Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


OS CIBERDELICUENTES MELLORAN AS SÚAS TÉCNICAS

Perigo: máis fraudes bancarios na rede

Un informe do Banco de España acaba de alertar do aumento “alarmante” dos casos de 'phishing' no Estado. Non dar os datos das contas ou das sinaturas electrónicas a través do correo electrónico é unha das claves para evitar converterse en vítima.

Manuel Vilas - 14:25 14/09/2007
O “phishing” consiste no roubo da identidade dixital de cidadáns ou empresas. Os 'ciberdelicuentes' soen copiar a imaxe corporativa dos bancos para lograr os datos, cos que despois operan libremente nas contas bancarias.

Avalanchas masivas de emails

Trátase dun perigo que está a estender por todo o planeta. “O fraude en liña segue a medrar un 15% cada tres meses” denuncia un informe da consultora Mark Monitor. A compañía alerta que, ademais, os fraudes son cada vez máis sofisticados. Tamén son lanzados mediante “avalanchas masivas” de correos electrónicos ou mensaxes a móbiles, o que fai máis difícil a súa rápida detección.

Os bancos e caixas galegos non son alleos a este problema. Por exemplo, na web da Asociación de Usuarios de Internet aconsellan aos clientes de Caixa Galicia sobre como evitar os riscos. A propia entidade bancaria publica unhas recomendacións de seguridade contra estes fraudes.

Consellos para estar seguros
“Caixa Galicia nunca solicitará a un cliente que facilite a súas claves por escrito, a través do correo electrónico, nin por teléfono o mensaxe SMS. Polo tanto, non debe facilitar estes datos, a excepción no servizo de acceso a banca electrónica” aconsella, entre outros puntos, a entidade galega.

Unha cuestión fundamental é, polo tanto, identificar se un está a navegar realmente na web do banco. Para estar seguros, cómpre, en primeiro lugar, fixarse en que na barra de direccións aparece 'https' no lugar do común 'http'.

“Un sitio 'https:' é un sitio seguro, aínda que esto por si só non garante que a páxina web sexa a correcta”, explica Caixa Galicia. Comprobar se hai “un pequeno candado amarillo situado na esquina inferior a súa dereita” é outra das recomendacións.

Evitar os accesos públicos
Non empregar a banca electrónica dende cibercafés, bibliotecas e telecentros é unha boa práctica. E é que os ladróns colocan ás veces dispositivos nos computadores, trebellos que son quen de gravar todo o que se teclea.

Ser precavido é fundamental, especialmente tendo en conta que os casos de 'phishing' afectaron a 229 bancos electrónicos nun só mes, din os datos de Mark Monitor. Ademais, desas 229 entidades, 158 foron suplantadas por vez primeira.

Novas relacionadas

As empresas, albo dos ataques dos delincuentes informáticos

Os cabalos de Troia multiplicáronse por seis o último ano no Estado español.

Detectan unha fraude que lles afecta a 74 mil enderezos .eu

Os dous millóns de enderezos que xa suma o dominio .eu son exemplo do espectacular éxito conseguido pola iniciativa que poucos meses de funcionamento...


A volta

En cada campaña de 'phishing' mándanse ata un millón de correos. Un 5% supera un filtros de 'antispam' e un 25% dos que reciben o correo 'fan click' no enlace, di a consultora Gartner.

A volta

Dos 12.500 que 'fan click', un 2% acaba dando os seus datos aos ladróns. É dicir, hai unhas 250 vítimas por cada millón de correos enviados inicialmente.

A volta

Malia que o número de vítimas semella reducida, resulta abondo para os ladróns. E é que en cada campaña os ciberdelincuentes logran uns 300.000 euros.

0/5 (0 votos)

Comentarios (3)

PedraCorado #1 3/Abril/2008 PedraCorado

Assunto: Muito bom este facto histórico feito pelo Galeguismo.

Sou galego tenho metade da minha vida vivido fora da Galiza. Devido à minha profissão tenho estado na Argentina, Brasil, Alemanha, Inglaterra, Japão e agora estou em Portugal.
Isto dá-me uma visão diferente sobre a situação da Galiza. A maioria dos portugueses e galegos quase desconhecem que são o mesmo povo e que antes da colonização da Galiza pelos castelhanos tivemos um passado comum com sete séculos falando e escrevendo a mesma língua o galego/português.
Para um galego como eu que vive no exterior é humilhante saber que não temos o direito de escrever o nosso idioma na ortografia actual e ainda ver a RAG a fabricar uma outra escrita para nos isolar do mundo dos irmãos da fala. Depois de sofremos tantos séculos de opressão e humilhação cultural e económica com a colonização castelhana o mínimo que os galegos mereciam era recuperar o atraso e deixarem-nos escrever o nosso idioma actualizado na norma ortográfica do galego/português. Temos uma das línguas mais faladas do mundo. Inventar regras ortográficas quando já as temos solidificadas e de extrema utilidade só pode ter o objectivo de destruir a cultura galega e isolar-nos. A escrita deve ser um meio para comunicarmos e não para separar povos com a mesma origem como pretende a RAG. Por isso concordo e apoio o Senhor Galeguismo e reafirmo:
Acabe com as enfermidades do nosso idioma resultantes da colonização castelhana. Escreva puro galego do século XXI com a norma ortográfica do português actual.

Tino #2 17/Xullo/2008 Tino

Fraude ten xénero feminino: A fraude...

lodrope #3 21/Xullo/2008 lodrope

Que carallo ten que ver o galego-portugués coAs fraudes por internet? Pero bueno, xa postos: non se fala o galego na rúa e queres agora propoñer unha normativa lusa? Que é mellor, que uns poucos falemos o galego que hai ou que só ti, dous da élite cultural, falen eso que escribes? Sei que o teu é amor pola terra e hai que agradecerch. Hoxe somos galegos, e non outra cousa que fomos noutro tempo. Se hai que gastar máis cartos en ortografías e gramáticas eu póñome a falar inglés.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Exemplo de suplantación da web de Caja Madrid mostrado pola Asociación de Internautas
Exemplo de suplantación da web de Caja Madrid mostrado pola Asociación de Internautas