Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mellora o seu beneficio nun 23%

Os resultados recentes desmentirían o ruxerruxe dos problemas de Caixa Galicia

A entidade xestiona recursos de 1,9 millóns de clientes

Roberto Río Morán / Xosé Anxo Grandío López - 13:00 18/10/2007

Caixa Galicia fixo públicos hoxe os resultados do terceiro trimestre do 2007, nos que amosa un crecemento dun 23% máis con respecto ao mesmo período do exercicio anterior, obtendo así un beneficio despois de impostos de 237 millóns de euros.

No seu comunicado, a caixa galega, fai especial incidencia nos diferentes marxes da conta de resultados que presentan un incremento superior ao 20%, “o que demostra a solidez do crecemento alcanzado”.

Caixa Galicia xestiona recursos de 1,9 millóns de clientes, con un crecemento este ano de 48.000.

Tamén informou de que presenta unha das taxas máis baixas do sistema financeiro, con un 0,58% ao peche do terceiro trimestre, que se reduce ao 0,04% na financiación ao promotor, cunha taxa de cobertura da morosidade dun 320%.
A súa posición de prestadora no mercado intercambiario así como un elevando número de líquidos fronte ao Banco de España ademais de outros factores, “permítenlle a caixa presentar unha folgada situación de liquidez”.

Estes datos xerais, e máis especialmente este ultimo, contradín aos recentes rumores que se verquían sobre a caixa galega dende determinada prensa económica, que a situaban a cabeza das caixas do estado que segundo estas fontes se atopan nunha delicada situación financeira debido aos actuais problemas nos mercados crediticios que veñen provocados pola desaceleración do mercado da vivenda e a crise subprime (hipotecas del alto risco) nos Estados Unidos. Rumores que foron totalmente desmentidos pola caixa.

Finalmente, as plusvalías latentes da carteira de participadas de Caixa Galicia superaron os 1100 millóns de euros ao peche de setembro.


4,38/5 (8 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 18/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei, mais seguramente o seu maior problema é o Méndez e os seus asesores e amigos.

Mais hai que ter en conta as suas inversións: ENCE, merca de illas e terreos protexidos...!

Son realmente perigosos!

lura #2 19/Outubro/2007 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

excusatio non petita, confesatio manifesta

Barcelos #3 19/Outubro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa fai tempo que Caixa Galicia desfíxose de ENCE porque cheiraba mal e ocasionáballe problemas cos sindicatos na zona de Pontevedra.

Non sei que determinada prensa económica colocou eses rumores infundados sobre Caixa Galicia. Problemas de liquidez teñen todos os Bancos se a todos os seus clientes ocórreselles á vez ir a retirar o seu diñeiro. Aquí, en EE.UU e na China.

O que se é certo é que desde a crise americana de "hipotécas-lixo", as hipotecas xa non volverán ser iguais, nin en Caixa Galicia nin en ningunha entidade financeira europea. Esixirán moito máis, xa que en EE.UU. dábanlla a calquera, aínda que fose un parado.

BonKarallan #4 19/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mirade o que di o xornal de Gaviotero sobre o "mandamáis" de Caixa Galicia e os seus dous fillos.

http://www.hispanidad.com/noti...

Semella escrito por Jiménez Losantos

Barcelos #5 19/Outubro/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vou ser eu quen defenda a Méndez. Unha cousa é Caixa Galicia: os seus traballadores e os seus clientes, a gran maioría galegos, e outra ben distinta, os caciques que a espremen.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: