Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
JAVI VÁZQUEZ DE IGALIA É O PRESIDENTE

Así son os empresarios galegos do software libre

AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, presentase en sociedade formada por catorce empresas.

Redacción - 18:15 16/10/2007

Enxeñeiros informáticos ou de telecomunicacións, que apostan pola internacionalización e cunha idade ao redor dos trinta anos. Este é o perfil dos emprendedores que forman AGASOL, a nova Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.


Duplicar socios
Polo de agora, AGASOL está formada por catorce empresas Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Iria Flavia, Pexego, Redegal, SCA Informática, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wirelless Galicia. O seu primeiro presidente e Javier Vázquez, socio de Igalia, unha das empresas líderes do sector en Galicia. De aquí a final de ano, AGASOL conta con duplicar o seu número de socios.


Apoio de Industria
O colectivo nace coa intención de fomentar a implantación de estándares abertos en administracións e empresas. Para logralo di ter o apoio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, responsábel da política de novas tecnoloxías do Goberno Galego.

AGASOL recorda que o PEGSI, o plano de novas tecnoloxías da Xunta, asume que é "irrenunciable a adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos".


5/5 (5 votos)


Comentarios (7)

Gaviotero #1 16/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Son gente que aspira a chupar las subvenciones como sea...no nos engañemos. Aprovechando que esto del software libre, que no aporta nada nuevo, está de moda entre los políticos que, por otro lado, saben de software lo que yo de álgebra. Nada.

haiqueroelo #2 16/Outubro/2007 haiqueroelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

:))))) Pois de software parece que tampouco sabes. O software libre é precisamente o contrario a unha moda e ao oportunismo.

cuppido #3 16/Outubro/2007 cuppido
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero cambiate o nick e ponte directamente Troll de m****, porque non sabes máis que protestar, vese que tes rencor e envexo polo soft libre.
Por outra banda xa sabemos que os políticos non teñen nin idea, salvo pequenas excepcións, do que é o soft ceibe, pero para iso estamos os profesionais e xente que impulsa todo isto para guialos.

Gaviotero #4 17/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Que no sé de software? ¡Jajaja! Pues anda que no hay pocos ingenieros informáticos y de telecomunicaciones que ponen a parir el software libre por oportunista...

Por lo demás, guapetón, el día que quieras te pongo una base de datos en quinta forma normal.

A ver si sabes más que yo de software.

outrolector #5 17/Outubro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vaia cretino e impresentable! Sabe de todo este fulano.

LuisManuel #6 17/Outubro/2007 LuisManuel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un tanto curioso que se chame asociación GALEGA e a súa web esté en castelán ¿non?

Sobre as asociacións eu penso o mesmo que GaviOTERO, a cuestión é sacar pasta de onde sexa. E sobre o software libre creo que hai unha grande desinformación.

software libre non significa GRATIS, nin tampouco significa LINUX.

De feito considero que linux é unha auténtica chapuza, e calquer experto en sistemas operativos cho dirá. É un auténtico caos. Dalle mil voltas o freeBSD que si é un proxecto SERIO e MADURO. O linux é unha MODA, agora parece que o que non usa LINUX é tonto.

outrolector #7 17/Outubro/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vexo que a web non está en castelán. É bilíngüe.

Parabéns para a iniciativa destes empresarios. Que traballen a prol de desenvolver produtos de alta relación calidade+prestacións/prezo, o que actualmente só se pode acadar co SL, e que claramente é o que precisa o noso país.

Que poñan en evidencia, con profesionalidade e sen ataques baleiros, senon con feitos, a quen contrata a empresas alleas a Galiza que veñen vender fume, SW comercial inaxeitado ou do que se aproveita un 5%, ou entrenar aos aprendices de programadores ou consultores contratados en Galiza ou fora dela.

O SL, que inclúe pero é moito máis que o linux, non é unha moda. Moitas empresas e organismos de grande prestixio úsano acotío, e o esixen para proxectos complexos e ambiciosos.

As administracións galegas, de estaren dirixidas por profesionais ben formados, esixentes e comprometidos co pobo, e de contaren con responsables (altos cargos) independentes de presións de caracter político-económicas, poderían chegar a basear a maioría da súa xestión en SL (e irían sobradas, por suposto). Pero isto non é así non por motivos técnicos, senon por unha mixtura de ignorancia, falta de compromiso, incompetencia e presións políticas, presións que como é aparente nacen nos consellos de administración das grandes corporacións; o sistema, que se ten que autoabastecer, entendámonos.

Para mudar este estado de cousas precísanse bos profesionais, bos comunicadores, espírito de asociación e de traballo conxunto, e compromiso con Galiza.

Ánimo e que traballen moito e moi ben esas empresas GALEGAS.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: