Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FERRAMENTAS INFORMÁTICAS E LINGUA

Os tradutores prefiren loira a Rubio

"Se a un funcionario lle poñen internet libre, navega; se lle poñen un tradutor automático ao seu dispor, traduce. (...) Un moucho habilmente infiltrado polos corredores de San Caetano pásame os pantallazos que demostran que dende a intranet da Xunta os funcionarios poden traducir todo canto queiran do castelán ao galego". Relataba deste xeito hai días O moucho axexante na súa bitácora Galegolandia sobre a chegada das novas tecnoloxías á administración. Ao fío, no blog Si Home Si, Xosé Manuel Pereiro comenta como "grazas ás novas tecnoloxías a consolidación do noso idioma vai like a moto" despois de reparar en como nas previsións dunha axencia de noticias un tradutor automático converteu a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, na conselleira María Xosé Loiro.

- 11:28 14/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)