Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN ACTO CON REPRESENTANTES DO SECTOR

Suárez Canal advirte que en tempos de crise é aínda máis necesario un agro produtivo

O conselleiro reivindicou o valor estratéxico do medio rural na entrega dos premios da Cata de Queixos e Meles de Galiza.

Redacción - 21:15 27/11/2008

“Todos estamos vivindo momentos de gran incerteza”, así de contundente era o conselleiro de Medio Rural este xoves ao falar da crise económica mundial. Fronte a esas turbulencias que abanean o propio sistema, Suárez Canal subliñou que “son tempos de reflexión e de mirar o que debe ser reorientado”.

Suárez Canal fixo esta reflexión diante dos asistentes aos premios das catas de meles e queixos, que distinguen as mellores marcas destes produtos. Nese escenario, o titular de Medio Rural subliñou que “a vosa actividade é das que cimentan unha economía produtiva. Nestes momentos, máis que nunca, temos que ser quen de transmitir que a produción de alimentos que vinculan á xente ás súas raíces é prioritaria”.

O conselleiro pronunciou estas palabras nos premios das Catas dos Meles e  dos Queixos de Galiza. Os resultados foron os seguintes:

Na X Cata dos Queixos de Galiza, as Distincións de Ouro foron para Prestes, de Queixería Prestes (Queixo Tetilla); Arquesán, de Agro Despesa, S.L. (Arzúa-Ulloa); Don Crisanto, de Queixería Crisanto, SAT (San Simón da Costa); e Castelo, de Castelo de Brañas, de Cebreiro.

As Distincións de Prata recaeron en Anzuxao, de Lácteos Anzuxao (Tetilla); Ruta Xacobea, de Alimentos Ruta Xacobea (Arzúa-Ulloa); e Catadoiro, de Queixería Catadoiro (San Simón da Costa). E as Distincións de Bronce foron para Ruta Xacobea, de Alimentos Ruta Xacobea (Tetilla); Bama, de Queizuar (Arzúa-Ulloa); e Prestes, de Queixería Prestes (San Simón da Costa).

Na VII Cata dos Meles de Galiza a Distinción de Ouro de meles monoflorais -categoría que só opta a un premio- foi para O Testeiro, de María Munín Taboada; e a Distinción de Ouro de meles multiflorais foi para O Trobo, de Mª Fe Sixto Pernas. A Distinción de Prata de multiflorais recaeu en O Testeiro de María Munín Taboada; e a de Bronce para Mel de Monfero, de Mª Gerardina Pena Alvariño.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: