Reclámalle ao Goberno que as operadoras coas que asine convenios usen o galego nos terminais e nos servizos.
O parlamentario do BNG Bieito Lobeira presentou unha iniciativa para que os menús dos teléfonos móbiles inclúan a lingua galega. O deputado reclámalle ao Goberno, nunha proposición non de lei para o seu debate en comisión, que lles esixa ás operadoras de móbiles coas que subscriba contratos que inclúan a nosa lingua nas opcións dos seus terminais e na atención ao cliente.
Lobeira propón, asemade, que se cree un dicionario de abreviaturas para mensaxes curtas. Con todas estas medidas, o parlamentario nacionalista considera que se pode garantir a igualdade de dereitos lingüísticos con Cataluña, onde as empresas xa ofrecen a posibilidade de escoller a lingua catalá dende hai anos.
Ademais, denuncia o feito de que a nosa lingua sexa a que ten menos implantación nos novos dispositivos, e pon como exemplo o caso de novos terminais que teñen a opción de castelán, catalán e vasco, pero non galego, e nos aparellos que se empregan no Parlamento non hai opción do idioma do país nin do portugués.
Eu ponho todo em portugues, sempre q nom g hai galego, q e a maioria das veces.
Exemplos: celular, gmail, hi5...
Os telefones móveis já tenhem opçom em galego. Na versom galego-português. Inteligível para qualquer galego.
E isso nom é imponher umha norma? Que a escolha normativa da Xunta nom sexa a mesma que a das companhias... nom é razom para dizer que nom há galego nos teléfones.