O BNG pide no Parlamento que non se subvencione a estes periódicos. Fernando Salgado recoñece non estar "satisfeito cos resultados obtidos de presenza do galego nos medios".
O deputado do BNG no Parlamento Bieito Lobeira presentou este venres na Comisión Primeira do Parlamento os datos obtidos dun "exhaustivo estudo feito por dez estudantes de Xornalismo".
Segundo este informe sobre o uso do galego nos medios de comunicación, os xornais de maior difusión do país só utilizan o galego nun 4% ou 5% das súas informacións, namentres que "o español se impón nun 96%".
"Vetos" ao galego
Lobeira lembrou tamén a denuncia do Sindicato de Xornalistas sobre a "falla de liberdade á hora de poder informar en galego", de tal xeito que, os profesionais da información teñen que "traducir comunicados e entrevistas en galego e mesmo declaracións entrecomiñadas".
Para o voceiro do BNG, en temas lingüísticos existen "vetos" que prohiben a utilización "do galego cando se solicita polo entrevistado", polo que asegurou non entender como estes medios de comunicación poden recibir axudas polo fomento da lingua do país.
"O resultado práctico é que os medios utilizan menos o galego ca en 1977", sentenciou Lobeira, quen pediu que remate "esta dinámica de discriminación aberrante".
"Insatisfacción" do secretario de Comunicación
O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, describiu as dúas liñas de axudas existentes na actualidade en Galiza: a primeira para todos os medios escritos, radios e prensa electrónica que difundan algunha noticia en galego (dotada este ano con 2.243.836 euros); a segunda para as publicacións integramente en galego normativo (640.000 euros).
Salgado asegurou que o novo Goberno incrementou as axudas aos medios para potenciar o idioma e favoreceu a transparencia, en detrimento do sistema de convenios dos medios con Política Lingüística. No entanto, admitiu que non está "satisfeito dos resultados obtidos de presenza do galego nos medios".
Lobeira insistiu en que a Xunta debe subvencionar aos medios "con criterios que sexan positivos para o país, e pode cortar as subvencións cando o considera oportuno".
Neste senso, o deputado nacionalista preguntou se "esta política se vai manter ou se vai modificar", ao tempo que asegurou que os convenios seguen a existir, e que no segundo cuadrimestre deste ano contaban cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
Isto é certo de todo, fixéronme ungha entrevista no Faro de Vigo, á que accedera porque me aseguraron que a editarían en galego tal e como eu lles falei, e non me fixeron caso e a traduciron. Despois quixeron facerme outra e negueime. Nin se disculparon...facistas
Pois este ano cas axudas a voz de galicia lucironse. Menos mal que a voz é un gran defensor do galego. Jeje
O goberno galego non debe admitir cinismo nin burla ningunha con respecto deste tema. Compren accións nidias e transparentes para rematar coas burlas - por riba subvencionadas - dalgúns empresarios e grupos de opinión. Compre, en definitiva, exercer o goberno.
pareceme unha medida moi correta, si queren escribir en castelan que o subvencione o estada da españa ou as comunidades de fala castela
SEMPRE EN GALIZA
Moi ben iniciativa. Moi mal porque ven "apadriñada" por un "cantamañanas" como Bieito Lobeira que non deu pancada na súa vida.
Isto era algo que levaba esperando dende anos, e xa tiveron sorte que outro/a xa os censuraba,que é iso de dicir que apoian o galego se case non ten presenza,iso é para apañar os cartos e logo se che vin non me acordo
As subencions danllas por falar ben deles non polo idioma no que falan.
Moi ben, imos avanzando no camiño da xenerosidade e recoñecemento cando se felicita pola iniciativa a alguén que se alcuma como "singer morning" (por seguirmos o humorismo do video do Gadis).
Animo e seguide por aí e conseguiremos diferenciar filias e fobias coa racionalidade, e superarmos o noso secular e castrante individualismo...
Parabéns Bieito!
Amigo Bainha, se a iniciativa é boa, non comprendo esa xenreira contra quen a presenta. Hai que ser máis xustos e non caer en filias e fobias persoais. Polos seus actos coñecerédelos...
O de non dar pancada igoal non é persoal. Igual é un feito. Ollo cos políticos profesionais!
O bipartito leva repartido xa máis de 6 millóns de euros en convenios entre os xornais, por parte de Consellerías tando do Bloque e como PSOE. http://galiciaconfidencial.com...
Ademais son axudas a dedo, que non teñen outro fin que promocionar aos respectivos conselleiros.
Agora que diga o PSOE, espanholísimo e asobalhador da Galiza, que o 4% esta bem, ademais "Faro de España" e "La Voz de Galicia española" fanlhe as beiras, ao PSOE ou ao espanholismo máis radical. Nom som antinacionalistas, som antigalegos.
Querem que em Galiza passe o que aconteceu em Astúrias e Aragom, que morram coma naçons e sexam satélites de Castela.
NENHUMHA AGRESSOM SEM RESPOSTA.
Que fuciño ten o Salgado este. Solta dous millóns e pico de euros a quen lle peta coa escusa do galego e logo utilízao como prebenda... Isto é un escándalo e alégrome de que haxa alguén que o reclame no Parlamento.
Bravo, Lobeira! A túa é unha iniciativa intrépida nos tempos inertes que corren. Mais, é imprescindíbel insistir, non deixar que esmoreza o tema. Ningún deses xornais de grande tirada fai honra ao seu nome. As súas cabeceiras son verdadeiros sarcasmos. Non só se debe fechar ipso facto a billa da subvención. Habería que reclamarlles todo canto embolsaron, dado que non cumpriron a condición básica: Incrementar o uso do idioma galego nas súas páxinas. Moralmente eses medios, é dicir, as pandas que os controlan, son desprezábeis e habería mesmo que os boicotar. Vampiros! Inxel
A longo prazo, a única estratégia que funciona é criar jornais galegos, não apoiar economicamente jornais de filiação espanhola, que vão continuar a publicar-se em castelhano.
Ora, para criar jornais próprios era preciso que houvesse empresários e notáveis que apostem nesta linha. Existem realmente?
Si, ti sen ir máis lonxe, es empresario pero ti prefires "apostar" polas academias privadas para anormalizar a lingua no canto de apostar por xornais en galego.
É agora que o BNG se surpreende disto. Por acaso teria valido a pena não conceder tanto como fizerom nas negociaçons para formar governo. Eles chegarom ao acordo de ceder a SGPL ora o fizerom em pleno conhecimento das consequencias que isto trazeria.
"Lobeira... pediu que remate "esta dinámica de discriminación aberrante"". mmm.. O Lobeira ben sabe que en vez de repetir sempre o mesmo PODÍA implementar a necesaria LEI DE USOS LINGÜÍSTICOS NA GALIZA, clareadora dos dereitos, obrigas e cargas de todos XA EXISTENTES no ordenamento vixente e aplicábel en materia de dereitos lingüísticos!
"Fernando Salgado, describiu as dúas liñas de axudas existentes na actualidade en Galiza: a primeira para todos os medios escritos, radios e prensa electrónica que difundan algunha noticia en galego (dotada este ano con 2.243.836 euros); a segunda para as publicacións integramente en galego normativo (640.000 euros)". Mmm, coido que queda MOI claro: 2.243.836€ para o castelán na Galiza, e 0.640.000€ para o galego na Galiza. Ou dito en millóns de euros: 2,2 para o castelán e 0,6 para o galego (2,2/0,6=3,6).
Mais, sinceramente, que carallo esperabades!
A quen se lle ocorre pagar para que outros cumpran coas súas obrigas!
O problema segue a estar en non recoñecer os DEREITOS E OBRIGAS LINGÜÍSTICAS establecidas no ordenamento xurídico vixente e aplicábel!
Houbovos interesados en espallar a crenza (que non a idea!) de que o galego ou o castelán se usan se un quere na Galiza...coma se non houbese dereitos e obrigas ó respecto. A esa crenza, é certo, contribúen algúns profesionais (xudicatura, avogacía, lingüístas, escritores,... parlamentarios) e outros ESPECIALISTAS EN TODO, regando informacións carentes da máis mínima lóxica iuslingüística.
Agora colleron o vicio as editoras xornalísticas e mais outros operadores lingüísticos e xa non vai ser doado facerlles entender que NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas con quen lexitimamente descoñeza a propia do territorio (arts. 27 PIDCP, 3.3 e 14 CE,...)
Haivos moito galegoexterminador mascarado de amigo do galego!
Que o BNG protesta agora???
Acham que levam pele de anho???
Quando foi o momento nada disse. Na rede protestou todo o reintegracionismo mas eles caladinhos. E agora??? Vêm com a notícia???
Por isto e por muitas outras cousas digo eu que os da Esquerda essa do Paulo não-sei-o-quê deveriam pensar bem a quem se arrimam...
Castrexo,
o tema deste fio de debate é a imprensa. A estratégia de pagar por publicarem alguma notícia em galego é de curto prazo e não parece ter conseguido grandes resultados. Ora, talvez não haja capacidade ou vontade para entender as cousas de outra forma.
non só "a voz" e outros jornais dam nojo, mas tambem os redactores que aí publicam, ainda em castelhano tenhem pouca arte e nada de dignidade, nom sabem em galego, mas em catelhano tambem nom tenhen moita graça e, mais bem ..., muito pouco criterio. Agora sim ..., premios "a esgalha" e fotos. Nom sei como ousam pôr os seus nomes baijo as suas opinioes. Que soberbia
Claro, claro...estos bloqueiros querrían que únicamente se subvencionara su hoja parroquial. Esa que no lee nadie.
Totalmente dacordo, os xornais en lingua castelan que os subvencione o estado español, o goberno galego debería dar cartos exclusivamente a xornais comprometidos coa nosa lingua e non precisamente para que incluso en internet a versión galega se faga mediante un traductor.
Nin un peso mais para xornais que potencian a lingua castelán fronte ó galego.