De Alaska a Zanzíbar, pasando por Gales ou o Quebec. Galiza poderá competir con estes ou outros países nuns Xogos para os que Cataluña prepara a primeira edición en 2010.
O goberno catalán propón que o COI lidere a iniciativa
O Comité Olímpico Internacional amosou esta semana o seu interese polo proxecto promovido desde a Generalitat. A organización duns Xogos onde compitan seleccións de nacións sen Estado non será obstaculizada polo COI. Máis aínda, no documento que o vicepresidente da Generalitat, Josep Lluís Carod-Rovira, lle entregou en Lausana ao presidente da institución, Jacques Rogge, o goberno catalá proponlle ao COI que asuma o liderado desta competición, convite ao que aínda non respondeu formalmente o Comité.
No dossier entregado por Carod a Rogge faise mención ao exemplo de países que poderían participar nesta competición, unha lista de máis de medio cento que a nivel estatal só inclúe a Cataluña e Euscadi. Desde a vicepresidencia do goberno catalá non ven ningún impedimento para que Galiza poida participar no seu momento nestes Xogos, ben a través do propio convite que a Generalitat poida facer ou a través dunha solicitude da administración galega.
Desde a Generalitat explican que o documento se baseou na lista de "países deportivos" que teñen federacións á súa vez integradas directamente na federación internacional da especialidade correspondente. A listaxe inclúe tres federacións catalás e unha vasca. Con todo, a propia Cataluña conta xa con máis especialidades deportivas onde a súa selección é recoñecida internacionalmente. A Viquipèdia catalá menciona por exemplo o fútbol sala, o fútbol australiano, o raquetbol, o corfebol ou o Pitch and Putt.
Galiza "País Deportivo"
Oficialmente, a Generalitat non usa o concepto de "nación sen Estado" na promoción desta iniciativa, senón o de "país deportivo", co cal o nome da competición sería o de "Xogos de Países Deportivos".
A idea de "país deportivo" foi definida en 2003 nunha xuntanza internacional organizada polo goberno catalán en Barcelona. Segundo consensuaron os 23 países aló representados:
"País deportivo é calquera territorio xeográfica ou historicamente delimitado con homoxeneidade social e cultural, coas súas propias institucións políticas, independentemente de calquera recoñecemento político internacional. Tal territorio ten o seu propio sistema deportivo coas súas organizacións deportivas promovéndoo, xestionándoo e regulamentando, e agrupando democraticamente a maioría de federacións, clubes, asociacións e deportistas dentro do seu territorio"
Parece mentira que esta xente siga sen darse de conta que Galiza tamén é unha nazón, xa está ben de desprezarnos, estou farto de que lle sigan a corrente ó españolismo, o tentar minimizar o feito nacional galego, unha nazón non se define polos votos nazonalistas, senon polo sentimento nacional e pola súa própria idiosincrasia. É este o concepto que teñen da solidariedade dos povos? Quen é Catalunya para "invitarnos a participar" nuns xogos nos que poderíamos participar de pleno dereito?
Este non é un ataque ó povo catalán, polo que teño o maior dos respectos, senón os que cren que son mellores que os demais, simplemente por ter máis cancha mediática, alentada polo españolismo máis rancio, co único fin de criminalizar ós nacionalismos.
sen mais comentarios... ben dito afonsoriscos...
Pois si, o Carod xa se está pasando de facha ultimamente. A nós non nos teñen que invitar, temos tanto ou máis dereito que eles. Por certo, que con esa definición de país deportivo, as Baleares ou mesmo Valencia poden participar tamén de seu. Que pensará o Carod sobre iso?
É unha inxustiza!! Deberiamos invadir Cataluña xa, de feito, para aclaralles que Galicia é unha nación. É incríbel como non ven o evidente.
Xa de invadir, invadamos todos os Paisos Catalans :))
A ver... o primeiro que habería que facer, é que as federacións galegas se integraran directamente nas Federacións Internacionais dos distintos deportes, de aí que Galicia/Galiza non fose invitada, pois fáltalle seguir os pasos necesarios para ser un "País Deportivo" por definición.
Aquí moitas veces queremos que se nos inclúa sen poñer da nosa parte, e así é realmente dificultoso integrarse en nada.
Unha aperta,
forza4.