Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COINCIDENCIA ELECTORAL

As eleccións vascas tamén serán o 1 de marzo

O lehendakadi Ibarretxe anunciou este venres nunha conferencia de prensa a data electoral, que coincidirá coa dos comicios galegos.

Redacción - 11:35 02/01/2009
Comparecencia pública de Juan José Ibarretxe / ETB

Comparecencia pública de Juan José Ibarretxe / ETB

O presidente do goberno vasco, Juan José Ibarretxe, anunciou este venres nunha comparecencia pública que as eleccións ao parlamento de Euskadi serán o 1 de marzo. Xusto antes do anuncio, o consello de goberno de Euskadi reuniuse de maneira extraordinaria.

No seu anuncio, Ibarretxe asegurou que era necesario convocar os comicios canto antes porque "vivimos tempos complicados", polo que serán, finalmente, o primeiro domingo do mes de marzo. Deste xeito, os comicios lexislativos vascos e galegos coincidirían na mesma data, precisamente o que o Goberno desexaba evitar.

Reaccións
O vicesecretario xeral do PSdeG, Ricardo Varela, asegurou que a convocatoria das eleccións vascas para o 1 d emarzo "non interferirá para nada na folla de ruta" das galegas. En declaracións a Europa Press, Varela dixo que o PNV "saberá as razóns" polas que programou os comicios o mesmo día e sinalou que descoñece "o interese que pode ter nesa coincidencia".

En calquera caso, manifestou que respecta a decisión de Ibarretxe e lembrou que Touriño fixera o anuncio "con tempo máis que suficiente" e que expresou a súa vontade de que as eleccións galegas non coincidisen con outra cita electoral, polo que as adiantou de xuño a marzo para evitar as europeas.

En canto á campaña electoral, Ricardo Varela dixo que será "en clave exclusivamente galega", e que os comicios vascos "non deben nin van intervir" nela.


3/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: