San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas son os tres concellos que integran o chamado val do Ellas. Estamos no noroeste de Estremadura, raiando con Portugal, que está a uns 16 quilómetros de Valverde. Suman un total de 5.000 habitantes. E todos eles usan decote unhas falas de filiación galego-portuguesa.
Vénse de celebrar no concello de San Martiño de Trebello (do 10 ao 12 de xullo) un curso, organizado polas universidades de Vigo e Estremadura, que abordou diferentes cuestións achegadas por profesores universitarios de Portugal, Galiza, Cataluña e España. O debate máis relevante centrouse na orixe e na codificación da fala.
Para a dialectoloxía galega, a orixe está no repoboamento de galegos vidos do sueste ourensán e de concellos limítrofes da actual Zamora entre os séculos XII e XIII. A supervivencia da fala ao longo de tanto tempo tería no illamento secular a resposta (hipótese cuestionada por algún asistente). Así o expuxo no seu texto Francisco Fernández Rei seguindo a Lindley Cintra.
A intervención de Clarinda de Azevedo Maia alertou da escasa prudencia verbo da orixe. Presentou outra hipótese: que a fala fose un dialecto desenvolvido do latín ao romance cunha influencia do substrato celta que logo, coa repoboación de colonos galegos, se potenciou e se mantivo. Resaltou a falta dun estudo toponímico da zona.
Debate curioso
Na súa intervención posterior, na mesa redonda, xurdiu un debate alleo ao tema mais curioso polo enfrontamento existente sobre a denominación de galego-portugués ou galego medieval á lingua falada na Idade Media en Galiza e Norte de Portugal.
Tamén se decatou o público, cunha presenza importante de galegos e galegas, dunha incomunicación cultural entre Portugal e Galiza. Neste caso, referímonos á historiografía galega, inexistente para os portugueses, pois datan os reis segundo a historiografía española, ou a consideración dos reis unicamente de León e non de Galiza tamén, entre outros detalles. Non lle importan aos lusos os traballos e a documentación dun Anselmo López Carreira que amosou as deficiencias e eivas da historiografía española? Será que unha nación sen estado non supón unha referencia a pesar de que Galiza e Portugal teñan un pasado común?
O profesor José Antonio González Salgado propuxo aos asistentes unha outra hipótese sobre a orixe: que a fala fose unha mestura entre galego e o asturiano-leonés. Mais a intervención deste relator tivo na codificación e normativización da fala o seu miolo. Restoulle importancia a este asunto mentres declaraba ser “pesimista por natureza”. Se un lingüista fala así dunha lingua, que se pode facer? Insistiu en que a fala era cousa case exclusiva dos seus falantes. E logo, as linguas non son un riqueza cultural? E a cultura e as linguas coñecen fronteiras? A fala vivirá se os seus falantes a usan mais é cousa de todos o seu estudo. Ou deberiamos dicirlle aos lingüistas alemáns que non se metesen no estudo do galego(-portugués)?
González Salgado non quixo recoñecer o que Antonio Salvador Plans (U. De Estremadura) respondeu a unha pregunta do público: a universidade de Estremadura chegou tarde ao estudo da fala. Mesmo na lista de linguas extremeñas declaradas á Unión Europea, a universidade incluíu o chinato (variedade castelá de Estremadura que non chega a 100 persoas maiores) e deixou fóra a fala do Val do Ellas que conta cuns 5.000 falantes, a totalidade dos habitantes dos tres concellos.
Codificación e normativización
Verbo da codificación da fala e a súa normativización, o debate tamén foi intenso. Algúns apuntaron problemas de todo tipo (fonéticos, léxicos, morfolóxicos...). Curiosamente os mesmos que se confesaban pesimistas. Outros centráronse na dificultade no aspecto fonético. Algún falante da zona, insistiu na necesidade de traballar e codificar a súa fala. Reclamáronse especialistas e un compromiso por parte da Junta de Extremadura.
O último día falaron Felipe Lubián (membro corresponde da Academia Galega por Zamora e alcalde de Lubián) e Domingo Frades (correspondente da AG no val do Ellas). O primeiro relatou os pasos que se deron en prol do galego en Castela-León e o segundo relatou a situación do mañego, lagarteiro e valverdeiro. Pediu traballos, achegas, compromisos e iniciativas. Un primeiro paso deuno a galega Arancha Román (U. de Granada) coa presentación dun glosario de 4.000 entradas, o primeiro traballo destas características.
O curso relevou as diferenzas na orixe, a implicación real dos estudosos galegos coa fala, o desleixamento da universidade e Junta de Extremadura, a falta de comunicación entre Portugal e Galiza no aspecto anteriormente citado e a preocupación por parte de case todos, agás os pesimistas, sobre o futuro da fala e a súa conservación.
Na Praza Maior de San Martiño, Pablo Carpintero deu unha aula maxistral sobre a música galega. Finalizou o curso coa muiñeira de Chantada, entre os aturuxos e os bailes.
Nós, os galegos e galegas, non queremos colonizar nada mais os lazos xa son ben estreitos entre o noso país e o Val do Ellas. E lembro agora o que nos dixo un mozo das Ellas unha noite: “que puntu, se nos entendemus. Iso non pasa cos portuguesis nin cos madrileñus”.
por qué nos castigades con artigos deste fundamentalista?
O dos portugueses é moito... Só hai que botarlle unha ollada á Wikipedia portuguesa para ver que cantidade semellante de información manipulada escriben en relación a calquer cousa que teña que ver con Galicia (historia, lingua, etc)
Por outra parte continuase a debater sempre sobre as mesmas parvadas... Como non vai ser a fala do Val das Ellas de orixe galega e produto da repoboación durante a Reconquista? Todo Portugal foi repoboado de norte a sur... toda a Península foi repoboada de norte a sur! Se temos os sistemas lingüísticos colocados do xeito no que están colocados (de norte a sur) na Península Ibérica é por ese 'efecto Reconquista'.
Supoño que os intelectuais portugueses tamouco aceptarán de ningunha maneira que a súa lingua provén do galego...
E nom se importam os galegos com que em Chaves ou Viana do Castelo também se fale galego-português e, porém, teimem em considerar isto como "lingua estrangeira" enquanto (que curioso) falas galego-portuguesas sediadas na Estremadura espanhola som consideradas de "galego"?. Perfeito: na Estremadura portuguesa falam estrangeiro e na Estremadura espanhola falam, que cousas, "galego-português": España, la ilusión que nos une. Eis a política e idelogia linguística de certos sectores da "filoloxía" galega que quer fazer "unha lingua independente" (do pérfido português, claro, nom do naturalizado espanhol).
Para moledo:
Dicía un famoso lingüista alemán que as linguas son 'dialectos con exército' (exército simbólico... que ninguén me entenda mal).
Esta frase se axusta perfectamente ao caso galego (e ao caso catalán con respecto ao occitano por exemplo)
A crónica non está mal.. pero estaría mellor se fose completa..
semella que o noso cronista quedou durmido todos os días do curso e perdeu os primeiros relatorios de cada xornada.. porque Fernández Rei non expuxo nada: non foi, léronlle o texto.. na segunda xornada falou (o primeiro da mañá) Gargallo Gil, un recoñecido romanista que situou a "fala" no contexto peninsular e deu a súa opinión tamén sobre o que podería ser, a nivel de clasificación lingüística, considerando que podería ser unha terceira variante do tronco lingüístico galego-portugués... e na terceira xornada (tamén a primeira hora) Villares Naveira falou sobre os dereitos lingüísticos da Fala de Xálima, entendendo que alí é de aplicación o contido da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, polo menos en parte..
..Coido que son apuntamentos que forman parte necesaria dunha "crónica"... que dis, Xurxo?
Pobre chaval, no os metáis con él, que está acabando la carrera. Cuando la termine probablemente se dará cuenta de que aquello tiene de gallego lo mismo que el chino.
INTERVENÇÕES RECENTES DO GAVIOTERO:
(hai 1 minuto) Por cierto, me encanta que los nacis me llamen talibán...Y no, no escucho a...
(hai 1 minuto) Querido, baixominhisimo, y después de hacer pública mi IP, ¿qué? ¿Vendréis a mi...
(hai 4 minutos) ETB 1 (en vascuence) apenas tiene un 5-6% de audiencia, frente al 18-19% de ETB...
(hai 7 minutos) Ya no se creó una comisión de investigación en su día, con lo que tenemos que...
(hai 11 minutos) Pobre chaval, no os metáis con él, que está acabando la carrera. Cuando la...
(hai 14 minutos) Por cierto, doña Adela, ¿alguna manifestación relevante como portavoz de Nunca...
(hai 15 minutos) Adelita, maja, aquí el arma electoral es la imposición naci de un decreto...
(hai 20 minutos) ¡Jajaja! Qué van a decir estos de Medio Rural, que son los que hablan de tramas...
VEJO QUE O SENHOR/A ESTÁ BEM INFORMADO OU TALVEZ SO OPINA...
TEM QUE TER UMA MELHOR BASE DOCUMENTAL QUE A GUARDIA CIVIL...
Carrizo,
Ben podías darme o teu nome pois seica andiveches tamén polo Congreso e gustaríame saber quen es.
Do Paco Fdez. Rei en ningún momento dixen que o lera. Dixen que estaba escrito no seu texto (se cadra relaciónase univocamente e non reparei en tal, recoñézoo agora botando un ollo de novo).
Do texto de Luís, téñoo no meu correo (así que xa o coñezo), que o enviou a tod@s. Se me dis quen es, tamén cho podo mandar.
Do Gargallo non estiven dentro da sala, estaba na porta porque xa levaba uns minutos falando. Escoiteino. Vai na mesma liña que o Salgado e por iso non o considerei e vén a considerar unha variante do tronco galego-portugués mesturado co asturiano-leonés, tal e como dixen do Salgado na crónica.
Aínda así, tomo boa nota das túas achegas.
Un saúdo!
Xurxo.
"E lembro agora o que nos dixo un mozo das Ellas unha noite: “que puntu, se nos entendemus. Iso non pasa cos portuguesis nin cos madrileñus”. Lamento imenso!! Vá apelo ao diferencialismo!! Vamos ver como solucionamos a questão: Eu sou galego, de muito pertinho de Portugal, mas galego, embora escreva em padrão, criei-me na Galiza, mas quando vou para Portugal, mesmo à "Mouraria" percebo tudo o que eles me dizem...um galego que "entende" o português...se no Jálima percebem os galegos por quê não percebem o português? Será que as barreiras são antes bem, ideológicas do que lingüísticas?
Parabéns ao isolacionismo pelo seu trabalho n'As Elhas, na verdade tem dado resultados ;)
Excelente trabajo de recolección, teixugo. Por cierto, puedes añadir también esta...¿te has dado cuenta de que teixugo rima con besugo?
LUCIDEZ DO SENHOR/A GAVIOTERO:
#11 hai 7 horas e 35 minutos Gaviotero
Excelente trabajo de recolección, teixugo. Por cierto, puedes añadir también esta...¿te has dado cuenta de que teixugo rima con besugo?
QUE ENGENHO!!!!!
DE JARDIM-DE-INFÂNCIA!!!! EM CASTELHANO, parvulario!!!!!
OS SEUS ARGUMENTOS SÃO PUERIS!!!!
Tanto falar e tanto falar. É sabido que o falar nom tem cancelas. Alguém reparou no "pormenor" de que a "fala" tem umha fronteira (?) linguística como o português (e outra com o espanhol? Eu nom quero discutir, estou farto de o fazer; apenas levantar umha q2uestom: se a zona onde vivem os utentes da "fala" nom limitasse com Portugal, teria-se conservado? Houvo mais povoamentos com galegos, e alguns muito mais recentes como nas Alpujarras. Nalgum deles perdurou o galego? Mais nada; gostaria de que alguém respondesse as minhas questons e tirasse as consequências.
Naceu en Vigo en 1984. É licenciado en Filoloxía Galega e prepara a tese sobre a figura de Ramón Villar Ponte.