Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Cursos promovidos por Política Lingüística e Emigración

Os inmigrantes tamén aprenderán a nosa lingua

As dúas secretarías colaboran na alfabetización en galego tanto dos visitantes como dos residentes no exterior.

Redacción - 14:09 16/04/2007

As secretarías xerais de Emigración e de Política Lingüística pretenden impulsar este ano cursos de alfabetización en galego para inmigrantes. Nunha resposta escrita a unha pregunta formulada polo Grupo Parlamentario do BNG, as dúas entidades dependentes da Consellería da Presidencia recoñeceron a necesidade de incorporar a poboación inmigrante á nosa lingua garantíndolle “unha oferta formativa accesíbel, atractiva, gratuíta e de calidade”.

Política Lingüística marcouse como obxectivo introducir novas fórmulas de ensino da lingua. As accións de alfabetización levaranse a cabo en colaboración con entidades como sindicatos e ONGs. Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Emigración está a poñer en marcha cursos de aprendizaxe do galego en dous eidos diferentes.

Por un lado, ofértanse clases no exterior, dirixidas en principio aos emigrantes, aínda que tamén están abertas a todas as persoas interesadas. Por outro lado, vanse impartir cursos no país para os inmigrantes. Neste último caso, son parte das accións que Emigración subvenciona co fin de mellorar a integración das persoas que veñen vivir a Galiza.


5/5 (3 votos)


Comentarios (2)

casdeiro #1 17/Abril/2007 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...E despois négannos axudas cando lles solicitamos crear un cursiño online de galego para os emigrantes!

Canta propaganda e que pouca eficiencia! >:-(

LOIS_DE_SILAN #2 20/Abril/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O especial respecto e protección (art. 3.3 CE) do que teñen que ser obxecto as distintas modalidades lingüísticas de España esixe que todos aqueles que vaian permanecer no territorio de calquera lingua española aprendan a usala e se incorporen como usuarios dela.
A prohibición de discriminación por mor de lingua (art. 14 CE) obriga ós que busquen arraigo en calquera punto do territorio estatal a aprenderen a usar e a usaren a propia do territorio, ó non teren dereito ningún a que os usuarios da lingua propia do territorio de acollida se absteñan permanentemente de exercitar o seu dereito a usaren a lingua territorial propia.
O dereito a usar a lingua propia do territorio (art. 27 PIDCP) implica ou equivale ó dereito a ter interlocutores nesa lingua. Daquela, tamén os que proveñen doutra lingua están obrigados a aprender a usar e a usaren a lingua propia do territorio de acollida.
Obviamente, aprender a usar e usar a lingua propia do territorio de acollida non impide manter e perfeccionar a capacidade de uso, e usar cando toque, da lingua ou linguas coñecidas con anterioride, nin aprender todas as demais que se considere oportuno.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: