Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Presenza galega no Salón do Cómic de Barcelona

Barsowia aspira a "mellor fanzine"

Dous ilustradores galegos, Alberto Vázquez e David Rubín, están seleccionados para os premios do 25º Saló Internacional del Còmic de Barcelona.

Redacción - 17:45 08/03/2007
Cartel do Salón

Cartel do Salón

O coruñés Alberto Vázquez aspira ao premio a mellor autor revelación do ano e a mellor debuxo, por Psiconautas, mentres que o ourensán David Rubín foi nomeado tamén como novo autor do 2006 e, ademais, a súa publicación La tetería del oso malayo opta ás distincións a mellor obra, mellor guión e mellor debuxo.


Por se fora pouco, o fanzine Barsowia, do colectivo Polaqia, no que participaron os dous ilustradores, aspira a recibir o recoñecemento ao mellor editado no Estado o ano pasado. Na mesma categoría tamén participan Fanzine Enfermo e Puñetas desde el Atlántico, con presenza galega, e Nuestra Guerra Civil, na que interviu Rubín, aspira a mellor obra do ano.


Así, a banda deseñada do país bate todas as marcas de número de candidaturas no salón barcelonés. Os nomes dos galardoados faranse públicos durante a entrega de premios do certame, o vindeiro 20 de abril.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Comentarios (3)

ictioscopio #1 8/Marzo/2007 ictioscopio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

beizóns aos seleccionados.

xurxo #2 9/Marzo/2007 xurxo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O comic galego sigue dando guerra, que dure!

txari #3 9/Marzo/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

noraboa a quen tan bem o mereçe...tentarei estar alí....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: