A pouco de marchar cara ao Uruguai, o Presidente da Xunta asegurou á prensa arxentina que "Galicia é unha comunidade que está encantada de ser galega e española ao mesmo tempo" e que "na Europa de hoxe, que unha pequena rexión aspire a segregarse vai en contra do progreso".
A segunda visita á Arxentina do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tivo actos e declaracións para todos os gustos. Houbo promesas para os netos de galegos. Houbo entrevistas cos principais mandatarios do país. Houbo unha xuntanza multitudinaria con abondosa comida (aínda que máis discreta que as organizadas polo mandatario anterior).
E houbo moitas ocasións de falar da "embaixada" galega que funcionará na Delegación da Xunta na cidade de Bos Aires. Tamén houbo tempo de falar cos medios locais e de criticar a consulta popular convocada para 2008 polo lehendakari do País Vasco, Juan José Ibarretxe.
"Na España de hoxe, non ten o máis mínimo sentido nin posibilidade de prosperar e por certo, está fóra da Constitución, unha proposta de autonomía. É unha idea carente de viabilidade que responde aos intereses políticos e persoais de Ibarretxe. Non se vai a realizar nunca", asegurou Pérez Touriño ao xornal La Nación.
"Ser galegos é unha forma de ser español"
Consultado sobre o feito de que o Bloque Nacionalista Galego considerase "absolutamente normal e razoable" a proposta de Ibarretxe, Touriño dixo: "O do BNG non é máis que unha mostra de solidariedade para non deixar só a Ibarretxe. Nós traballamos dentro da Constitución, con respecto pola pluralidade. Galicia é unha comunidade que está encantada de ser galega e española ao mesmo tempo. Ser galegos é, de feito, unha forma de ser españois. Na Europa de hoxe, que unha pequena rexión aspire a segregarse vai en contra do progreso".
Touriño coincidiu na Arxentina co conselleiro vasco de Xustiza, Joseba Azkarraga, que asegurou á prensa que consultar aos vascos sobre o seu futuro é "absolutamente legal" porque se atopa prevista noutros estatutos rexionais.
Cando os xornalistas arxentinos quixeron saber que tal está Galicia, o Presidente asegurou que o impulso económico da rexión que goberna a fai "a máis próspera de España" cun crecemento "por encima do nacional". E engadiu: "Creamos 83.000 empregos, baixamos a desocupación case catro puntos. Estamos a liderar o crecemento económico español. Do índice de produción industrial, Galicia é a primeira en crecemento e imos terminar o ano dous ou tres décimas por encima de España, que está a crecer máis que Europa".
Unha "embaixada"
"Nesta cidade viven 116.000 residentes galegos. É como unha quinta provincia galega, pero ata o momento non contaba cunha oficina que atendese aos galegos que viven en Bos Aires. Buscaremos tamén promover a nosa lingua, a nosa cultura, e establecer pontes para aqueles empresarios arxentinos que queiran iniciar relacións comerciais coa nosa rexión", asegurou o Presidente galego á prensa.
Pouco antes, Touriño comprometeuse en Bos Aires a utilizar a delegación para pór fin ás "intermediacións anómalas" cos emigrantes a través de "mecanismos regulados, transparentes e sometidos aos mesmos mecanismos de control" que as demais políticas públicas.As oficinas da delegación están situadas nunha torre céntrica da cidade e -segundo estimacións- a primeira fase dos traballos para habilitar a metade dos 1,300 metros cadrados tiveron un custe duns 60 mil euros.
"Galicia é unha comunidade que está encantada de ser galega e española ao mesmo tempo" ; "na Europa de hoxe, que unha pequena rexión aspire a segregarse vai en contra do progreso".
Xilipolleces.... en contra do progreso.. ha! Que olle ós montenegrinos, xa vera como lles vai ben. Ou que pense no ben que lles irá ós flamengos ou escoceses de acadar a independencia... Poucos exemplos? Home claro, non independízanse nacións tódolos días...
Por outra parte, Tou tería que pensar se, do mesmo xeito que os nacionalistas galegos aceptamos permanecer no estado pola maioría da poboación galega, os socialistas estarían dispostos a aceptar unha independencia galega de así querelo os galegos... semella, polo visto en Euskadi, que non.
Viva o surrealismo! Outro... Ghaviotero?! Non escribes mal de todo, pero "non independízanse" é un exceso, detrás de negativa anteponse o pronome: "non se independizan".
Pero máis graves son os excesos eufemísticos de Touriño-Ibarretxe, como que piden autonomía? Será autodeterminación ou independencia! Aclárense antes do referendo, non vaia saír que si a unha cousa e facer outra. Que Vieiros quite de contexto isto paréceme de bastante mal gusto e un insulto aos seus lectores, pois abaixo contextualízao claramente no caso do País Vasco.
Se o que Touriño promete se cumpre, sería a conquista histórica máis importante para o pobo galego e as verdadeiras bases para un retorno responsable da nosa emigración. O malo é que o PSdeG xa demostrou falta de seriedade moitas veces con este tema. En fin.
Saúdos
Tes razón, "que unha pequena rexión aspire a segregarse vai en contra do progreso" , pero
que unha gran nación, Galiza, aspire a integrarse, en Europa,non.
«O Pensamento Luso-Galaico-Brasileiro entre 1850 e 2000» em debate na Católica
http://www.oprimeirodejaneiro...
Moitas grazas pola corrección, sozinho, fago o que poido. De xeito, estudei totalmente en castelán. Moitas grazas, sinceramente!