A acusación pública considera que é preciso investigar con máis rigorosidade o caso.
Xosé Ramón Piñol, fiscal do TSXG, defendeu este martes a necesidade de investigar a fondo a xestión das obras da Cidade da Cultura. Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Piñol subliñou que é necesario aclarar legalmente o acontecido xa que detrás pode estar a maior fraude dos 26 anos de historia do Estatuto de Autonomía.
O fiscal do TSXG coida que a investigación do xulgado compostelán que acabou arquivando o caso foi pouco rigorosa. Por iso, lembrou que a acusación pública xa ten presentado un recurso para que se reabran as dilixencias e se analice detidamente se hai responsabilidades penais.
A primeira denuncia diante da Fiscalía foi unha iniciativa dunha dirixente da CIG, Mar Peteira. Segundo lle explicou esta sindicalista a Vieiros, é probábel que tamén presente un recurso contra o arquivo do caso. Mar Peteira cre que a última decisión do fiscal abre algunhas esperanzas. De todos os xeitos, tamén lembrou que nun primeiro momento xa houbo problemas para asignar o caso a un xulgado, debido á súa entidade e ás posíbeis implicacións de altos cargos.
Poñámonos no caso do xuíz que ten que investigar se houbo trato de favor a determinadas empresas, se houbo desvíos de fondos, etc. Dende logo, é máis fácil chamar a declarar a un toxicómano que roubou dúas botellas de ron que chamar a un tipo que está acostumado a pisar moqueta e andar en coches oficiais. Non sei se neste caso concreto houbo malversación e demais delitos...Agora ben, sorprende que se peche o caso sen tomar declaracións. Ademais, reflexionemos: Cando se viu que en Galicia se procesara un peixe gordo da política. O máis que temos visto son alcaldes condenados logo de infinitas trapalladas varias...
Como podedes ser tan crueis co pobriño de Pérez Varela, co que traballou el para mandar ao seus fillos a Madrid. E andades a dubidar del... como o cruel Aymerich que lle inquiriu polo seu patrimonio após goberno da Xunta...que falta de sensibilidade humana...;-)
suscribo a creenza do fiscal do tsxg, pero tamén me gustaría saber ( sin menoscabo de outras consideracións e deixando aquí patente o meu nulo coñecemento do funcionamento da xustiza )si no caso de esta xuiza que arquiva o caso ( como o parecer antes pretendeu arquivar un no que se tocaban varios puntos dolosos na diputación de ourense )se poderían facer averiguacións e sondeos no que se denomina estilo schuster: de donde é o árbitro? será que con ese tipo de enquisas poderemos tamén chegar a algún outro punto de vista?
o q pasa realmente é, que os xuices son todos de dereita ou de extrema dereita e protexen con total descaro e sen rubor ó pp. da igoal que maten q rouben....q se tomen a lei por monteira q os xuices non se van meter co pp... ¡faltaria máis¡¡¡¡ teñen barra libre, senon a metade do pp tería q estar na cadea.
esta e xustiza q temos...
Xa hai moito tempo que os xuices neste pais feden a podre.
Sí, algo cheira a podre por aquí, ademáis de en Dinamarca. Mais hai que ter claro que este goberno de Progreso decidíu continuar a obra despois dun debate entre as xentes máis listas do País, listas en todos os sentidos. A entrevista en El País coa Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, publicada hai uns días, permite saber que a Xunta de Progreso non podía máis que tomar a decisión de continuar as obras e non tirar ao lixo tamaña cantidade de millóns de euros. Ou sexa, que o proxecto xa non é tanto de Manolo Fraga -a quen, claro que sí, hai que solicitar-lle explicacións- senón máis ben dos actuais responsabeis da Xunta. Ainda non sabemos en qué vai consistir a totalidade do complexo do Gaiás, agás que se está a montar un enorme espazo para que a mantida e super subvencionada industria do audiovisual galego faga caixa pro domo sua, ou sexa, en beneficio propio e dos capitais invertidos. Sí sabemos que cada ano os custos de mantemento suben e, según os estudos publicados polo Consello da Cultura Galega e o Muso do Pobo Galego, a broma vai sair, contando os salarios do persoal, en arredor de 38 e 40 millóns de euros cada ano, de modo que en dez ou doce anos teremos gastado nese capítulo tanto como custou levantar a magna obra do arquitecto americano. Calculo que esta decisión será responsabilidade dos partidos gobernantes da Xunta actual. E tampouco temos claro, ainda, qué tipo de aportación terá o capital privado no complexo do Gaiás: temo que compren barato, barato. Iso sí, despois de que a administración pública levante os edificios. E polo de agora non sabemos nada da posible urbanización do entorno, e digo urbanización pero estou a referirme á construción de vivendas de luxo, operación que, de se levar a cabo, contará necesariamente co beneplácito da actual administración de Progreso galega.
Con isto quero decir que agardo a declaración de Manolo Fraga na comisión de investigación, pero que o disparate no que estamos metidos, que hipoteca e hipotecará os orzamentos, ten máis dun pai xa que os Progresistas tomaron, de seu, a decisión de continuar as obras.
Malos tempos para a lírica, colegas.