O embaixador en Israel non acudirá de non se retirar unha foto do papa Pío XII con referencias a súa pasividade ante o asasinato de xudeus durante a II Guerra Mundial.
O embaixador do Vaticano en Israel ameazou este xoves con boicotear a cerimonia do Memorial do Holocausto xudeu deste domingo, debido a imaxe que do papa Pío XII se dá nun museo da cidade, e que fai referencia a actitude pasiva deste fronte os asasinatos de xudeus por parte dos nazis.
O arcebispo Antonio Franco dixo que escribira ao director do Museo do Holocausto Yad Vashem solicitándolle a revisión da lenda que acompaña a unha imaxe do pontífice, extraída da prensa israelí, na que se afirma: o papa Pío XII abstívose de asinar a declaración dos Aliados que condenaba o exterminio dos xudeus" e "mantivo a súa posición de neutralidade ao longo de toda a II Guerra Mundial".
Na misiva, o arcebispo Franco advirte que non se "sentiría cómodo indo ao Yad Vashem" de non se corrixir esas palabras ou de non se retirar a foto. Esta exponse nunha parte nova do museo aberta en 2005. O Yad Vashem alberga este domingo a cerimonia de Estado anual que conmemora aos "Heroes e Mártires do Holocausto". Franco declarou non ter recibido resposta do museo.
"Antisemita e xermanófilo"
Os defensores do papa Pío XII manifestan que este fixo todo o posíbel por axudar aos xudeus, mentres que os seus críticos sinálano como antisemita e xermanófilo. O pontífice traballou en Alemaña antes da súa elección en 1939.
O Yad Vashem, que contén o máis grande arquivo de datos sobre o Holocausto, fixo un comunicado en que facía patente o seu interese por seguir estudando este asunto en colaboración co Vaticano, para contrastar nova e diferente información. Os historiadores reclamáronlle ao Vaticano en numerosas ocasións que abrise por completo os arquivos do papado de Pío XII, que finalizou en 1958.
Porco cumplice da barbarie assassina nazi.
¿Qué vai dizer un arzobispo que se chama Franco, amigo de Hitler e Mussolinni? Eu non sei o que faría Pío XII, pero seguro que o posible non o fixo. O menos Xoan Paulo II tiroulle das orellas a Bush por invadir Iraq. ¿Hai condeas de Pio XII contra Hitler o a Alemania nazi?. O peor que teñen os Papas, é que son Políticos, xefes de goberno, é non lles interesa manifestarse en contra, polo diñeiro o por manter o poder, o porque son "políticos".