Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con vistas ás vindeiras eleccións en Uruguai

Constitúen o Comité do Frente Amplio en Galiza

Por primeira vez en 198 anos de democracia, os uruguaios poderán votar dende os seus lugares de residencia e elixir a 3 representantes da diáspora no Plenario Nacional do partido.

Redacción - 19:01 23/08/2007
Unha imaxe oficial de Tabaré Vézquez

Unha imaxe oficial de Tabaré Vézquez

O Plenario Nacional é o máximo órgano de dirección entre congresos do Frente Amplio uruguaio, a coalición de partidos de esquerda e centro esquerda que goberna o país, presidido por Tabaré Vázquez dende marzo de 2005.

Agora que está constituído o Comité Galego do Frente Amplio, os uruguaios que residen no noso país poderán escoller os seus representantes no partido de goberno dende aquí.

7.000 uruguaios poden votar os seus representantes
A primeira xuntanza do Comité celebrarase este domingo en Compostela, e os seus membros explicaranlles aos asistentes todos os datos relacionados coa súa curta vida e os seus obxectivos primeiros, como as vindeiras eleccións, nas que votarán uns 7.000 cidadáns uruguaios residentes no noso país, e os seus ascendentes e descendentes directos.

Dende o novo Comité tamén afirman que o seguinte paso a dar será a participación directa en todos os procesos electorais que se convoquen no Uruguai.


  • 3 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartaz da convocatoria de eleccións dos representantes no Plenario Nacional do Frente Amplio na diáspora
Cartaz da convocatoria de eleccións dos representantes no Plenario Nacional do Frente Amplio na diáspora
Simpatizantes do Frente Amplio na toma de posesión de Tabaré Vázquez, hai dous anos
Simpatizantes do Frente Amplio na toma de posesión de Tabaré Vázquez, hai dous anos