Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Incorpóranse novas caras e renovados azos para dar un novo pulo á Delegación

ADEGA renova a súa delegación de Ordes-Cerceda

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) ven de celebrar onte unha asemblea dos socios da Delegación de Ordes-Cerceda na que se escolleu unha nova Xunta Directiva para esta Delegación.

ADEGA - 10:13 13/11/2008
Tags:

A delegación de ADEGA na comarca de Ordes-Cerceda constiuiuse hai xa 8 anos e agora vese reforzada coa incorporación de novos socios/as, particularmente do concello de Ordes. Os concellos que formarán parte da nova delegación ampliada son: Carral, Cerceda, Frades, Mesía, Trazo, Tordoia, e Ordes.

Coa escolla da nova Directiva pretédense dar un pulo á actividade ecoloxista na comarca de Ordes desenvolvendo actividades tanto reivindicativas como de educación ambiental para aumentar a conciencia ecolóxica dos habitantes da comarca e máis facer fincapé nos graves problemas ambientais da zona.

De feito nesta Delegación de Ordes-Cerceda existen infraestruturas tan impactantes como a incineradora de Sogama, o vertedeiro de Areosa, a central térmica de Meirama, a mina de carbón Meirama (cun proxecto de enchido de auga pendente) e concentracións parcelarias, sobre todo no Concello de Ordes. Tamén os socios e socias de ADEGA-Ordes-Cerceda destacan a súa preocupación pola existenza dunha planta de elaboración de bioetanol a partir de plásticos no Concello de Cerceda.

Para abordar este inxente traballo escolleuse unha nova Xunta Directiva que estará formada de momento polas seguintes persoas:

PRESIDENTA: Montserrat Rei (Ordes)
SECRETARIO: Óscar Martínez (Ordes)
TESOUREIRA: Pilar Ribera (Ordes)
VOGAL: Alberte Sánchez (Cerceda)
VOGAL: Peter Brea (Carral)

Dende ADEGA animamos a toda a cidadanía da comarca de Ordes a participar nas actividades da delegación e tentar solucionar os graves problemas ambientais da comarca, para o que poden tamén asociarse e colaborar activamente nas nosas iniciativas. Finalmente queremos enviar o noso ánimo e apoio aos/ás compañeiros/as con novas responsabilidades para que o traballo sexa proveitoso.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: