Cada ano ródase, como moito, un filme en galego, éuscaro e catalán. A Lei do Cine quere mudar esta tendencia creando un fondo para o cinema en "linguas cooficiais".
Os cartos deste fondo chegarían, como máximo aos 11 millóns de euros, -aproximadamente a metade do investido o pasado ano na industria cinematográfica de Galiza, Cataluña e Euskadi-, e uniríanse aos que aporten estas comunidades para favoreceren a creación cinematográfica nas súas "linguas cooficiais".
Mais habería que pensar o que está a pasar no cinema catalán, galego e vasco para que cada ano se produza, como moito, un filme nas súas linguas nacionais, que ademais non vai ver moita xente.
Non existen datos fiábeis sobre o número de espectadores que acoden, ao ano, a ver filmes en galego, catalán ou éuscaro, xa que moitas veces non están separados dos datos totais, pero de todos os xeitos é fácil de ver que se o chamado "cinema español" vai mal, é bastante posíbel que o catalán, o galego o vasco ou o valenciano vaian peor.
Para tentar solucionar isto, o goberno español creou na nova Lei do Cine un fondo de axuda para o cine feito nas chamadas "linguas cooficiais", paralelo, separado do fondo cinematografía do ICAA, que é de 85 millóns de euros.
Subvencionando o cinema
Segundo o ministro de Cultura, o galego César Antonio Molina, o novo fondo é unha "pequena axuda" a repartir entre Cataluña, Euskadi e Galiza, e a completar cos cartos que cada comunidade poida aportar.
O texto da Lei do Cinema, que recolle este fondo, vén de superar as emendas á súa totalidade dos distintos grupos no Congreso o pasado 4 de outubro, mais non as do PP, que pensa presentar máis de 50 novas emendas, aínda considerando a nova lei "nada boa, mais necesaria".
O voceiro de Cultura de CiU, Jordi Vilajoana, considerou, pola súa parte, que a lei invade competencias da Generalitat: "o noso obxectivo é que haxa unha boa lei para o cinema catalán, vasco, galego e castelán. Que a lei sexa respectuosa coas competencias e promova o cinema de calidade", rematou Vilajoana.
Dentro do grupo mixto, o deputado do BNG, Francisco Rodríguez salientou que o seu partido non presentou ningunha emenda á totalidade porque "os produtores galegos consideraron que a lei era tímida, mais positiva e podía reformarse con emendas particulares". Tamén se referiu ao fondo para os produtos en linguas cooficiais como un "avance" porque, segundo dixo, é importante que "exista respecto para o cinema en catalán, en éuscaro e en galego para que non se dilúa no maremagnum do cinema en español".
Será cousa da falta de cartos ou da falta de espectadores?
É algo que hai que se preguntar chegados a este punto: se é que o cinema en galego, por exemplo, non ten espectadores porque non hai bos filmes ou é que non hai bos filmes porque non hai espectadores.
Para producir un filme no estado español adoita haber un orzamento axustado de, polo menos, dous ou dous millóns e medio de euros. Quen fai cine en Cataluña, Euskadi ou Galiza só conta con un millón de media, como moito.
Para optar ás axudas da Xunta -que se dan a través da Axencia Audiovisual Galega (Cultura), Vicepresidencia, Industria ou a CRTVG-, o produto audiovisual debe de estar feito en galego, mais tamén se acepta que estea dobrado ao galego. Isto segundo é o que fai a meirande parte das produtoras, porque en castelán hai un público potencial maior.
Ao mellor habería que pensar en traballar máis co público, ademais de falar de subvencións.
E pregúntome eu: como vai ter espectadores o cinema en galego, cando as poucas películas que se poden ver nesta lingua teñen tan poucas copias e duran tan pouco en cartel que nin che dá tempo de ir a velas? Cantas películas que tiveron versión galego non se puideron ver nada máis que nunha sala de Santiago para toda Galiza? Como pretenden que o cinema en galego teña espectadores dese xeito?
Penso que si hai espectadores que queremos ver películas en galego, o que non hai é vontade por que así sexa.
Saúdos!
Por cinema galego entende-se um filme de Almodóvar filmado na Galiza ou um filme com actores galegos actuando em castelhano e logo dublados ao galego por eles mesmos?
Cando Spiderman 4 se estree en galego antes que en castelán, xa veredes como a xente vai a velo.
Cambiamos as nosas tazas de viño polas copas de Bohemia ¿por qué non subvencionan tamén as tazas de louza de toda a vida?
¿Pero de que protección aos filmes en galego falamos, cando ata o xefe de programas da TVG, cando escribe de cine nun determinado xornal, escribe en castelán? ¿Será que concibe somentes a crítica cinematográfica en castelán? ¿Será que non é quen de escribila en galego? E, por certo... ¿porque será que o grupo audiovisual dese xornal -no que escribe en castelán ese directivo da TVG- ten máis subvencións ca ninguén?
¿Porqué xente que colle repercusión grazas á TVG rexeita o uso do galego despois, nos medios de comunicación?
¿Será que os directivos da TVG teñen tanto compromiso co galego como os de "TAn Gallego como el gallego"?
¡Ah! ¿Pero existe el cine gallego? ¿O realmente de lo que se trata es de subvencionar a los cuatro amiguetes de siempre que con la excusa de hacer "cine galego" se embolsan varias decenas de miles de euros en algo que luego no le interesa a nadie?