.
Chavez é um exemplo muito bo para umha Galiza Livre. É o único que têm colhons pra enfrontar-se ao império. E certo que as eleiçons que fai nom som essencialmente "democráticos", som umha formalidade. Mais também o é o circo que cada 4 anos montam os "demócratas" e "republicanos" em Estados Unidos. Isso nom é democracia nim é nada, é um "show", um espectáculo circense. Coma os Tories e Laporistas. Só é democracia cando é ao gusto do sistema, cousa que nom passa com Chávez.
Por uma Galiza Livre, amiga e aliada da Venezuela Bolivariana.
Ao rei espanhol também se lhe têm medo. É o amigo de Franco, idolatrado polo ABC, que curiosamente também idolatra a Juan Carlos. Que lexitimidade têm. Nenhumha. Os principitos estiverom em outubro em Vigo e só foi velhoucada a velos.
Se quere ser rei espanhol é problema dos espanhois, mas OS GALEGOS NOM TEMOS REI.
NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.
O que máis me fode deste suceso é que haxa suramericanos que lle teñan medo ou demasiado respecto ao rei. "Su majestad" e a España.
Xa está ben, da Madre patria, país hermano. Todo iso fai sentir vergoña allea.
Daniel Ortega, estaba dando a súa opinión de forma pacífica, aínda que firme, dicindo o que pensaba e vai o Rei e sáese do taboleiro, pois anda a tomar por cu.
Conclusão: Este "Rey" deve ver muito Tele-Lixo. E como as condutas aprendem-se por imitação...
para Barcelós:
Informoche que se trata dun "cumio ibero-americano", logo algo teran que facer Portugal e o Estado español.
Outra cousiña, ser nacionalista nunha nación como a Galiza, implica necesariamente ser antiimperialista, neste intre a vanguardia do antiimperialimo está en Venezuela, con Chávez, home do pobo, producido polo seu pobo. Foi o pobo o que xenerou o seu propio lider. Pese a quen pese, e Chávez nono está traizoando.
¡Viva Venezuela,
bolivariana e socialista,
por sempre
anti-imperialista!
Unha forte para todos/as os nacionalistas, para todas/os os antiimperialistas.
Hai moita manipulación informativa nesta cuestión. Con seguridade, un sector da poboación de Venezuela saiu perdendo con Chavez. Pero en democracia, decide é a maioría. Mirade o que di LE MONDE DIPLOMATIQUE:
http://www.monde-diplomatique....
no apartado ARTICULOS pinchade en POR FECHA e seleccionade o exemplar 142 (Agosto de 2007)
Moratinos prendeu a pólvora. Dálle a información a Chávez. Este a solta e o rei de copas, pois máis dunha tiña, tolea, sinala co dedo, que é de moi mala educación, e vaise facendo eses.
Moratinos estaría dicindo: "¡Tierra, trágame!"
E O zapatero do Rei se fose consecuente, debíao cesar. Pero O zapatero, tiña un problema. Por unha banda dar a razón a Moratinos e por outra agradar ao Rei e elixiu a "ferrada". Moi diplomática e moi "tolerante", pero moi traizoeira.
Se Chávez ten razón, é todos sabemos que seguro que a ten, Aznar debe ser xulgado e condenado a bastante máis dos 3.000 euros de multa, que lle puseron a cada debuxante por pintar ao futuro??? "mona...do arca" no "Jueves".
Aznar puxo en perigo a paz nesta península e no mundo varias veces: Iraq, Venezuela, Afganistán...
Agora resulta que Izquierda Unida ten probas da participación do Goberno Español nos sucesos do 11 de abril de 2.002.
Iso dá risa e á vez tristeza. Ver como a lingua de Gaspar Llamazares é tan longa e a súa intelixencia tan curta. Sera que este infeliz político non sabe o que significa “cousa xulgada” É bo que saiba que en sentenza firme da SALA PLENA DO TRIBUNAL SUPREMO DE XUSTIZA DE VENEZUELA indico: Que nos feitos ocorridos o 11, 12 e 13 de abril de 2.002 non houbo un golpe de estado senón un baleiro de poder. Sabe porque? Simplemente, por que o Xefe do Estado Maior Conxunto de Venezuela General Lucas Rincon díxolle aos Venezolanos e ao mundo enteiro que ao presidente (é dicir Hugo Chávez Frías) Solicitáronlle a renuncia. A CAL ACEPTO (SE NON ENTENDEN REPÍTOO) A CAL ACEPTO.
Este xeneral non foi detido por dicir isto. Pola contra foi ratificado no seu cargo, posteriormente é nomeado como ministro e por ultimo EMBAIXADOR DE VENEZUELA EN PORTUGAL. (Por se alguén ten dúbida pregúntelle).
O que dá moita máis tristeza, é ver como Gaspar Llamazares sinala que España non condeno o golpe. Cal golpe? E supondo que os embaixadores de USA e ESPAÑA tomásense a foto de familia co impresentable de Estanga. Onde deixan ao Embaixador de Cuba Sánchez Otero que recoñeceu a maxestade presidencial de Carmona? Non en e unha foto fixa se non nun vídeo desde a embaixada de Cuba en Caracas?
Do mesmo xeito que nos artigos publicados en GZ-EXTERIO dedicado a Venezuela onde o responsable da mesma non é máis que unha caixa de resonancia do goberno venezolano e traizoa coa súa desinformación á comunidade galega en Venezuela que xunto a millóns de Venezolanos di soberanamente ¿POR QUE NO TE CALLAS? cando é obrigada a escoitar unha das maratonianas e escatológicas cadeas presidenciais de Chaves.
"Xunto a millóns de Venezolanos"... E o Coutoven fica com a boca cheia de razão, tanto que já não a pode fechar e a mandíbula deixa ver os dentes nada brancos e mesmo nada direitos das bocas que se enchem de razão.
Qual golpe? pergunta Coutoven. Será porque sabe que houve mais de um...
Para o COUTOVEN-ezuela.
No eres ti soio, non, pero pareceme que tés un problema.
Tí e máis eu, e alguen máis sabemos o que pasou na Vzla do 11 ao 13 de abril do 2002, e tamén antes, sabemos dos videos ocultos por Globovisión, que brincaron a luz vai ti saber como, si home os videos do Puente LLaguno que filmou Globovisión de frente á Avenida Baralt, nos os que se filmaron de lado dende a Avenida Urdaneta, verdade que os coñeces, logo porque fas o que fas, porque dis o que dis?.
Na Galiza hai coplas sobre a xustiza que pilla os peixes pequeníños e deixa fuxir aos grandes. Ti e mais eu sabemos que o 11 de abril huoubo un golpe de estado, digan o que digan certos tribunais.
E outra cousa meu paisano, XURXO MARTINEZ CRESPO É O INVESTIGADOR MÁIS IMPORTANTE QUE HAI E TEN HABIDO SOBRE A EMIGRACIÓN NA VENEZUELA, O SEU TRABALLO É DUNHA DIMENSIÓN ENORME E DUNHA IMPORTANCIA VITAL, É A MEMORIA HISTORICA DA EMIGRACIÓN EN VENEZUELA. Seguramente non o coñeces, seguramente non tes nin idea do tempo, esforzo, adicación a nosa emigración, a él debemos o rescate da memoría de nosa xente da emigración.
Un pouquiño de respeto, por favor.
Se ques coñecer máis sobre o traballo de Xurxo visita http://www.galizacig.com
Unha aperta, e a ver como arreglas ese problema.Disociación sicotica. Que non seña mais nada.
Hai compañeiro NELBRANDAM vouche a dicir un dito moi Venezolano “Estas mais perdido que Adán o día das nais”
Quen díxoche a ti que foi Glovovisión foi a que realizou as que tomas dos asasinos de ponte llaguno? Para que che informes foi Venevisión. E queres saber que un dos autores que aparecen o vídeo é o consejal Richard Peñalver (Con antecedentes criminais de asasinato e condenas firmes).
Pero che aclaro que, o vídeo do Xeneral Lucas Rincon e o da embaixada de Cuba non son os de ponte Llaguno. E esa é a desinformación da cal estas padecendo e a que os medios comprados co diñeiro de todos os venezolano non difunden pero que aparecen en You Tube (Podes velos e é posible que se che acláren as cousas).
Con respecto a XURXO MARTINEZ CRESPO dígoche o seguinte. Ti dis que é un investigador da emigración Venezolana. Por favor, le os seus últimos 20 artigos en GZ-EXTERIOR dedicados a Venezuela a ver se atopas algún que fale da emigración galega en Venezuela.
Sera que Naomi Campbell ou Sean Penn son de San Andres de Teixido onde se vai de morto cando non se foi de vivo.? Se es tan amigo Xurxo que che explique a incoherencia entre os que di en “Que *é Vieiros? “ Esta abaixo e á esquerda da pagina web. Sorprenderasche da inconsistencia dos seus principios.
Non se se antes, pero na actualidade a única investigación que realizou é a tradución ao galego nos titulares da axencia Bolivariana de noticias. E se é tan acertado e coñecedor da realidade Galega en Venezuela. Por que non admite comentarios?
Mira, unha gran maioría da poboación galega en Venezuela pertence á terceira idade. A pesar de axudar ao desenvolvemento deste país. Este goberno que se enche a boca falando de reivindicación social págalle pensións miserables e retírallas por calquera cousa, non lle garante as medicacións de enfermidades crónicas e deus libre ao infeliz que apareza na lista tascon xa que isto transfórmao nun paria digno de ser sometido a calquera vejamen ou malos tratos.
Chaves en 9 anos de goberno cos ingresos petroleiros máis grandes da historia do país. Con todo e iso, é tanta a incompetencia que o goberno non é capaz de garantir un Kgr. de leite en po para a poboación infantil. E non falemos da delincuencia que fai palidecer as cifras de mortos das guerras imperialistas de Estados Unidos.
Ao amigo OBSERVADOR aclárolle que non sufro de problemas odontolóxicos. E xa que espero que faga honra ou o seu nome de OBSERVADOR? Eu pregúntoche O teu sabes o que é a Lista Tascon e para que serve?.
Con respecto a cal golpe?. Se vostede non é un fanático ten que saber que unha SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE XUSTIZA EN SALA PLENA. NON ADMITE APELACIÓN. Pódenos parecer xusta ou non, pero é unha sentenza firme e só admite recurso en instancias internacionais. Por que o goberno Venezolano non acode a estas instancias? Mentres tanto e lamentando que a túa ignorancia en materia xurídica. O único evento xudicialmente tipificado como golpes de estado foron os intentos dos anos 90 das cales a do 4 de febreiro de 1992 foi unha das máis sanguentas e covarde. Liderada por Hugo Chávez e moi criticada polo goberno Español e o de Fidel Castro. Que che parece?
Pois seica non debo andar tan perdido, pois nin Adán nin a súa nai.
A ver home, outra vez, voucho explicar, o golpe montase apoiado nos videos filmados dende a Avenida Urdaneta, feitos por Venevisión que dirixe o golpe como eles mesmos confesaron en conversa do Recao co Napoleón Bravo ao día seguinte do golpe, sentianse seguros e sobrados. Pero se lees ben estouche falando dos videos de Globovisión, non de Venevisión, os videos que Globovisión ocultou, e que posteriormente sairon á luz, e que Ravell tivo que admitir como propios. Son tan obvios para calquera que os vexa que sobran comentarios.
Vamos a outro tema, empezo por contache un detalle, fai uns meses os medios de comunicación publicos e privados do Estado español, publicitaron con bombos e platillos que trouxeran unha meniña de África para operala dos ollos. Aburrironnos con semellante demostración de solidaridade, de humanidade, que sei eu canto máis.
Pois ben, ti tes idea de cantas persoas foron operadas da vista pola MISION MILAGRO, e non soio da Venezuela, tamén de outros países latinoaméricanos.
Para non facelo largo non che vou falar das outras misións, ti mesmo podes percurar a información.
Para rematar obrigasme a retomar o tema do investigador XURXO MARTINEZ, máis ala dos dous libros publicados sobre a emigración, están os seus artigos, repitoche o enderezo, http://www.galizacig.com, e ainda non publicou toda a información recopilada, pero sobresaen persoeiros coma Pepe Velo (presidente lo Lar Galego, e dirixente do DRIL), Xosé María Mosqueira Manso, primeiro presidente do Lar, Alberto Puente García, Alejandro Tejero Cuenca, secuestrado e torturado deica morte, desaparecido en 1967, Pura Vazquez,…
Solicitoche que antes de voltar a pronunciarte sobre unha persoa que non coñeces aproveites estes datos que che dou para que teñas oportunidade de informarte.
Tamén fas un comentario sobre as pensións na Venezuela, fagoche as seguintes aclaraorias: na Venezuela a pensión miníma, por decreto do presidente, é igual ao sueldo minímo, ¿en que país da Europa se da este tema? Certamente que a cuantía da pensión miníma e baixa, pero rinde maís unha pensión miníma en Vzla que no Estado español, porque no Estado español, ben saberas que hai pensións de 300 euros, ben sabes que hai 8 millós de persoas por baixo da liña da probeza, (20% da pobación) según datos do propio INE do Estado español. Así pois vexamos todo no seu contexto, o Estado español en Europa e Venezuela en Latinoamérica e veras.
Se ti coñeces Venezuela recordaras os vellos protestando diante do Congreso para que lles pagaran unha pensión que era miserable, e a Guardia Nacional reventandoos a paus, acordaste non? Pois hoxe, non teñen que agardar a fin de mes, o vinte de cada mes xa teñen a súa pensión que é igual ao sueldo minímo depositada na súa conta. Pregunta, informate, para que vexas. E vouche dar outro dato o sueldo minímo é o segundo en cuantía de Latinoamérica.
E home por favor, ti e máis eu e moitos máis sabemos que o que é legal non sempre é o correcto, senon recorda que o 30% dos condenados a morte en USA son inocentes según eles mesmos dín. Non me neges o golpe polo que dixo un tribunal, nas circunstancia e contexto que coñecemos.
Ala veña, que xa e moi tarde, non esquezas que o nacionalismo na Galiza e en Venezuela implica necesaria e imprescindiblemente ser antiimperialista, e está moi claro na Venezueala de que lado están os proimperialistas e os antiimperialistas.
Desprendete dos prexuizos, e pensa por ti. Votalle unha miradita á historia, foron os mesmos, en Chile, en Guatemala, en Irak e en Venezuela, e en tantos outros sitios como Cuba, Filipinas,… onte e hoxe seguen sendo os mesmos.
Deica outra.
Primeiras consecuencias: Dimite Marichalar (Segundo o Telelixo, foi botado de casa).
Barcelos, hai que dar un voto forte de confianza a Chávez. Necesítase xente así, que lle paren os pés aos imperialistas.
Que conste que con España aínda estivo bastante moderado, pero con Bush, o borda.
As empresas españolas en Iberoamérica son as multinacionais das que tanto se queixan nesta península.
Non debemos de permitir ningún tipo de represalia sobre Venezuela, Nicaragua, etc.
Estou ata os webos de oir aos locutores das radios nacionais insultos contra Chávez.
"Pués amarga la verdad, quiero echarla de la boca..." (Quevedo)
Primeiras consecuencias: Dimite Marichalar (Segundo o Telelixo, foi botado de casa).
#33 Para Barcelós:
Estoi dacordo: hai que dar un voto forte de confianza a Chávez. Necesítase xente así, que lle paren os pés aos imperialistas.
...
Compañeiro NELBRANDAM reitéroche o devandito Venezolano “Estas mais perdido que Adán o día das nais” xa que tes un enredo maiúsculo. Algo así como confundir a ximnasia coa magnesia.
Os que falaron de golpe de estado o 11 de abril de 2.002 e elevaron a situación ante o tribunal supremos de xustiza de mans do Fiscal Xeral da República Isaías Rodríguez. Perderon o caso xa que non puideron xustificar a existencia dun golpe por unha simple razón. CHAVEZ RENUNCIO e iso non o digo eu, a oposición, a CIA, a KGV ou o G2. foron as declaracións de Xefe do Estado Maior Conxunto Lucas Rincon R. Estas declaracións non foron realizadas baixo disparos. Non compañeiro, foron nunha dependencia militar ante micrófonos e cámaras que viu todo o mundo. Se o xeneral dixo algo tan pero tan falso que o creu ata o Embaixador de Cuba Desmínteme? Porque non está preso. Non o meu irmán, Chávez ratifícoo no seu cargo, despois noméoo ministro e hoxe é o flamante embaixador de Venezuela en Portugal. Sabes porque? Eu non o sei, pero me supoño que Chávez e o seu sequito compraron o seu silencio posterior garantíndolle impunidade e a prebendas antes sinaladas.
Non se porque confundes o anterior co de ponte Llaguno. Este foi un enfrontamento onde participaron forzas policiais e uns “defensores de lle revolución debidamente armados e algúns con antecedentes criminais por asesinato”. É bo que saibas, que ata o día de hoxe non hai ninguén condenado por estes feitos. Do mesmo xeito que Chávez non pagou polos mortos do 4 de febreiro de 1992.
Polo tanto entenda que o vídeo de ponte Llaguno é unha cousa que xera responsabilidade penal e estase xulgando e ata que non exista sentenza firme condenatoria, simplemente todo o mundo é inocente. Pola contra, o proceso aos militares do 11 de abril baixo a figura de GOLPE DE ESTADO. Foi xulgado e a sentenza foi: O 11 de abril de 2.002 non ocorreu un golpe de estado xa que ao haber Chávez renunciado segundo as declaracións públicas e notorias do maior cargo militar da nación as cales determinaron un VACIO DE PODER. Iso é cousa xulgada e non se pode facer nada. Aínda que Gaspar Llamazares queira gañar simpatías de Chávez indicando de forma extemporánea que ten probas da participación do goberno español nun golpe que legalmente foi descartado.
Con respecto ao "MISION MILAGRO" e outras tantas che aclaro. Quen che fala é medico con case 20 anos de exercicio (non precisamente mercantilista) Eu vin os mortos dos intentos de golpe de estado dos 90 e atendín a moitas vítimas da delincuencia neste país. A diferenza de vostede que dá por feito que todas as propagandas que difunde o Chavismo son certas, aclároche. Sae moito máis económico para Venezuela dotar aos hospitais Venezolanos e operar aquí aos pacientes. Para que che decates, nunha cidade como Ourense que malamente ten a cuarta parte de habitantes que a cidade de Valencia (estado Carabobo) conta con sala de hemodináma, varios equipos de TAC e RMN, lencería para a cama dos pacientes, médicos de atención domiciliaria e ata parto con auxilio de epidural, mentres que en todo o estado Carabobo só hai un un equipo de RMN e TAC obsoletos, que malamente funcionan por falta de mantemento. E cando logran estar operativos só funcionan en horario de oficina.
En España as familias teñen os seus médicos de cabeceira e os pacientes poden retirar os medicamentos en farmacias. As veces que me tocou asistir ao Complexo Hospitalario Ourensan , hospital Mexoeiro en Vigo ou o Juan Canalejo na Coruña non vin aos familiares dos pacientes comprando medicamentos, inyectadoras, etc. Se non me crees dille algún amigo teu que viva en Venezuela ou a Xurxo Martinez Crespo se é falso algo do que che sinalo.
Moitas destas “MISIONES” son mais efectistas que efectivas.
Con respecto ás pensións e o salario mínimo. Perdóame, pero por Deus quen lea o escrito por vostede e viva en Venezuela pensase que es unha persoa cándida. E a túa candidez transfórmase en risa cruel para moitos anciáns. Falemos dos anciáns galegos que durante décadas contribuíron ao engrandecemento do país e pagaron de acordo ao seu soldo e cun bolívar que tiña un valor con respecto ao dólar de 4,30 Bs. /$. Ti sabes a cantos bolívares tense que pagar hoxe en día na rúa por un dólar (6.400,oo Bs.). Tristemente as pensións son insuficientes xa que o xusto é que polo menos desen cobertura á canastra básica alimentaria. E que estas persoas non tivesen que pagar polos medicamentos frecuentemente requiridos a estas idades (diabetes, hipertensión, osteoporoses, etc.). E aclároche unha cousa importante, se por algunha razón o xubilado non retira O seu DIÑEIRO por algunha razón retíranlle a pensión e pode pasar ata dous anos de trámites para restituírlle o dereito de dispor do seu diñeiro novamente. Iso si, senón morreuse antes.
E de folgas e represión non cambiaron para nada, son iguais ás da cuarta república.
Vostede fala que a pensión é igual ao salario mínimo coma se fose xusto. Pero non se preocupa en sacar a calculadora e ver o nivel de miseria do salarió mínimo nun país como Venezuela cos ingresos petroleiros máis grandes deste século. Chávez ten 9 anos de goberno e ao único que destinou os fastuosos ingresos por concepto de petróleo é a perpetuarse no poder, comprando conciencias e desinformando ao máis propio estilo fascista.
A que vostede non está decatado que os empregados públicos, mestres, enfermeiras, camilleros e médicos cobran soldos menores a 160 € a valor de mercado libre. E a que vostede non está decatado que o goberno négase sistematicamente a discutir os contratos colectivos alegando mecanismos legais ou intentando impor sindicatos oficialistas ao máis puro estilo do sindicato vertical franquista. Ojala estes funcionarios cobrasen 300? mensuais.
Para concluír falemos de Nacionalismo Galego. Respecto a túa opinión pero creo que ser nacionalista ou non. Non ten que ver nada con ser imperialista.
Eu síntome galego porque estou orgulloso da nosa cultura, o noso idioma e a dignidade de loita desta nación. Creo que a tolerancia é a base sobre a cal débese fundar este proxecto de país. Na miña opinión considero que amarrar a galeguidad a doutrinas políticas ou pensamentos imperialistas, fascistas ou de calquera doutrina de pensamento é un erro porque xera intolerancia e desunión.
Xa que mostrar tanto interes polo tema xuridico-xudicial direiche:
" a confesión de parte, relevo de prueba".
En canto a nacionalismo, soberania e antimperialismo, informate un pouquiño.
Saúdos.
NELBRANDAM. Que acertado cando menciona un axioma básico en dereito “a confesión de partes relevo de probas”.
Xa vexo que comprendeu que o vídeo de ponte llaguno é unha cousa e as declaracións de Lucas Rincon son a confesión de partes que lle demostrou á lei que o golpe de estado non foi tal senón un baleiro de poder. E que non só os gobernos de España e USA foron os que recoñeceron a impresentable de Carmona Estanga senón que o embaixador Cubano Sánchez Otero compartiu este privilexio cos anteriores. De feito fíxoo publicamente e ben documentado en vídeo.
Non che preocupes polas cousas que di Chávez. As misións son certas. Pero como mecanismo electoralista funcionan moi ben 2 ou 3 meses antes das eleccións e despois se che vexo non che coñezo.
Fíxache, Fai unhas semanas Chávez recoñeceu que os médicos gañaban moi pouco e "ORDENO" que a partir do 01 de novembro de 2007 terian un 60% de aumento. Bo, foi desobedecido flagrantemente polo gobernador de Carabobo xa que os soldos chegaron iguais ao mes pasado. É dicir que seguirán cobrando 52 € por quincena ao cambio en mercado libre ou se che consola 162 € por quincena ao cambio oficial que ninguén consegue.
Comprendo que che preocupes que en Galiza as pensións poidan ser inferiores a 300 €, pero polo menos non teñen que pagar os medicamentos e non teñen que esperar ata dous anos para cobrar unha pensión.
Con respecto ao nacionalismo. Non é nada máis de ler ou de investigar. Aínda que certamente é recomendable profundar no coñecemento da nosa historia, o noso idioma. Pero é bastante difícil pedir á Galicia da diáspora que teña un coñecemento profundo da identidade galega cando dentro da nosa nación (Galiza) hai tantas lagoas respecto diso, afortunadamente se as galescolas cumpren un labor formativo as novas xeracións poderán sentirse orgullosos do que son e transmitirano aos seus fillos.
Non podes pretender que os galegos da emigración sexamos uns eruditos en materia de galeguidad. Con todo e iso a emigración a dado orixe a moitos medios de difusión da nosa cultura. De feito Vieiros tomou ou nome dá revista editada dende 1959 a 1968 polo Padroado dá Cultura Galega de México. "Os seus responsables, Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán, Arturo Souto ou Elixio Rodríguez, tingan unha forma de entender Galiza que nos gusta, dende a radio, ou cinema, a arte... Unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita dende ou exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos non mundo". (Le, que é Vieiros?).
E logo disto último ¿ti cres que se toma en conta aos galegos residentes en Venezuela á hora de falar deste fermoso país en GZ-EXTERIOR?