A asociación reclama que os funcionarios de Xustiza, da Xunta e dos concellos empreguen o idioma galego.
Carlos Callón, presidente da Mesa
No referente á Xustiza, o presidente da Mesa, Carlos Callón, pediulle ao secretario xeral da consellaría, Santiago Roura, que cree gabinetes lingüísticos nas sete cidades este ano e que poña os medios necesarios para garantir que os letrados da Xunta cumpran co seu deber de empregaren o galego nos procedementos.
Así mesmo, Callón solicitou que se distribúa un programa informático cos modelos normalizados dos trámites procesuais na nosa lingua e que se impulse o seu coñecemento por parte do funcionariado de Xustiza.
Outros dos aspectos que se trataron na entrevista entre os dous organismos foi a situación da lingua na administración. O presidente da Mesa instou á promoción dunha Lei de galeguización nese eido e que se actualice a 5/88 de uso do galego como lingua oficial polas entidades locais.
Así mesmo, reclamou que Presidencia lle poña fin “á súa folga de brazos caídos” en relación ao caso do Concello da Coruña, ao que “incivicamente lle consinte incumprir a Lei de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía”.
Pretende a Mesa q a Xunta lle poña un Contencioso-Advo a cada concello da Galiza por cada violación d dereitos lingüísticos q cometan?: non chegan todos os letrados de Europa para tal cometido! Por desgraza non é só o concello da Coruña o único en infrinxir ese tipo d dereitos. Para q a Xustiza poda funcionar "con axilidade en galego" d nada serven os gabinetes lingüísticos propostos: a Xustiza na Galiza ten que usar a lingua territorial como fai en "Castela"; sen prexuízo de usar o castelán cos q lexitimamente descoñezan o galego por falta de arraigamento na Galiza, ou lingua extranxeira cos q descoñezan as oficiais na Galiza por falta d arraigamento en España. Os gabinetes propostos só serven para crear a crenza d q temos q pagar para q os obrigados a usar o galego o usen. Para q os letrados da Xunta usen o galego é moi conveniente fundamentar xuridicamente a obriga q teñen de usalo, e logo... só cabe expediente disciplinario: "dura lex sed lex". O BOE ten q publicarse en todas as linguas oficiais de España. D nada vale seguir nesa liña antixurídica d ter q pagarlles por facer aquelo ó q constitucionalmente están obrigados. A Mesa ten unha sentenza favorábel polo do topónimo da Coruña: q se deixe de covardías e q lle esixa ó TSXG, non á Xunta, a súa pura execución! Á Xunta hai moito q esixirlle; pero, non iso precisamente.