Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OpenVieiros

O xerente do Juan Canalejo considera "historicamente válido" o nome do hospital

Con todo, en entrevista no Bos Días, na Galega, Xosé García Buitrón, admitiu que "se hai unha petición cidadá non imos poñer ningún inconveniente".

Redacción - 10:15 19/07/2007

"Nós pensamos que o Juan Canalejo é unha marca de hospital, é moi coñecido e como tal marca non ten unha identidade histórica con esta persoa", respondeulle o xerente do hospital coruñés, Xosé García Buitrón, á pregunta que o xornalista Carlos F.Amado lle realizara sobre o debate en Vieiros ao respecto dun posíbel novo nome para o centro sanitario. A polémica é xa vella e hai moitos que reivindican que se mude un nome que está tan estreitamente vinculado coa ditadura.

Malia iso, Buitrón dixo entender "perfectamente" que "desde algúns niveis sociais se queira cambiar o nome". Ao fío, prometeu que se hai unha proposta en firme para ese cambio a dirección do centro non lle vai poñer atrancos á modificación. "Pero tampouco o vivimos como unha necesidade interna", indicou, engadindo que "o Juan Canalejo hospital coñecido como tal e paréceme que o nome é historicamente válido, pero tampouco imos poñer ningunha obxección se hai unha iniciativa social para cambialo".

No novo espazo agalega.info podedes ver o vídeo da entrevista.

No debate do OpenVieiros están algunhas das propostas que os lectores de Vieiros achegaron para mudarlle o nome ao hospital: Roberto Novoa Santos, Domingo García Sabell, Hospital da Coruña, Reino da Galiza, Tomás Fábregas, Castelao, Hospital das Mariñas, Teresa Herrera...


5/5 (6 votos)


Comentarios (9)

Lidor #1 19/Xullo/2007 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Alemaña o Hospital Mengele tamén funciona ben, a xente está moi contenta.

Gaviotero #2 19/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mengele o Castelao...valga la redundancia.

Maeloc-do-Rouco #3 19/Xullo/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PPopulismo "gueivoteiro" bufon e mintireiro e SIMPLESMENTE MISERAVEL e sinal sintomatico dumha POBREZA HUMANA que so pode avergonhar a quem bota a lingua a pacer de tal jeito. Castelao viveu e morreu (cos seus defectos obviamente como tudo ser humano)como um campiom da justiza e da democracia no mundo, comezando polo mundo do seu pais, Galiza. Xaora que e possivel desacordarmos nas ideias e nos plantexamentos politicos duns e doutr@s, mais faltar ao respeito a alguem da talha HUMANA (bem mais importante ca politica) de Daniel Castelao unicamente pra ganhar o riso e a simpatia bufonesca dos mais reacionarios so merece um comentario: MISERAVEL.

Maeloc-do-Rouco #4 19/Xullo/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nomes que proponho: Hospital da Artabria, Reino de Galiza, Anxo Casal (natural da Corunha e morto polos amiguinh@s de Canalejo), Hospital da Britonia (referenza ao norte de Galiza), Ria da Corunha, San Martinho, Prisciliano (estes dous ultimos permitiram conhecermos e familiarizarmonos coa nossa historia esquecida, dous "santos" de maior impronta real na nossa cultura, posivelmente mais ca o Sant Iago), Maria Pita (ainda que seria umha redundancia na nossa cidade), Roi Xordo (corunhes tamem), etc...Ha moit@s, mais sugerenzas, sempre com respeito, malia as provocazons bufonescas dende a "amargada" ultradireita

Roquinho #5 20/Xullo/2007 Roquinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dito hospital debido a súa localización podería ser coñecido coma o "Hospital d'As Xubias" polo que quizais sexa un nome que pode substituir o actual.

Sacho #6 20/Xullo/2007 Sacho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fodas! Então o nome desse pistoleiro assassino é também uma marca legal. Não deverião ser os cidadaõs a propôr um novo nome mas o hospital propriamente, por questão de dignidade respeito para a vida humana.

Tino #7 20/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso, iso: aki só hai UNA GHRANDE I LIBRE!

pinchorla #8 20/Xullo/2007 pinchorla
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A este Buitrón xa o coñezo eu,agora vai ser que "juan Canalejo" é unha garantía de calidade e establecer unha rede de hospitais con ese nome.
E claro que hai demanda social, ainda que non se manifeste "unida", que é o que quere decir "Buitrón".
E que non me veñan có histórico, antes desa historia tivemos outra máis democrática.
Eu poñerialle hospital de A CORUÑA, e así tamén se promociona a cidade no noso idioma.

ecoe #9 20/Xullo/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Disculpádelle: quixo dicir a bon seguro, REBUZNANCIA!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete