Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Probas de selección dun asesor urbanístico en Carballo

Un xulgado suspende unha oposición na que o exame de galego era eliminatorio

O Partido Popular consideraba que o requisito era “discriminatorio” e deixaba fóra moitos candidatos.

Redacción - 09:46 18/04/2007
Consistorio de Carballo

Consistorio de Carballo

O xulgado do Contencioso-administrativo número 1 da Coruña decretou a suspensión dun concurso-oposición convocado polo Concello de Carballo para a selección dun asesor urbanístico. O Partido Popular presentara un recurso contra as bases das probas alegando que o feito de que o exercicio de lingua galega fose eliminatorio supoñía discriminación.

Os populares baseáronse nun informe do secretario municipal que deixaba ver unha posíbel “desviación de poder”, ao consideraren que o sistema escollido polo goberno local pretendía discriminar uns candidatos e premiar méritos doutros. Segundo o PP de Carballo, o feito de que a proba de galego fose decisiva deixaba moitos aspirantes fóra.

O alcalde carballés, Evencio Ferrero, lembrou que as bases foran redactadas a proposta do Partido Popular e que o concello xa suspendera as probas antes do auto do xulgado.


4,61/5 (18 votos)


Comentarios (12)

xoca #1 18/Abril/2007 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como ben di o Suso de Toro: non é o galego, son os galegos. É unha vergoña que a xente aínda non se dea conta do papel antigalego do PP quen para máis recochineo ten a cara de poñer PPdeG. ¡Incribel!

Mafalda #2 18/Abril/2007 Mafalda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É unha vergonza: como se garante, entón, o dereito da cidadanía galega a poder usar a súa propia lingua nas súas relacións coas administracións públicas? A berros e broncas fronte ao funcionariado recalcitrante? Aceptan os nosos cartos para pagarlles a fin de mes e aténdennos nunha lingua allea: siguen mexando por nós.

OBSERVADOR #3 18/Abril/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Totalmente de acordo com os dous comentários anteriores.

dumiense #4 18/Abril/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E se houbese un exame eliminatorio de castelán, ¿qué dirían?

luisfoz #5 18/Abril/2007 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Até quando se vam consentir estas ofensas à língua própria de Galiza (estatuto de autonomia)? Aguardo com impaciência o dia que um tribunal anule, por discriminatória, a necessidade de conhecer o galego numhas oposiçons para o ensino da nossa língua.

i_muinos #6 18/Abril/2007 i_muinos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E as oposicions para Enxenheiro, Avogado do Estado e outras tamen tenhen proba eliminatorias de ingles, frances ou aleman, que non son nin cooficiais en Espanha.

Iso non e discriminatorio?
Por que esas si e esta non?

Sergi #7 18/Abril/2007 Sergi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Son catalán de orixe galega e aquí, en Catalunya, hai moitos anos que o catalán é un requisito para acceder a calquer posto da administración da Generalitat ou dos concellos. Se non se posúe o nivel C (suficiencia) é obrigatorio aprovar un exame eliminatorio.

xmef #8 18/Abril/2007 xmef
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non sei ata que punto ten razón o Suso de Toro cando dí que son - somos - os galegos, pois logo de tantos séculos de asimilación tamén seremos fillos da nosa historia. E ésta non se adoita parecer a toda unha nazón como Portugal, nen sequera Catalunya. Eso sí, os políticos do PP o que fan é Impaís, como diría Xavier Alcalá.

LOIS_DE_SILAN #9 18/Abril/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A non discriminación (art. 14 CE) por mor de lingua no Estado español significa que nos territorios españois propios de linguas distintas da castelá, estas han de poder ser usadas como se pode usar o castelán no territorio español onde el é lingua propia.
Para garantir ese dereito por parte dos poderes públicos declárase a oficialidade desas linguas. Oficialidade que implica por parte dos servidores públicos (autoridades, axentes da autoridade, funcionarios, laborais, persoal estatutario, persoal de concesionarias, persoal autónomo e de profesións liberais que desempeñe funcións públicas, etc. etc.)a obriga de saberen usar e usaren a ou as linguas oficiais a que teñan dereito de uso (art. 27 PIDCP)as persoas físicas ou naturais interlocutoras deles.
A esixencia de saber usar, e usar cando corresponda, a lingua española oficial propia do territorio é correlativa ó recoñecemento do dereito das persoas físicas a usaren esa lingua nese territorio.
En situacións de cooficialidade (oficialidade de dúas ou máis linguas) ou os servidores públicos saben usar, e usan cando toca, todos e cada un deles todas as linguas oficiais ou, caso de seren moitas, ten que haber servidores distintos para usaren distintas linguas ou grupos delas.
O que non existe é o dereito a violar os dereitos alleos en base á ignorancia ou ineptitude propias.

A2b2 #10 18/Abril/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O problema está nos Xuices que son uns auténticos COLONIZADORES. ¿Donde "cojones" está o bilingüismo "armónico" que tanto predicaron os "fachas" do PP?.- ¡Xuices CONONIZADORES go home!

txari #11 19/Abril/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

temos que auto-definirnos como o que queremos ser, efectivamnete se nom sabes galego nom desempenharás o teu trabalho ao 100%, e limitarás a quen se queira dirigir a ti. Se o inglés é obrigatorio para controladores aéreos e pilotos pq nom o galego para gemtes que atenderán a galegos?

Barcelos #12 21/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Normal. Se o xulgado non sabe falar en galego é lóxico que suspenda as oposicións.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: