Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conta que el lle recomendou non adiantar os comicios

Cacharro di que Fraga foi vítima dun calote desde o partido para que fracasara en 2005

"Estou seguro de que se espera ao outono volve revalidar a maioría absoluta", opinou Francisco Cacharro.

Redacción - 09:00 08/10/2007

"Alguén a quen non lle interesaba que seguira recomendoulle adiantar as eleccións, dicíndolle que en xuño os mozos estarían de exames e non lle dirían que non", relatou Francisco Cacharro, ex presidente da Deputación de Lugo, nos micrófonos da Radio Galega.

Sen cancelas na lingua desde que se afastou da dirección do partido, Cacharro repróchalle a Manuel Fraga que se deixase levar "por algunha xente que lle dicía si, bwana sempre e que lle douraba a pílula". Ao respecto asegura que el lle recomendou a Fraga que non adiantase esa cita electoral e que lle dixo "o que lle tiña que dicir", baixo o criterio de que "unha forma de ser leal era non facer a pelota".

Por outra parte Cacharro referiuse ao presunto acordo que no seu momento lle terían ofrecido no partido para repetir asento no Senado e explicou que lle trasladou ao presidente provincial do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro, que non repetiría. Recoñeceu ao respecto o ex barón popular que non confiaba no que lle dixese el ou o seu partido. "Eu sabía con quen estaba falando", insinuou sen querer afondar nesa fenda.

Sobre a posibilidade da consolidación de novas formacións políticas en Galiza no espectro do centro-dereita, movementos cos que a el mesmo o teñen relacionado dentro da provincia de Lugo, opinou Francisco Cacharro que "seguramente tería sido unha solución para o PPdeG que no panorama político galego houbese un partido co que se puidese entender".


5/5 (1 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 8/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Cacharro? ¿Quién es Cacharro?

gaviotera #2 8/Outubro/2007 gaviotera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿y Fraga? ¿Quién es Fraga?

teixugo #3 8/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

São uma... Ninhada de RATOS!!!!!!!!!!!!!!!

teixugo #4 8/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E este tal Telmo Martín é outro:

http://www.elpais.com/articulo...

Carl #5 8/Outubro/2007 Carl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Independentemente de que Cacharro é a antítese do que me gusta, dí grandes verdades sobre a situación do PPdG

ichavinho #6 8/Outubro/2007 ichavinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mo bo o enlace teixugo,esto que fixo o tal Telmo como se lle chama¿caciquismo?¿ladron?¿Fillo de...?¿Especulador?.....

OBSERVADOR #7 8/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El titi no se cae, el titi se tira...

Gaviotero #8 9/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Telmo no hizo nada porque entre otras cosas no es ni accionista mayoritario de la empresa (posee el 30%). El que sí lo hizo fue el Presidente de Construcuatro, el hermano del alcalde de Poio.

Lo que habría que preguntarse es por qué Vieiros, El País, etc. hablan de "Telmo Martín" cuando se refieren a Construcuatro.

¿Será porque temen que la alcaldía bloqueira de Pontevedra tiene los días contados? ¿Será porque siendo un candidato que se presentaba por primera vez a esa alcaldía quedó a pocos votos de la mayoría absoluta? ¿Será porque tiene cinco concejales más que el BNG cuando en las elecciones anteriores ambos tenían los mismos?

Telmo seguramente está muy tranquilo.

No sé si Lores, el propietario del piso de lujo en la Plaza de la Ferrería, podrá decir lo mismo.

teixugo #9 9/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ninhada de Ratos!!!!!

LADROIZA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: