Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Propón introducir a materia de lingua na carreira de Dereito

O BNG pide medidas que garantan o uso do galego na Xustiza

O deputado do BNG Bieito Lobeira pediu que se tomen medidas para garantir a defensa dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza, como a implantación da materia de Galego nas facultades de Dereito do país. Lobeira considera que os maxistrados que descoñecen e mesmo desprezan o idioma non poden impartir Xustiza en Galiza.

Redacción - 14:56 02/03/2007

O parlamentario nacionalista cita o caso do xuíz decano do Xulgado do Social número 3 da Coruña, que se amosou publicamente contrario ao uso da nosa lingua en varias ocasións. Na iniciativa parlamentar, solicita que a Secretaría Xeral de Política Lingüística faga unha avaliación da situación e explique que medidas vai tomar para resolvela.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

pancho #1 7/Abril/2007 pancho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un forte aplauso para Bieito. Fai moita falla que os nosos representantes políticos teñan coraxe para enfrentar os moitos abusos daqueles xuices e maxistrados que na vez de cumprir coas súas obrigas de servizo aos cidadáns utilizan o seu posto como se fora un privilexio persoal co que creen que poden impoñer a súa ideoloxía ou intereses sen que ninguén se atreva a reclamar, dado o medo que inspiran e o corporativismo xudicial.

OBSERVADOR #2 7/Abril/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dizque o governo galego discrimina a cidadãos por razão de normativa. Será certo que querem justiça em galego?


http://www.lahaine.org/index.php?p=21512

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3552&mode=thread&order=0&thold=0

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3558&mode=thread&order=0&thold=0

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: